OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA

Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e   estimado polo Tribunal superior de Galicia. Continue reading “OS GALEGOS NON TERÁN QUE PAGAR COMO GANANCIA PATRIMONIAL POLAS HERDANZAS ENTRE VIVOS PROPIAS DOS PACTOS SUCESORIOS DE GALICIA”

Terceiro trimestre 2015 – envío facturas

Como cada trimestre, solicitamos nos  envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.

Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.

Vacacións

Recordamos que durante o mes de agosto e setembro o persoal da oficina rotará as  vacacións e, polo tanto, suxerimos chamar para concertar cita e solicitar xestións e traballos con máis antelación da habitual. En todo caso, as oficinas permanecerán abertas en xornada intensiva de 8:00 a 14:30 e os servizos estarán atendidos.

Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014

A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.

En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.

Contacta