SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS 2025

Publicaronse as subvencións do ano 2025 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial cun mínimo do 50% de xornada. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. O responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 7.500 a 14.400 euros para primeira contratación, ou 9.000 a 17.600 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación.
Estas subvencións terán un custo inicial para a tramitación, e outro custo cando sexa concedida, custos que deberán ser informados cando nos encarguen a súa tramitación.

image_pdfimage_print

SUBVENCIONS AUTONOMOS 2025

O venres sairon as subvencións de autónomos nas modalidades seguintes:

  1. Contratación polo autónomo dos primeiros traballadores.
  2. Alta de autónomos dende 01-10-2024.
  3. Bono autónomo.
  4. Relevo da actividade de autónomo
  5. Conciliacion de traballadores autónomos
  6. Nova oportunidade para altas de autónomos.
    O prazo para a presentaciónda da maioría delas abrese o 24 de xaneiro ata 30 de setembro do 2025, e polo tanto nestes días iremos informando parcialmente de cada unha delas.
image_pdfimage_print
Contacta