Dende 2023 as Sociedades que non tiveran como cifra de negocios a contía de 1.000.000 de euros tributarán polo seus resultados o 23% en vez do 25%.
Adquirir bens que non excedan 300 euros e que se poden amortizar integramente, cun máximo de 25.000 euros.
Pódese amortizar libremente o inmobilizado material en proporción a creación de emprego con respecto ao 2022.
As empresas de menos de 10 millóns de facturación poden dobrar as amortizacións e no caso de que sexan con contratos de leasing triplicar.
Pódense dotar reservas de nivelación e de capital si se cumpran os requisitos e debesen de estudar para cada sociedade.
Debese facer inventario de existencias e obras en curso e traballos pendentes a 31-12, así como débense de manter correlación de facturas de gastos e ingresos, Soldos mínimos dos Socios, e declarar un resultado de acordo ca actividade e movemento para evitar que se provoquen comprobacións da AEAT.
àDende Asesoría Bieito xa estamos contactando con vostedes para ir plantexando estes peches e determinado resultados a declarar.
Día: 1 Decembro, 2023
MEDIDAS A FACER NESTE MES DE DECEMBRO PARA REBAIXAR IRPF
Manter os contratos de arrendamentos de vivenda habitual para que se poida reducir o rendemento no 60%, xa que para os contratos que se realicen a partir do 2024 a redución Baixa á 50%.
Dedución do 50% das cantidades satisfeitas en accións ou participación de empresas novas ou recente creación de tres a cinco.
Amortización anticipada das hipotecas para vivenda habitual sempre que este dentro do limite dos 9.500 euros.
Contribuíntes maiores de 65 anos poden quedar excluídos de tributación as gananciais patrimoniais da transmisión da vivenda habitual e doutros elementos sempre e cando se constituía unha renda vitalicia.
Dedución do 15% para adquisición de vehículos eléctricos, enchufables e de pila e instalación de puntos de recarga, cun máximo de 20.000 para vehículos e de 4.000 para instalación.
Dedución do 20%, 40% ou 60% de obras de mellora de eficiencia enerxética de vivenda con límites de contía, tipoloxía de obras e cos certificados de eficiencia enerxético.
Aportación a plans de pensión cos límites do 30% dos rendementos netos, de 1.500 euros que se pode incrementar en 8.500 ou 4.250 no caso de que aporten conxuntamente entre empresa e traballador ou no caso de autónomo.
Aportacións realizadas a previsión social do cónxuxe co límite de 1.000 euros sempre e cando non teñan rendementos netos de 8.000 euros.
Dedución por donativos e aportacións a outras entidade sen fin lucrativas.
Si ten actividade económica recomendamos que os Rendementos desta sexa como mínimo o Salario base ou SMI e se movan nunhos rendementos do sector, xa que a AEAT está a facer comprobacións no caso contrario
Si teñen algunha dúbida poden contactar con Nós, así como si queren que fagamos unha Simulación da Renda do 2023 que realizaremos por unha tarifa axustada segundo o tipo de renda.