06-05-2022 AXUDAS EXTRAORDINARIAS A AUTÓNOMOS E PEMES PARA ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLO COVID PARA 2022

Para aqueles que estén de alta dende 2019, e que neste ano facturaran un mínimo de 4.000 €, e durante o 2021 reduciran os ingresos nun 65% con respecto os do 2019 poderán acollerse a subvencións que van entre 1.000 e 12.000 euros, segundo a facturación.

Quedan excluidas as actividades que tiveron axudas específicas como hostelería, ocio nocturno, Hoteis e aloxamentos, axencia de viaxes, orquestas, pesca e acuicultura.

Prazo de Solicitude ata o 3 de xuño do 2022. Iremos contactando con vostedes si están dentro dos que cumpren os requisitos.

image_pdfimage_print

23-05-2022 COMPLEMENTO DE FORMACION CONVENIO HOSTALARÍA

Con data do 10 de maio saiu publicado o novo convenio de hostalaría para a provincia de Ourense cunha duración de 3 anos e con vixencia dende xaneiro do 2022 ata o 31 de decembro de 2024. Como novidade no seu artígo 27, as partes signatarias acordan un “complemento compensatorio de formación”, de natureza salarial, para conseguir un sector moderno e competitivo para a consecución dun emprego estable e de calidade dentro do mesmo, que deberán aboarlles aos seus traballadores nunha contía de 25 euros por 14 pagas durante a vixencia deste convenio, aquelas empresas que non cumpran algún destes requisitos:

1.- Non acrediten estar asociadas a unha organización empresarial representativa do sector.

2.- Non acrediten ter un plan de formación a nivel de empresa e formar así aos traballdores.

3.- Non acrediten a súa participación en plans agrupados de formación desenvoltos por algún sindicato.

Polo que, quedamos a espera de que nos confirmen a súa decisión, xa que no caso contrario dito complemento de formación comenzará a devengarse na nómina deste mes de maio, así como nos atrasos de convenio de xaneiro a abril do 2022.

image_pdfimage_print

27-04-2022 PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.

O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención e que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente

image_pdfimage_print
Contacta