Aquí podedes descargar un resumo de todas as medidas aprobadas pola Administración dende o 15 ata o 22 de marzo. Especialmente para transportes.
[ddownload id=”3234″]Autor: Asesoría Bieito
Circular mediados de marzo 2020 – Estado de Alarma
XUSTIFICANTE PARA DESPRAZAMENTOS DOS TRABALLADOR@S PARA IR A
TRABALLAR
Estase a interpretar o artigo 7. H) do Decreto de Estado de alarma establece que se poderá circular polas vías de uso público para ir a traballar, sempre e cando se faga individualmente, ousexa un en cada vehículo. Parece ser que así se está a interpetar.
Continue reading “Circular mediados de marzo 2020 – Estado de Alarma”Certificado de acreditación da necesidade de desprazamento polo Coronavirus
[ddownload id=”3223″]
Situación de Estado de Alarma polo Coronavirus
Publicado o Decreto de Estado de Alarma, vixente ata 30/03, destacamos o máis salientable para o seu negocio, as demáis cuestións pódense consultar no Decreto que tamén enviamos:
- As medidas de limitación a actividade comercial casi son iguais ás da Emerxencia Sanitaria Galega, que xa enviamos onte.
- Limitación da libertade de circulación de persoas (art. 7 do Decreto), xa difundidas nos medios.
- Suspensión de prazos procesais e administractivos de todas as Administracións públicas.
Información relativa á situación provocada polo Coronavirus
A Xunta Declarou Situación e o Plan de Emerxencia Sanitaria en Galicia entrand en vigor no dia de hoxe.
Continue reading “Información relativa á situación provocada polo Coronavirus”Circular Marzo 2020
PECHES CONTABLES DO EXERCICIO 2019
Unha vez feita a declaración e resumen de IVA, asi como o modelo 347, vamos proceder os peches contables das sociedades. Para o cal iremos comunicando o resultado que queda na contabilidade e os axustes realizados para presentar as contas anuais e o imposto.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS:
Recordamos que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a data 31-12-2019.
SUBVENCIONS: AUTONOMOS, BONOAUTÓNOMO,INNOVA, NOVA OPORTUNIDADE, RENOVA, CONCILIA E PROGRAMA DE EMPREGO PARA MULLER
A principio de mes xa informamos do Bono Autónomo que xa estamos tramitando, rematando o prazo o 4 de marzo. Os outros bonos son para casos máis específicos e hai prazo ata o 30-09-20. Tamén sairon as subvencións de programas de emprego para muller.
Entre elas sairon as de todos os anos:
SUBVENCION DE AUTONOMOS:
*Ser demandante de emprego.
*Periodo subvencionable: as altas na S.Social que se formalicen dende o 01/10/2019 ata o 30/09/2020.
*Cuantía: 2.000 a 4.000, podendo incrementase nun 25% máis en función do colectivo.
SUBVENCIONS CONTRATACION:
Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.
Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primera, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
Para todas estas axudas, si estas interesado contacta con Nós para maior información.
ENVIO DE DOCUMENTOS
Enviamos informe laboral correspondente o exercicio 2019.
Información sobre o bono para autónomos de 2020
Acaban de saír as subvencións do bono autónomo deste ano 2020.
Para obter os 3.000€ de máximo ao que se opta hai que facer unha inversión de 4.000€ aparte doutros requisitos como é costume. O prazo remata o día 3 de marzo deste ano.
Ademáis deste, hai outros bonos autónomos:
-o bono renova negocio
-o bono á nova oportunidade.
O plazo para solicitalos é ata o 30 de setembro de 2020.
Aparte disto, tamén hai subvencións á constitución de autónomos e á contratacións de traballadores para as que o prazo remata o 30 de setembro.
Asesoría Bieito.
CIRCULAR FEBREIRO 2020
DECLARACIÓN DE OPERACIÓNS DE MÁIS DE 3.000 € EXERCICIO 2.020:
Durante o mes de febreiro hai que facer a declaración de operacións que superaron os 3.000 euros durante o 2.020. É conveniente que esta declaración sexa coincidente entre os proveedores e clientes, e, polo tanto si queren contrastar algunha operación ou si reciben cartas informativas sobre estas operacións de clientes ou proveedores acheguennolas para telas en conta.
CONSECUENCIAS DO BREXIT A PARTIR DO 01-02-2020 NO IVA
As empresas que operen con Gran Bretaña, a partir do 01-02-2020 as operacións que realicen pasaran de ser operacións intracomunitarias a operacións de comercio exterior: exportacións e importacións. Prácticamente non ten grandes cambios xa que as Ventas siguen estando exentas por exportacións, e as compras seran importacións que deberán pagar o IVA nas aduanas ou mediante o réximen diferido.
Deberase estudar as implicacións no demáis impostos e das outras normativas de ámbito non fiscal.
CUOTA DE AUTÓNOMOS PARA 2020
O tipo aplicable para o 2020 dos traballadores que estén no Réximen de Autónomos para o 2020 pasa do 30,00% ao 30,30%, xunto coa suba da Base de cotización ainda por determinar. Para as bases mínimas do 2019 a cuota resultante seria de 286,15 e para a base mínima societaria seria de 367,87 euros.
SUBIDA DO SALARIO MINIMO A 950 EUROS DENDE XANEIRO DO ANO 2.020
Como xa saberán con efectos do 01-01-2020 aprobouse o Salario Mínimo dos Traballadores á 950 euros/mes de 14 pagas. Polo tanto as nóminas que estén por debaixo desa cantidade vanse incrementar no mes de xaneiro do 2020.
REALIZACIÓN DE INVENTARIO POR PARTE DAS EMPRESAS
Recordamos o dito na circular de xaneiro de que as empresas deben de facer o INVENTARIO do ano pasado a 31-12-2019.
OBRIGAS DE FACTURACION E GARDA DE DOCUMENTACION
Enviamos Folla informativa sobre Facturación e garda de Documentación e Ficheiros, que deben de leer con atención e si non entende algunha cuestión póñanse en contacto con nós.
ENVIO DE FOLLA INFORMATIVA DAS PERSOAS RESPONSABLES DA ASESORIA DA SUA EMPRESA
Enviamos unha folla informativa indicando teléfono e correo da persoa responsable da contabilidade-fiscalidade para o ano 2020, e no caso de que teñan traballadores asalariados da persoa responsable laboral. Nalgunhos casos pode ser que se cambien por razóns de cambio de réximen e de reparto de traballo.
Para maior información contactar con nós.