Todas as publicacións en Etiqueta

restricions

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 21/11/2020

1º.- En canto as restrincións das actividades na provincia seguen as mesmas, salvo o concello de Carballiño que dende hoxe xa se permite entrar e sair e pasa ao nivel 2, como o resto da provincia. Anunciase que outros Concellos, como Ourense poderán fexibilizarse as restrincións antes do 4 decembro.
2º.-Onte publicouse no Doga un novo programa do IGAPE de créditos con tipos baixos, e entre 3.000 e 500.000 para axudar a negocios de sectores con máis dificultades para acceder a financiación privada, como ocio nocturnos, hosteleria, industria cultural, orquestas, economía social, comercio estacional e feiras.
3º.-Onte aprobouse no Consello da Xunta, pendente de publicar no Doga, Axudas para facilitar a Restaurantes e cafeterias o acondicinamento das terrazas e as vendas a domicilio ou para levar. Poden chegar atano 80% de investimentos, entre un mínimo de 1.500 é un máximo de 20.000, e estos terán que realizarse entre 1 de outubre e 28 de febreiro. Si están interesados contacte con Nós.
4º.-Anunciaronse novas medidas que se publicarán na semán vindeira.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 18/11/2020

1º.- En canto as restrincións das actividades na provincia seguen as mesmas sen nengún cambio. Anunciase que Carballiño e Ourense poderán fexibilizarse as restrincións antes do 4 decembro.
2º.-Vencimentos de aprazamentos o 20 de novembro: Todos aqueles que tiñan aprazamentos de Impostos do 1º Trimestre debido o COVID, lembramos que vencen o venres 20 de novembro, que serán cargandos no banco que asignnaron.
3º.-O IVA das masacarillas quirúrxicas pasan o 4% dende hoxe e durante o 2021.
4º.-Hoxe publicaronse as Axudas da Xunta de 1.200 ou 2.000 euros para os autónomos que estén recibindo prestacións e actividades especialmente paralizadas. Xa os iremos informando si cumpren os requisitos para a sua Solicitude. A Xunta Anunciou outras Subvencións que se publicaran neste mes.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 14/11/2020

RESTRICIÓNS DE MOBILIDADE E MEDIDAS ESPECIAIS:

Incorpóranse na provincia de Ourense O Concello de Ribadavia as áreas de Restrincións especiais, como xa estaban Verin, Carballiño e Xinzo. Aparte da Gran área formada polos Concellos de Ourense, Barbadás, Coles, Amoeiro, o Pereiro, San Cibrao e Toén.
Recordamos que non se poden entrar nen sair destas áreas salvo as excepcións haituais, reunións entre conviventes, peche de toda a hosteleria, salvo para levar para casa, e actividade comercial ao 50%. O resto dos concellos cas restrincións de sempre.

AXUDAS DA XUNTA A HOSTELERIA E TURISMO:

A Xunta anunciou que se publicaran na próxima semán as primeiras Axudas directas para autónomos,microempresas e pemes de hosteleria, anunciando que se publicaran todas durante novembro. Estas suporán un importe de 80 milóns.
Estas axudas poderán ir de 2.200 á 7.200 euros, así como créditos entre 3.000 e 500.000 para atender pagos de salarios, alugueiros e impostos, a unhos tipos de interés entre 0,1% e 0,2% .

Lea máis

Información COVID-19 05/11/2020

Publicadas as Normas do 4 de novembro, aclaramos as restricións:


1)Limitacións de entrada e saida nos seguintes Concellos da provincia:Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro, San Cibrao e Toén entran en vigor as 00:00 horas do 7 de novembro, podendo moverse dentro destes Concellos.

2) Limitacións de entrada e saida nos seguintes Concellos da provincia: Carballiño e Verin que xa entrou en vigor hoxe 5 as 00:00 horas, e polo tanto quedan sin efecto as dos Concellos Irixo, Boborás, Verin,Oímbra e Vilardevós.

3)Nos Concellos da provincia: Ourense, Barbadás, Carballiño e Verin dende o sábado 7 as 00:00 horas só é posible a permanecia de persoas e espazos públicos e privados entre conviventes, e no resto dos Concellos o máximo son 6 persoas non conviventes e entrou en vigor hoxe xoves 5 as 00:00 horas.

4)Peche temporal das Actividades non esenciais dende 7 de novembro as 00:00 horas ata 4 de decembro as 15:00horas, as actividades poden consultarse no pdf que xuntamos. Así como das que poden continuar abertas. Nos establecementos de Restauración poden facerse servizos de recollida no local e entrega a domicilio.

5) Mantense Estado de alarma entre as 23:00 e 6:00 horas, non podendo sair a espazos públicos sin causa. No resto dos Concellos manteñense as medidas anteriormente aprobadas, para actividades específicas deberá consultarse a orden que enviamos, ainda que resulta un tanto complicado a sua lectura, polo que pode que haxa que facer novas interpretacións

Aquí pode consultar as actividades pechadas e abertas: Download

Aquí pode descargar o DOG do 4 de novembro: Download

Lea máis

Información 04/11/2020

2º PRAZO IRPF 2019
Mañá 5 de novembro os contribuintes co IRPF do 2019 a pagar que fracionaran a renta en dous prazos, cargaranlle o segundo no seu banco. Si está no caso, asegurese de ter o saldo correspondente.

APROBACION SUBSIDIO DESEMPREGO DE 430€
Onte aprobouse no Consello de Ministros este subsidio para aquelas persoas que agotaron a prestación de desemprego entre o 14 de marzo e 30 de xuño e non teñen ingresos nin dereito o Ingreso Mínimo Vital.
Tamén se prorroga o acceso extraordinario para os artistase e crease un subsidio de desemprego para persoal técnico e auxiliar do sector artístico.

NOVAS RESTRINCIÓNS PARA OURENSE DURANTE UN MES
A partir das 15 horas do venres 6 de novembro paraos Concellos de Ourense, Barbadás, Carballiño, Coles, Amoeiro, O Pereiro de Aguiar , San cibrao das Viñas, Toén, Verin e Xinzo:
1) Peche perimetral e de movemento destas áreas, salvo para traballo, escola, coidado de maiores e razóns sanitarias.
2) Peche Total do sector de hosteleria salvo para recoller ou levar comida a domicilio.
3) O Comercio e o resto de actividades manterase no aforo do 50% e medidas de seguridade coñecidas.

MANTENSE O RESTO DE MEDIAS PARA OS DEMAIS CONCELLOS
O resto dos Concellos da provincia mantense as medidas, especialmente hosteleria: non atención en barra, 50% interior e 75% terrazas, e aforos 50% no resto.

ANUNIANSE MEDIDAS DE APOIO SECTOR HOSTELERIA
A xunta anunciou que no consello de mañá xoves se tomarian medidas de apoio o sector hosteleria e osseus traballadores.

ANTE ESTAS MEDIDAS POSIBILIDADE DE SOLICITAR NOVOS ERTES

Estas restrincións que entran en vigor o venres para os Concellos afectados como as outras medidas para o resto do concello son suficentes para acollerse a un ERTE por impedimento ou limitativo con prestacións para traballadores e exoneración de cuotas que poden ir do 100% ata o 80%. Si estan interesados contacten con Nós.

Lea máis

Información COVID-19 30/10/2020

NOVAS RESTRICIÓNS
A xunta acaba de anunciar o peche perimetral para impedir a mobilidade das sete ciudades galegas a partir de hoxe ás tres da tarde, ainda pendente de publicación no DOG. Ourense xa estaba pechado co resto dos concellos da provincia que xa estaban.

SUBIDA CUOTA DE AUTÓNOMO
Neste mes van aplicar a subida da cuota de autónomos do 30% ao 30,3% da base de cotización que xa estaba aprobada no 2018. A coantía vai supoñer uns euros neste mes, pero está prevista que pasen os nove meses restantes do 2020 nun recibo a maiores dentro duns días.

SUBVENCIÓNS DE AUTÓNOMOS CONCELLO DE OURENSE
Durante este mes xa lle fomos informando que está solicitada e agora pendente do seu cobro.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS PARA O 4º TRIMESTRE
Se foi dos que lle informamos da solcitude de prestación de autónomo do 4º trimestre, pode que xa reciban a prestación neste mes, neste caso pagaranlle prestación máis cuota de autónomo, e a Seguridade Social pasaralle o mesmo tempo o cargo da cuota da Seguridade Social ó seu Banco. Se non reciben a prestación este mes pagaranlla no mes de novembro.

Lea máis

Información COVID19 28/10/2020

Como saben, o domingo 25 de novembro foi declarado o Estado de Alarma e a Consellería de Sanidade da Xunta acordou onte, aínda pendente de publicar no DOG, que van entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves as seguintes medidas:

1º.-Manter o horario de restrición da mobilidade polas vías e lugares públicos entre as 23:00 e 6:00 horas, salvo xustificacións que estén reguladas.
2º.-Manter as restricións xa informadas dos Concellos e Comarcas da provincia de Ourense con todas as particularidades.

PRESUPOSTOS 2021
Estanse anunciando medidas dos presupostos do 2021 que infomaremos detalladamente cando se aproben e vain entrar en vigor.


Asesoría Bieito.

Lea máis