AXUDAS PARA A CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS 2025

No día de hoxe sairon as axudas da Xunta que van dirixidas ás empresas que contraten persoas menores de 30 anos desempregadas mediante contratos de formación en alternancia ou contratos para o obtención da práctica profesional, tanto para novas contratacións como as feitas dende o 16 de outubro de 2024 ata o 15 de outubro de 2025. A duración deberá ser como mínimo de 12 meses e a xornada completa. Estas axudas consisten nun incentivo pola contratación que pode ir dende 9.975 euros ata 16.625 euros segundo o grupo de cotización do traballador.

Estas axudas estarán vixentes ata o 30 de setembro de 2025.

image_pdfimage_print

PROTECCION DA SAÚDE FRONTE O GAS CANCERÍXENO RADÓN

Poñémonos en contacto con vostede para informarlle dunha nova obrigatoriedade estabrecida polo Consello de Seguridade Nuclear mediante a Instrución IS-47, de 9 de abril de 2025.
Segundo esta instrución, a partires do 2 de maio de 2025 tódolos centros de traballo situados en planta baixa ou en sotos por debaixo do nivel do chan deberán dispoñer dun informe técnico que avalíe a exposición ao gas radon nas súas instalacións. No caso de superarse os niveis estabrecidos, deberán adoptarse medidas correctoras.
O radon é un gas radioactivo natural que pode acumularse en espazos pechados e representar un risco para a saúde das persoas traballadoras. Esta medida busca garantir condicións laborais seguras e salubres.
Recomendámoslle que verifique se o seu centro de traballo se atopa nas condicións descritas. De ser así, deberá contactar co seu servizo de prevención, ou ben cun laboratorio acreditado coa norma UNE-EN ISO/IEC 17025, que poida realizar a medición do radon e emitir o correspondente informe que deberá estar a disposición dos traballadores, das autoridades sanitarias e da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS).

image_pdfimage_print

FIANZA ALUGUERES

Volvemos RECORDAR aos clientes que teñen ALUGUERES (tanto de LOCAIS como de VIVENDAS), que teñen a OBRIGA de DEPOSITAR A FIANZA na Consellería de Vivenda. A Administración ten información dos alugueres que se declaran e comeza a sancionar aos ARRENDADORES que non fixeran o depósito da fianza. A sanción pode ascender o DOBRE da cantidade a depositar (no caso de vivendas 1 mes da cantidade do aluguer e no caso de locais 2 meses).

image_pdfimage_print

ACTUALIZACION CAMBIO CNAE 2025

A Seguridade Social está a enviar comunicacións a tódolos autónomos que actualmente se atopan en alta, así como aquelas empresas que contan con CCC por ter traballadores por conta allega, con motivo da actualización do novo CNAE 2025.

Informámoslle de que esta xestión será feita directamente dende a asesoría, polo que non é necesario que fagan ningún trámite nin que nos reenvíe estes correos.

Seguimos á súa disposición para calquera outra consulta.

image_pdfimage_print

BONO ACTIVA RURAL

Publicada a convocatoria deste Bono de 18.000 euros e hai de prazo ata o 31 de maio do 2025.
Requisitos darse de alta como Autónomo e no RETA, e estar localizados no ámbito e estratéxia dunGrupo de Desembolvemento Rural (GDR) que non estiveran dados de alta na mesma actividade nos tres anos anteriores, e se manteña de alta durante cinco anos.
A xestión da documentación é ampla e a aprobación está en función da estratéxia do GDR que corresponda.
Os interesados que se poñan en contacto con nós e informaremos dos demáis requisitos, do GDR que corresponda e dos custes.

image_pdfimage_print
Contacta