Con data de hoxe publicouse a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2023, situándose en 1.080 euros brutos mensuais en 14 pagas, o que supón un salario de 15.120 euros brutos anuais.
Esta subida ten efectos retroactivos con data do 01 de xaneiro, polo que aqueles salarios que están por debaixo deste xa van ir actualizados nas nóminas de febreiro, quedando pendente de regularizar os salarios que se abonaron en xaneiro e que se procederá a faguelo no vindeiro mes. Esta medida terá como consecuencia a correspondente subida das bases de cotización mínimas na mesma proporción, quedando polo tanto en 1.260,00 euros mensuais.
Read more
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2023 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 24 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 8.000 a 22.500 euros para primeira contratación ou 10.000 a 27.000 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Read more
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2023 pola contratación indefinidia inicial ou polos incrementos de xornada de contratacións indefinidas iniciais, que se realicen dende o 01 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan mozos menores de 30 anos, parados de longa duración, mulleres, persoas de 55 anos ou mais, emigrantes retornados ou persoas extranxeiras e discapacitados ou en risco de exclusión social. As contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 24 meses, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 2.000 euros a 16.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Read more
Ainda que o 1 de xaneiro do 2023 entrou en vigor o novo sistema de cotización para os autónonomos, aqueles que estivesen de alta a data 31 de decembro de 2022 seguirán cotizando no 2023 pola base que tiñan en decembro coa correspondente revalorización automática que establece o goberno anualmente e que para iste ano situase no 8,5%. Asimesmo, debido o Mecanismo de Equidad Intergenaracional para garantir as pensións, subiu o tipo a aplicar nun 0,6% mais para determinar a cuota a pagar, producindo en moitos casos unha subida de ata 50 euros pero que NADA ten que ver co novo sistema de cotización que como xa lles informamos se irá implantando o longo deste ano 2023 cando se faga a estimación dos ingresos a obter polo autónomo.
Lembrámoslle que existen 6 prazos o longo do ano para os cambios das bases de cotización.
Read more
Autónomos de Alta como persoa física e societaria cunha antiguedade de máis de 42 meses que no 2021 declararan un Rendimento neto reducido menor de 30.000€ e unha facturaran de máis de 12.000€, iva incluido.
Os gastos subvencionables deben destinarse a aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Así como compra de máquinas e bens de equipos para elaborar os productos. Estos gastos serán dende 1 de xaneiro e deberán acreeditarse con factura e xustificante de pagos, e o prazo de solicitude dende 25 de xaneiro ata 29 de setembro e a cuantía da axuda pode alcanzar o 80% dos gastos cun máximo de 3.000 euros.
Si están interesados póñanse en contacto con Nós.!!!
Read more
AXUDA XEMPRE AUTONOMO
Persoas que se deran de alta de autónomos ou mutualista dendeo 01/10/2022 ata o 29/09/2023, foran demandantes de emprego e se deran de alta en IAE. Que non recibiran axudas semellantes a estas nos últimos tres anos e non estiveran dadas de alta na mesma activiade ou semellante nos últimos 6 meses. Tamén poderán acollerse a estas axudas os autónomos que se constituiran como Comunidades de bens ou Sociedades Civiles, pero non os socios mercantiles nin os autónomos colaboradores.
As Axudas poderán ser:
•A xeral de 2.000€.
•Axuda de 4.000€ para menores de 30 anos, desempregado de longa duración, discapacitado, dependente, en situación de risco ou exlusión social ou maiores de 55 anos.
Poderá incrementarse nun 25% das anteriores e acumulables por cada circunstancias seguinte: •Muller
•Domicilio nun Concello Rural
•Maiores de 45 anos
•Persoa emigrante ou estranxeira
•Persoas trans
•Profesionais e oficios nos que as mulleres estén representadas.
Read more