TIPOS DE IVA A PARTIR DE OUTUBRO 2024

Os alimentos básicos incluido o aceite de oliva pasan do 0% ao 2%, e o Recargo de Equivalencia é do 0,26%, e para o 2025 O IVA será ó 4% de xeito permanente.

Os aceites de semillas e pastas alimenticias pasa do 5% ó 7,5%, e Recargo de Equivalencia  do 1%, para o 2025 pasan o tipo reducido do 10%.

Gráfico Resumindo estos cambios.

Real Decreto-lei 4/2024 do 23 de xuño.BOE 27-6-2024.

image_pdfimage_print

AXUDAS PLAN EMEGA-EMPRENDEMENTO FEMININO (ata 27/09)

Poderán ser beneficiarias as empresas formadas por mulleres, agás autónomas familiares colaboradoras, que iniciaran a actividade no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de fin de prazo de presentación de solicitudes. Cando se trate de empresas de tipo societario, a administración ten que ser exercida exclusivamente por mulleres, e o capital social estar maioritariamente suscrito por mulleres no caso de pequenas empresas, e íntegramente suscrito cando se trate de microempresas.

O Plan Emega comprende as seguintes liñas de axuda:

Líña Emprende: Creación empresas por mulleres desempregadas durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos de alta como autónoma. Importe dende 10.000 euros ata 22.000 euros segundo emprego a manterse durante un período de 18 meses.

Liña Activa: Empresas de mulleres con proxecto de reactivación para manter emprego de promotoras e empregadas. Podendo ir de 8.000 á 17.000 euros

Líña ITEF( Innovador e investigación e Tecnoloxía) de 18.000 á 42.000 euros.

Líña Concilia: compatible cas anteriores que pode ser de 3.000 á 5.000.

Máis información contactar con D. Laboral laboral@bieito.com

image_pdfimage_print

SUBVENCIONS E AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E EMPRESAS A TRAMITAR POLA ASESORIA

Procedemento a seguir para informar e tramitar subvencións e axudas de todas as Administracións Públicas:

1.-Asesoria Bieito informará  e tramitará as subvencións xerais sobre altas de autónomos e empresas, así como da contratación de traballadores. Tramitaranse pola Asesoría no seu prazo en base a información e documentación aportada garantizando os requisitos pero non a existencia de fondos.

2.-Tamén se poderá enviar información de Axudas e Subvencións específicas para a sua actividade de xeito moi xenérico e telegráfico nas que poida estar interesados, pero terán que ser vostedes os que se poñan en contacto con Nós para informalos e polos en contactos con empresas colaboradoras para que lle informen máis polo miúdo e que poidan tramitarllas.

3.-Recomendamos que si vostedes están interesados en crear novos negocios, ampliar actividades, facer investimentos e contratar persoal póñanse en contacto ca súa  Responsable Fiscal e laboral da Asesoría para que lle poida informar das axudas que existan e das que poidan saír.

image_pdfimage_print
Contacta