Todas as publicacións en Etiqueta

RESTRICCIONES

Información COVID-19 30/10/2020

NOVAS RESTRICIÓNS
A xunta acaba de anunciar o peche perimetral para impedir a mobilidade das sete ciudades galegas a partir de hoxe ás tres da tarde, ainda pendente de publicación no DOG. Ourense xa estaba pechado co resto dos concellos da provincia que xa estaban.

SUBIDA CUOTA DE AUTÓNOMO
Neste mes van aplicar a subida da cuota de autónomos do 30% ao 30,3% da base de cotización que xa estaba aprobada no 2018. A coantía vai supoñer uns euros neste mes, pero está prevista que pasen os nove meses restantes do 2020 nun recibo a maiores dentro duns días.

SUBVENCIÓNS DE AUTÓNOMOS CONCELLO DE OURENSE
Durante este mes xa lle fomos informando que está solicitada e agora pendente do seu cobro.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS PARA O 4º TRIMESTRE
Se foi dos que lle informamos da solcitude de prestación de autónomo do 4º trimestre, pode que xa reciban a prestación neste mes, neste caso pagaranlle prestación máis cuota de autónomo, e a Seguridade Social pasaralle o mesmo tempo o cargo da cuota da Seguridade Social ó seu Banco. Se non reciben a prestación este mes pagaranlla no mes de novembro.

Lea máis

Información COVID19 21/10/2020

Como vostedes saberám, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:


1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de cinco(5) persoas.
2º.-Mantense as restrincións a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Nestes mesmos Concellos , e onde se pechará toda actividade considerada non esencial: actividade de todos os establecementos vencellados a espectáculos públicos e actividades recreativas, incluídos no anexo do Decreto 124/2019, en que se insire o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público:pecharán cines, teatros, auditorios, establecementos de espectáculos deportivos, salas de bingo, salas de xogo, estadios deportivos, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencia, restaurantes, cafeterías, bares e centros de lecer infantil, entre outros.Non obstante, a medida non afectará aos establecementos de actividade minorista que poderá permanecer abertos; nin aos locais de hostalería e restauración que desempeñen os seus servizos en centros hoteleiros ou en centros de traballo.
3º.- Decidiuse manter ao nivel 3 de restrición os concellos de Ourense, Barbadás e Verín, incorporando Oimbra e Vilardevós con restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%., Aparte das limitaciós de mobilidade perimetral en cada zona.
4º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 14/10/2020

Como vostedes saberán, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:
1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas.
2º.-Restrinxir a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.
3º.- Decidiuse elevar ao nivel 3 de restrición no concello de Verín, no que siguen as restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
4º.-Entra en nivel 2 a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra
5º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 10/10/2020

A orden de Sanidade que entrou en vigor hoxe, mantense as restrincións das comarcas do Carballiño, O Ribeiro,Ourense, Verin, Valdeorras, Allariz-Maceda. Asi como prohibir reunións de non conviventes en Ourense, Barbadas, Verín, O Barco e comarca de Carballiño. E prohición de mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás e agora tamén Carballiño.
AS RESTRINCIÓNS PODEN SER CAUSA DE SOLICITUDE DE NOVOS ERTES
A limitación de aforos de establecimentos de hosteleria, comercio e profesionais, así como a proibicións de atención en interiores de locais poden ser causa de solicitar un novo ERTE para traballadores afectados. Si están nesta situación contacten con Nós. Aqueles establecementos que polas medidas de restrinción se vexan obrigados a pechar, existe a posibilidade de solicitar unha prestación durante os meses que dure esta situación.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 07/10/2020

As restrincións que se anunciaron por Sanidade , que afectan a 54 Concellos da provincia e que entran en vigor mañá, están pendentes da publicación no Doga, como adianto adxuntamos un gráfico informativo da TVG que é clarificador, si temos que completar a información, faremolo nas próximas horas.

Gráfico TV sobre restricións



ASESORIA BIEITO

Lea máis

RESTRINCIÓNS E EXCEPCIÓNS EN OURENSE A PARTIR DO 03/10/2020

A Orden de Sanidade que entra en vigor no día de hoxe é aplicable a todo Concello de Ourense consistente en limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera activi-dade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
EXCEPCIONS: reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacida-de, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade, actividades laborais, empre-sariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais.
MANTEÑEMENTO das demáis medidas restrictivas para os concellos de Ourense, Barco de Valdeorras e Verin, e as específicas do barrio do Couto Doctor Fleming, das que xa informamos.

ASESORIA BIEITO

Lea máis