Poñémonos en contacto con vostede para informarlle dunha nova obrigatoriedade estabrecida polo Consello de Seguridade Nuclear mediante a Instrución IS-47, de 9 de abril de 2025.
Segundo esta instrución, a partires do 2 de maio de 2025 tódolos centros de traballo situados en planta baixa ou en sotos por debaixo do nivel do chan deberán dispoñer dun informe técnico que avalíe a exposición ao gas radon nas súas instalacións. No caso de superarse os niveis estabrecidos, deberán adoptarse medidas correctoras.
O radon é un gas radioactivo natural que pode acumularse en espazos pechados e representar un risco para a saúde das persoas traballadoras. Esta medida busca garantir condicións laborais seguras e salubres.
Recomendámoslle que verifique se o seu centro de traballo se atopa nas condicións descritas. De ser así, deberá contactar co seu servizo de prevención, ou ben cun laboratorio acreditado coa norma UNE-EN ISO/IEC 17025, que poida realizar a medición do radon e emitir o correspondente informe que deberá estar a disposición dos traballadores, das autoridades sanitarias e da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS).