Neste mes de xaneiro estanse rematando as contabilidades e liquidacións do exercicio 2024 e pode ser un bo momento para revisar e replantexar os servizos de asesoría fiscal, contable, laboral e de xestoría para o 2025.
Este ano 2025 vai ser de cambios lexislativos e algúns xa están aprobados como a baixa de tipos impositivos de sociedades, cuotas de autónomos segundo rendementos e melloras dalgunhas deducións e outros que se van introducir como os da factura electrónica, Sistema de franquías para autónomos e outras que requiren unha información e asesoramento previo a súa implantación.
En Asesoría Bieito levamos 35 anos traballando dun xeito personalizado cos nosos clientes, cunhas oficinas en Ourense onde prestamos servizos a empresas de todo Galicia e un equipo formado por 15 profesionais.