28-03-2022 REFORMA LABORAL 2022

O vindeiro 30 de marzo entra en vigor as novas normas de contratación que quedan reflictidas na reforma laboral publicada o 30 de decembro do 2021, e despois de esgotar o período transitorio que contemplaba para ir adaptando os contratos temporais, recordámoslle que a partires desa data tódalas contratacións se presumirán concertadas por tempo indefinido para garantir a estabilidade no emprego e reducir deste xeito a temporalidade no mercado laboral, polo que desaparace o contrato de obra ou servizo determinado, redifínese o contrato de duración determinada de maneira que soamente poderá empregarse para resolver necesidades laborais específicas e limitadas no tempo (como pode ser a de cubrir as vacacións anuais dos empregados),   pontenciase o contrato fixo discontinuo e acurtánse os prazos dos contratos formativos.

Polo tanto, o modelo estándar de contratación será o contrato indefinido e a Inspección de Traballo vixiará que as empresa cumpran con esta premisa, pois aquelas que realicen contratos temporais sin causa xustificada que así o esixa poderán enfrentarse a fortes sancións.

image_pdfimage_print

13/02/2022SUBIDA SALARIO MINIMO INTERPOFRESIONAL 2022

Con data de hoxe 13/02/22 publicouse a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2022, situándose en 1.000 euros brutos mensuais en 14 pagas, o que supón un salario de 14.000 euros brutos anuais.

Esta subida ten efectos retroactivos con data do 01 de xaneiro, polo que aqueles salarios que están por debaixo deste xa van ir actualizados nas nóminas de febreiro, quedando pendente de regularizar os salarios que se abonaron en xaneiro e que se procederá a faguelo no vindeiro mes. Esta medida terá como consecuencia a correspondente subida das bases de cotización mínimas na mesma proporción, quedando polo tanto en 1.166,67 euros mensuais.

image_pdfimage_print
Contacta