Todas as publicacións en Etiqueta

Facturas

ENVÍO DE FACTURAS E DOCUMENTOS DO TRIMESTRE

Estimad@ Client@,

Debido ás medidas restrictivas que hai en Ourense establecidas para facer fronte á pandemia provocada pola COVID-19, suxerimos que nos envíen as facturas e documentos para o 3º trimestre polos seguintes medios en toda a semana que ven:
• Escaneadas e enviadas por Google Drive
• Correo electrónico
• Si só é algunha por Whatsapp
• Por mensaxeria: recomendamos na cidade a ORENSERVI: 988 25 23 25 e no resto da provincia NACEX 988 24 10 24
• Para os da Comarca de Maceda: librería Ler
• Levándoas a propia oficina en horario de 9 a 15 horas, preferentemente avisando á súa responsable sobre que hora van a ir.
RECORDAMOS:

  • deben de contactar coa súa responsable para concertar cita
  • a atención telefónica é de 9:00 á 14:00 horas
  • tamén poden utilizar o correo para poñerse en contacto con nós

Un saúdo,
Asesoría Bieito.

Lea máis

Circular de Outubro 2019

ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019

Solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.

RECORDEN que o prazo para  presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.

 

PROGRAMA EMPRENDOU

Aquelas persoas  con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e  inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.

O programa aínda está aberto.

 

SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020

A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.

As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.

 

RETOMAMOS O HORARIO

Recordamos que o horario da oficina é:

De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.

Os venres de 8:00 a 15:00 horas.

Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata  deben de quedar ca súa responsábel  de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.

Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.

 

Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.

ASESORIA BIEITO, S.L.

Lea máis

DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2014

FOLIOS

Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2014 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2014.

Recordámoslles que as declaracións se envían a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando  do día 20 de cada trimestre ao día 15,  polo tanto deben remitir a documentación o antes posible pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.

Lea máis

Declaracions 4º trimestre 2013

Solicitamos nos envien as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao cuarto trimestre para poder realiza-las declaracións antes do día 10/01/2014.

No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 31/12/13 para poder axustar as contabilidades.

Lea máis