Este mes lembrámoslle que a empresa, para garantir a vixilancia da saúde dos seus traballadores, está obrigada a facilitar a realización dun recoñecemento médico, en función dos riscos inherentes o traballo, ó comezo da relación laboral e polo menos unha vez ó ano, ou ben ter unha RENUNCIA POR ESCRITO por parte do traballador a sua realización.
Mes: junio 2022
HORARIO DE VERÁN
Dende o día 13 de xuño e ata 30 de setembro estamos en horario de verán de 8:00 á 15:00 horas. En todo caso mellor chame cando queira ser atendido por alguén de nós.
REXISTRO DE XORNADA DIARIA TRABALLADORESℹ️
A empresa ten a obriga de rexistrar a xornada diaria dos seus empregados, tanto si se trata de traballadores a tempo completo como a tempo parcial, que deberá incluir o horario concreto de inicio e de finalización da xornada de traballo de cada persoa traballadora, sen perxuicio da flexibilidade horaria que poda establecerse, todo elo para dar cumprimento o artígo 34.9 do Estatuto dos Traballadores.
A lexislación non especifica nada de cómo debe ser o rexistro, polo que en principio é válido calquer sistema que sexa fiable, obxetivo e que non poida ser alterado ou modificado pola empresa, polo que poden optar polo rexistro en papel (lembrámoslle que cada vez que se da de alta un traballador enviamos xunto co contrato un rexistro de xornada que poderán usar cada mes) ou ben, usar un rexistro informatizado.
Este rexistro deberá conservarse durante un prazo de 4 anos e permanecerá a disposición das persoas traballadoras, dos seus representantes sindicais no caso de habelo, e da Inspección de Traballo, xa que o seu incumprimento será considerada como unha infracción grave que leva aparellada unha sanción entre 625 e 6.250 euros.