POSIBLES FRAUDES NAS NOTIFCACIÓNS E PAGOS

NOTIFICACIÓNS: Están chegando por correo electrónico notificacións fraudulentas nas que usan o nome da AEAT e doutras Administracións dando un prazo curto e en horas, solicitando información. Non accedan a estes enlaces e si teñen contratado con Nós as Notificacións da AEAT  non abran nen sequera fai falla que nolas envíen. Bórrenas!

PAGO DE FACTURAS: Está dándose fraudes nos pagos de facturas, sobre todo por transferencias, que foron intervidas nos Correos e no que cambian a conta bancaria de pago do provedor ou cliente por outra que non é correcta.

Deben de verificar estas contas antes de proceder o pago, utilizando un medio con garantías para comprobar que é a conta é correcta: contrastando a conta presencialmente, por teléfono, por outro medio seguro electrónico, tendo certificados e xustificantes das titularidades das contas e  calqueira outro medio de comprobación.

O mesmo tempo informar e acreditar os clientes os medios de cobros que son válidos, enviándolle xustificantes, e advertíndoos de que fagan as comprobacións pertinentes para evitar ser víctimas distes fraudes que aparte do perxuicio económico xenera unha incomodidade reputacional cos clientes.

image_pdfimage_print

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.

O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención xa que nós non podemos faguer dita comprobación, así como que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente.

image_pdfimage_print
Contacta