Todas as publicacións en Etiqueta

Xunta

Información COVID-19 13/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as novas medidas a aplicar a partir do 15 de xaneiro:

Toque de queda as 22:00 horas.
-Toda a hostelería ten que pechar as 18:00 horas. Pódense facer entregas a domicilio de 18:00 a 22:00.
-O comercio ten que pechar as 21:30 horas.
Reunións públicas e privadas limitadas a un máximo de 4 persoas non conviventes.

Recomendación de moverse soamente polo esencial.

Todos os concellos estarán nun dos dous níveis: Alto e Medio-alto.

Na provincia de Ourense:

-Os concellos do nivel Alto: Ourense, Barbadás, Carballiño, Allariz, Verín, Monterrei e Xinzo de Limia. Peche perímetral individual para cada un destes concellos (elimínase o conxunto de Ourense-Barbadás). Aforo hostelería: interior pechado e nas terrazas o 50%. Aforo máximo no comercio o 30%.

-Os concellos do nivel Medio-alto: o resto. Aforo hostelería: interior 30% e terrazas ó 50%. Aforo máximo no comercio o 50%.

Mantense peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro.

Anunciouse a prórroga dos ERTEs ata maio e pendentes do que se vai facer coas prestacións.

Un saúdo,
ASESORÍA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 08/01/2021

A Xunta acaba de anunciar as NOVAS MEDIDAS a aplicar sen determinar se van entrar en vigor mañá sábado 9 ou pasado domingo 10. Dada a importancia preferimos adiantalas:

Na provincia de Ourense pasan ao nível medio-alto os concellos de Ourense e Barbadás con peche perimetral e retricción da mobilidade. Mantéñense neste nivel os concellos de A Rúa, Sarreaus e Xinzo de Limia.

Recordamos que neste nivel a hostelería ten aforos no interior do 30% e no exterior do 50%, a hora de peche as 18:00 e cun límite de reunións de catro persoas non convivintes.

Tamén se manteñen as restriccións máximas perimetrais entre os concellos de Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro. Neste caso, os aforos de hostelería son máis limitados : 0% interior, 50% exterior.

Peche perimetral de Galicia todo o mes de xaneiro. Blindaxe das residencias, prohibindo sair a usuarios e limitando visitas a unha única persoa por semán cada residente. Mantense o toque de queda.

Tamén pasan a nivel alto: Santiago, Ames e Teo, e a medio-alto a almendra de A Coruña.

Esten atentos a entrada en vigor.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

Información COVID-19 18/11/2020

1º.- En canto as restrincións das actividades na provincia seguen as mesmas sen nengún cambio. Anunciase que Carballiño e Ourense poderán fexibilizarse as restrincións antes do 4 decembro.
2º.-Vencimentos de aprazamentos o 20 de novembro: Todos aqueles que tiñan aprazamentos de Impostos do 1º Trimestre debido o COVID, lembramos que vencen o venres 20 de novembro, que serán cargandos no banco que asignnaron.
3º.-O IVA das masacarillas quirúrxicas pasan o 4% dende hoxe e durante o 2021.
4º.-Hoxe publicaronse as Axudas da Xunta de 1.200 ou 2.000 euros para os autónomos que estén recibindo prestacións e actividades especialmente paralizadas. Xa os iremos informando si cumpren os requisitos para a sua Solicitude. A Xunta Anunciou outras Subvencións que se publicaran neste mes.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

SUBVENCIÓNS AUTÓNOMOS 2014

Lembramos que xa se publicaron as  subvencións de autónomos  para o exercicio 2014. Poden acollerse a estas axudas as persoas físicas, sociedades civís ou comunidades de bens que se deron de alta no réxime de autónomos a partir do 01/10/2013.

Hai dous tipos de axudas:

  1. Subvencións para menores de 30 anos.
  2. Subvencións para maiores de 30 anos.

Inversión mínima: 3.000 euros.
Prazo de presentación: 30/09/2014.

Lea máis

Plan de emprego xuvenil anunciado pola xunta

O dia 20 de febreiro aprobouse por parte da Xunta de Galicia o chamado Plan de emprego xuvenil dotado con 100 millóns de euros para fomentar o emprego para menores de 30 anos, especialmente para colectivos de nula ou escasa cualificación que contarán cunha atención personalizada e axudas ata 200 euros/mes e os contratos de formación tamén poderán alcanzar a cantidade de 100 eruos.

Iste Plan terá que convertirse en normativa onde se detallará polo miudo os requisitos para poderse acoller a él. Cando se dispoña desa información iraselle informando.

Lea máis