Todas as publicacións en Etiqueta

carballiño

Información COVID19 14/10/2020

Como vostedes saberán, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:
1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas.
2º.-Restrinxir a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.
3º.- Decidiuse elevar ao nivel 3 de restrición no concello de Verín, no que siguen as restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
4º.-Entra en nivel 2 a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra
5º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID19 10/10/2020

A orden de Sanidade que entrou en vigor hoxe, mantense as restrincións das comarcas do Carballiño, O Ribeiro,Ourense, Verin, Valdeorras, Allariz-Maceda. Asi como prohibir reunións de non conviventes en Ourense, Barbadas, Verín, O Barco e comarca de Carballiño. E prohición de mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás e agora tamén Carballiño.
AS RESTRINCIÓNS PODEN SER CAUSA DE SOLICITUDE DE NOVOS ERTES
A limitación de aforos de establecimentos de hosteleria, comercio e profesionais, así como a proibicións de atención en interiores de locais poden ser causa de solicitar un novo ERTE para traballadores afectados. Si están nesta situación contacten con Nós. Aqueles establecementos que polas medidas de restrinción se vexan obrigados a pechar, existe a posibilidade de solicitar unha prestación durante os meses que dure esta situación.

ASESORIA BIEITO

Lea máis