ABERTO O PRAZO DE SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESÁN GALEGO (IN201H)
Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, a modernización e o establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comercial retallista e artesán galego.
REQUISITOS PARA COMERCIANTES RETALLISTAS
Que desenvolvan a súa actividade comercial e teñan o domicilio social e fiscal en Galicia.
Que, tendo a condición de PEME, empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial.
Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.
Que figuren inscritos no Rexistro Galego De Comercio ou teñan solicitada a súa inscrición antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.
REQUISITOS PARA TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS
Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Que fagan uso da marca Artesanía de Galicia
NON SERÁN SUBVENCIONABLES:
› Ordenadores. › Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.
› Impresoras. › Sistemas de alarma ou similares.
› Televisores. › Impostos Recuperables.
LIÑAS E CONTÍA DAS AXUDAS
LIÑA 1: COMERCIANTES RETALLISTAS:
Acondicionamento de locais comerciais :
Investimento MÁXIMO subvencionable 10.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención: 40%.
Medidas mellora da imaxe exterior, moblaxe e equipamento:
Investimento MÁXIMO subvencionable 5.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención: 40%.
LIÑA 2: PARA OS COMERCIANTES RETALLISTAS E TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS:
Ferramentas e programas informáticos:
Investimento MÁXIMO subvencionable 4.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención 50%.
Implantación sistemas empaquetado e etiquetaxe:
Investimento MÁXIMO subvencionable 5.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención 50%.
Novos sistemas de comercialización que combinen online e offline e implantación e actualización paxinas web:
Investimento MÁXIMO subvencionable 6.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención 50%.
Sistemas de comercialización que impliquen o uso das redes sociais:
Investimento MÁXIMO subvencionable 8.000 euros (IVE excluído).
Porcentaxe de subvención 50%.
MÁXIMO SUBVENCIONABLE E PRAZO
O investimento máximo subvencionable por beneficiario será para os comerciantes retallistas de 38.000 euros (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais será de 23.000 euros (IVE excluído).
Prazo de presentación de solicitudes remata no prazo dun mes dende a publicación desta orde: remata o 11 de marzo do 2015.
Read more