BONO AUTONOMO

Autónomos de Alta como persoa física e societaria cunha antiguedade de máis de 42 meses que no 2022 declararan un Rendimento neto ou Base do imposto de sociedades reducido, menor de 50.000€ e unha facturaran de máis de 12.000€, iva incluido e que non se benenficiara diste bono entgre 2019-2023.

Os gastos subvencionables deben destinarse a aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Así como compra de máquinas e bens de equipos para elaborar os productos. Estos gastos serán dende 1 de xaneiro e deberán acreeditarse con factura e xustificante de pagos, e o prazo de solicitude dende 29 de xaneiro, e a cuantía da axuda pode alcanzar o 60% dos gastos cun máximo de 7.000 euros.
Para solicitar estas axudas tedes que facer o gasto, ter a factura e pagala polo banco, e si nos enviades todo esto nos tramitámola de xeito inmediato.
O custe de solicitala é de 100 euros e logo si se concede un segundo en función do resultado. Si están interesados póñanse en contacto con Nós.!!!

image_pdfimage_print

SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE TRABALLADORES 2024

Publicaronse no DOG as subvencións do ano 2024 pola contratación indefinidia inicial ou polos incrementos de xornada de contratacións indefinidas iniciais, que se realicen dende o 01 de outubro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan mozos menores de 30 anos, parados de longa duración, mulleres, persoas de 52 anos ou mais, emigrantes retornados ou persoas extranxeiras e discapacitados ou en risco de exclusión social. As contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manter a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 2.000 euros a 14.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

image_pdfimage_print

CAMAPAÑA INSPECCION PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

A Inspección de Traballo está realizando unha campaña en materia de prevención de riscos laboráis a tódalas empresas dende comenzos de xaneiro en toda a provincia de Ourense, polo que lembramoslle unha vez mais a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.
O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención e que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente, e no caso de non contar con ela deberán tramitar a obriga con urxencia.

image_pdfimage_print

OBRIGAS EN MATERIA LABORAL PARA 2024

Dentro do primeiro paquete de medidas impulsado polo goberno para 2024 encontramos novedades en materia laboral como:

-Obriga de cotizar polos becarios en prácticas a partires do 01 de xaneiro de 2024 tanto si se trata de prácticas remuneradas ou non.
-As empresas poderán bonificar os contratos de interinidade celebrados para sustituir as persoas traballadoras en situación de risco durante o embarazo así como os descansos por maternidade ainda que se trate da mesma persoa sustituta.
-Aumento do MEI (Mecanismo de Equidad Intergeneracional para garantir as pensións) dun 0,6% a un 0,7% tanto para empresas (0,58% empresa e 0,12% traballador) como para autónomos.
-Os traballadores poderán disfrutar do permiso de lactancia acumulado con independencia do que estabrezca o convenio colectivo de aplicación da empresa.
-Prórroga temporal da vixencia do SMI do 2023 estabrecido actualmente en 1.080 euros/mes.
-Obriga de dispor dun plan LGTBI para aquelas empresas con + de 50 traballadores antes do 02 de marzo de 2024, para alcanzar a igualdade real e efectiva deste colectivo.
-A partires de xaneiro de 2024 todalas empresas de + de 50 traballadores deberán contar cun canal de denuncias interno para cumprir coas obrigas de ética e transparencia laboral que esixe a normativa.

image_pdfimage_print
Contacta