Con data de hoxe, entra en vigor a nova modificación do dereito de indemnidad que recolle a disposición adicional 3ª da Ley do Dereito á Defensa (LO 5/2024, 11 nov), que prohíbe calquer tipo de represalia por parte da empresa contra o traballador/a que houbera exercido ou disfrutado dos seus dereitos laboarais, ou que presentara unha reclamación xudicial ou administrativa contra a empresa, declarando expresamente nulas as decisions do empresario si se comproba que se violou esa garantía, coa conseguinte readmisión do traballador ó seu posto de traballo, así como unha indemnización por danos e perxuizos.
Día: 5 Decembro, 2024
MEDIDAS A ADOPTAR NESTE MES DE DECEMBRO PARA AXUSTAR IRPF 2024
1.- Amortización anticipada de préstamos hipotecarios para vivendas habituais polas que estean deducindo e non chegan a 9.040 euros.
2.- Aportación a plans de pensións existentes ou novos dentro dos límites e requisitos para que o contribuínte aproveite maior deducibilidade. Así como aportacións a plans de pensións do cónxuxe si cumpre os requisitos.
3.- Facer donativos a entidades con recoñecemento de interese Social.
4.-Deducións do 20%, 40% ou 60% en inversións nas vivendas por eficiencia enerxética e do 15% en vehículos eléctricos e enchufables e en puntos de carga para estes.
5.- Manter o contrato de arrendamentos de vivenda daqueles realizados con anterioridade ó 26/05/2023, para que se poida manter redución dos rendementos do 60%.
6.- Transmisións de vivenda habitual ou outras para contribuíntes maiores de 65 anos xa que poden quedar excluídas de tributación.
Son estas as máis significativas, pero en todo caso póñase en contacto con Nós por medio da súa Responsable para maior información.