Novas

Información de interese

REXISTRO DE XORNADA PARA TRABALLADOR@S OBRIGATORIO PARA AS EMPRESAS (Dende 12 de maio de 19)

O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatorio para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Mediante o Real Decreto Lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, o Goberno trata de garantir o cumprimento horario nas empresas e facilitar o control do mesmo pola Inspección.

OBRIGATORIEDADE DE REXISTRO DIARIO DE XORNADA
Establecese a obrigatoriedade para as empresas de garantir un REXISTRO DIARIO DE XORNADA, QUE DEBERÁ INCLUIR O HORARIO CONCRETO DE INICIO E FINALIZACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO DE CADA PERSOA TRABALLADORA, sin perxuizo da flexibilidade horaria.

Dado que a norma non especifica o medio co que se debe realizar dito rexistro queda en mans da empresa, previa consulta cos representantes dos empregados o modo de documentar dito rexistro, entendemos que pode ser dende reloxos analóxicos de fichaxe ata aplicación informáticas. Hai que ter en conta que ditos sistemas de control non choquen contra o dereito a intimidade e protección de datos.

Poñemos a súa disposición en formato papel un modelo, que debe ser cuberto e asinado tódolos días, no que se rexistran os datos solicitados según o RDL 8/2019, no caso de non optar por medios informáticos ou analóxicos e en falta de negociación sobre o medio de rexistro. Este modelo poderán descargalo na nosa páxina Web www.bieito.com, ou solicitárnolo nas nosas oficinas, e o cal terán que facer copias para cada traballador e mes.

CONSERVACIÓN DO REXISTRO DURANTE 4 ANOS.
A empresa está obrigada a conservar este rexistro durante 4 anos e os traballadores, sindicatos e Inspección terán dereito a poder consultalo.
INFRACCIÓN GRAVE
O non cumprimento da obrigación do rexistro será calificado de infracción grave, polo tanto de 626 a 6.250 euros de multa.
A parte da sanción pode ser obxecto de reclamación por parte do traballador que non esté realizando por algún medio iste seguimento de control horario.

image_pdfimage_print