Onte a tarde publicaronse no DOG as medidas que reducen as restrincións na Hosteleria como no lecer nocturno a partir de hoxe sábado 12 ata o 26 de febreiro: 1) As limitacións horarias pasan a ser as da normativa xeral segundo categorias dos establecementos.- 2)Manter máscara nos lugares pechados, nos espazos o aire libre que non se poidan manter a distancia entre persoas de 1,5 metros, e actos multitudinarios que os asistentes estén de pé e nos transportes públicos.- 3)Non hai limitación de aforos pero mantense límite de 8 e 15 persoas nos interiores e exteriores, respectivamente.- 4) Mantense a esixencia de que o cliente deberá dispor de certificado covid ou probas.-5)Existe un protocolo de Sanidade para as festas do Entroido.
Día: 12 Febreiro, 2022
10-02-2022 SEGURO DE CONVENIO OBRIGATORIO
Este mes lembrámoslle a importancia de ter en vigor a póliza do seguro de accidentes de convenio obrigatorio por ley, xa que é responsabilidade do empresario velar que os seus traballadores desenrrolen a actividade nas mellores condicións de seguridade e prevención. O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes multas, de ata 187.000 euros, ademáis de asumir co patrimonio da empresa os custos e indemnizacións no caso dun accidente de traballo, poñendo con elo en perigo a estabilidade financeira da empresa, polo que deberán revisar si a póliza que teñen suscrita actualmente está actualizada con tódalas coberturas. No caso de que queiran que os informemos mais ampliamente diste seguro poden contactar con nós.
Asimesmo, aconsellámoslles que valoren os riscos que se poidan derivar polo desempeño da súa actividade e que conten co correspondente seguro para distintas continxencias, especialmente a de responsabilidade civil-profesional.