O goberno aprobou unha rebaixa do IRPF con efectos dende 1 de xullo que non vai supoñer moito cambio nas nóminas pequenas. En calquera caso, nas nóminas do mes de xullo non se vai aplicar, e esperamos que as que cambien sexan as do mes de agosto.
Categoría: Circular
Sociedades mercantís: recollida de contabilidade e contas anuais 2014
A partires do mes de agosto, e no caso de estar interesados, poden solicitarnos a contabilidade e as Contas Anuais do 2014 no soporte que sexa máis acaído: CD, USB ou ficheiro en correo electrónico.
En todo caso, poden solicitalo cando vostedes queiran co límite máximo de cinco anos, neste caso o ano 2020 que non poderemos garantir a súa conservación nos nosos ficheiro. E aproveitamos para informalos de que, no caso de que deixásemos de prestar servicios profesionais con vostedes, poden demandarnos a eliminación destes datos en calquera momento.
Dietas dos traballadores e socios
Como xa temos informado por outros medios, a AEAT está a comprobar as dietas dos traballadores e especialmente as dos socios e administradores, e polo tanto deben estar todas acreditadas como efectivas e cos xustificantes correspondentes.
Coas nóminas enviaremos unha circular específica para recordar os requisitos.
Laboral: subvencións do ano 2015
Acábase de publicar a orde de subvencións á contratación de traballadores indefinidos por parte daqueles autónomos que non levan un ano de actividade e que contratan o seu primeiro traballador.
Estas subvencións varían na súa cuantía dependendo das circunstancias dos traballadores que se contratan. Se son autónomos, e aínda non levan un ano de actividade e teñen previsto contratar algún traballador, póñanse en contacto con nós para estudar como se pode acoller a estas subvencións.
Novo sistema de IVA revendedores de moviles, portátiles, tabletas e consolas
A partir do 1 de abril do 2015 entra en vigor un novo sistema de pago do iva dos establecementos revendedores de móviles, portátiles,tabletas e consolas que básicamente consiste en que o iva non se paga ao proveedor e se declara cando se vende ao cliente. Debese presentar unha declaración Censal a AEAT comunicando ista actividade e acreeditalo ante o proveedor por medio de certificado.
Continue reading “Novo sistema de IVA revendedores de moviles, portátiles, tabletas e consolas”
ENVÍO DOCUMENTOS
Destacamos que xunto coa circular tamén vos axuntamos, a aqueles que tendes traballadores, un informe do departamento laboral correspondente ao terceiro trimestre de 2014.
INFORME DE RESULTADO DO 3º TRIMESTRE 2014
Este trimestre axuntamos coa circular unha información sobre o resultado que facemos do 3º trimestre recomendamos que lean atentamente as suxerencias e recomendacións que nese documento se aportan e, se teñen algunha dubida, póñase en contacto con nós para calquera aclaración.
PECHE CONTABLE 2014
Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2014.
A AEAT cada vez está máis esixente nas contas e nas comprobacións, e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.
Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de saír como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.
No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2014 para poder axustar as contabilidades.