Todas as publicacións en Etiqueta

subvencion

Información COVID-19 30/10/2020

NOVAS RESTRICIÓNS
A xunta acaba de anunciar o peche perimetral para impedir a mobilidade das sete ciudades galegas a partir de hoxe ás tres da tarde, ainda pendente de publicación no DOG. Ourense xa estaba pechado co resto dos concellos da provincia que xa estaban.

SUBIDA CUOTA DE AUTÓNOMO
Neste mes van aplicar a subida da cuota de autónomos do 30% ao 30,3% da base de cotización que xa estaba aprobada no 2018. A coantía vai supoñer uns euros neste mes, pero está prevista que pasen os nove meses restantes do 2020 nun recibo a maiores dentro duns días.

SUBVENCIÓNS DE AUTÓNOMOS CONCELLO DE OURENSE
Durante este mes xa lle fomos informando que está solicitada e agora pendente do seu cobro.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS PARA O 4º TRIMESTRE
Se foi dos que lle informamos da solcitude de prestación de autónomo do 4º trimestre, pode que xa reciban a prestación neste mes, neste caso pagaranlle prestación máis cuota de autónomo, e a Seguridade Social pasaralle o mesmo tempo o cargo da cuota da Seguridade Social ó seu Banco. Se non reciben a prestación este mes pagaranlla no mes de novembro.

Lea máis

Circular de Outubro 2019

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019

Solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.

 

PROGRAMA EMPRENDOU

Aquelas persoas  con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e  inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.

O programa aínda está aberto.

 

SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020

A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.

As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.

 

RETOMAMOS O HORARIO

Recordamos que o horario da oficina é:

De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 a 15:00 horas.

Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar ca súa responsábel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.

Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO, S.L.

Lea máis