Circular 1 de Xullo 2020
1.-PRORROGA DOS ERTES ATA 30 DE SETEMBRO
O sábado 27 publicouse no BOE a prorroga dos ERTES ata o 30 de setembro nas seguintes condicións:
ERTES TRANSITORIOS: son aqueles que ainda non iniciaron a súa actividade cos traballadores que se manteñen no ERTE e que seguirán cobrando o 70% da súa Base Reguladora.
As empresas quedarán exoneradas das súas cuotas da Seguridade Social no mes de Xullo do 70%, no de agosto do 60% e no de Setembro do 35%.
ERTES DE FORZA MAIOR OU PARCIAIS: os que xa iniciaron a súa actividade con algún traballador a exoneración das cuotas serán durante os tres meses do 60% para os traballadores que se rescataron do Erte e do 35% para os traballadores que se manteñen no ERTE.
2.-PRESTACIÓN DE AUTÓNOMOS
Non se manten a prestación extraordinaria que se pagaron por parte das Mutuas durante o Estado de Alarma. Pero si, se manten a exoneración da cuota da Seguridade Social para os que percibiron esta prestación do 100% en Xullo, 50% en agosto e 25% en setembro.
Recordamos que en Xuño ainda cobrará esta prestación e non pagará a cuota da Seguridade Social, e xa lle teñen que ter devoltas as cuotas dos meses que se pagaron durante o Estado de Alarma.
Tamén se poderá Solicitar a PRESTACION ORDINARIA si durante o 3º Trimeste do 2020 reducense nun 75% os ingresos con respecto os ingresos do 3º Trimestre do 2019 e non se teñen Rendimentos netos superiores de 5.818 euros durante o 3º Trimestre 2020. Esta prestación será do 70% da Base Reguladora aparte da exención da cuota da Seguridade Social.
Existe unha prestación extraordinaria para os traballadores autónomos de temporada, que son aqueles que durante os dous útlimos anos traballaron cinco meses entre marzo e outurbro e non estivera contratadao por conta allea nos dous anos máis de 120 dias. Esta Solicitude deberiase tramitar antes do 15 de xullo e si non se cumpre poderiase renunciar a ela.
Iremos contactando con cada un dos que cumpren os requisitos para acordar si se solicita. O Custe de trámite destas prestacións son de 50€.
3.-AXUDAS IGAPE:
O Custe de Tramitación desta Subvención serán de 300 euros: 100 o tramitala e 200 na sua concesión.
REACTIVA COMERCIO SEGURO Comercio polomiudo de todo tipo, peluquerias e salóns de beleza con establecmentos abertos ao público afectadas polo Covid-19.
As Axudas destinaranse a medidas de proteción tanto para clientes como para usuarios que terán que ser dun importe entre 300 e 1.200 euros a realizar dende o 15 de marzo ata o 31 de xullo, podendo ser subvencionado ata o 100%.
O Custe de tramitación destas Subvencións é de 60 euros.
4.-NOVA RESOLUCION XUNTA A PARTIR DO 1 DE XULLO
O sábado 27 de setembro foi publicado Resolución da Xunta de Galicia pola que se regulan con máis detalle a situación a partir do 1 de xullo, entre as que se destaca:
1º.- A obrigatoriedade do uso da máscara cando non se poida garantír a distancia de seguridade.
2º.-Como deben actuar os Coros, agrupacións vocais, orquestas, bandas, agrupacións musicais, actividades formativas en conservatorios, escolas de música e danza, celebracións das competicións e eventos deportivos, Festas, Verbenas e eventos populares, así como as atracións de feira.
3º.-Tamén se regula o funcionamento de Discotecas e restos de establecementos de lecer nocturno.(pub e bares especiais) nos que se contempla que poderán realizar a súa actividade sen superar os 2/3 da sua capacidade, e si teñen terraza a capacidade é do 75%, e o consumo poderá ser en barra ou mesas e si hai pista de baile o límite é de 3m2 por cliente. Clientes e traballadores deberán portar máscara, e istes establecementos deberán levar un rexistro dos teléfonos dos clientes que queiran deixalo para unha maior localización polas autoridades sanitarios no seu caso.
5.-AXUDAS DIPUTACION:
Estanse resolvendo as axudas da Diputación pero ainda non se pagaron. E seguimos esperando as Subvencións do Concello de Ourense.
Saúdos
ASESORIA BIEITO S.L.