🧾 Cambios na facturación dende o 29 de xullo: obrigatorio adaptarse aos RR.SS.I.F. e Veri*Factu

A partir do 29 de xullo de 2025, entran en vigor as novas obrigas establecidas polo Regulamento dos Sistemas de Facturación (RR.SS.I.F.), en desenvolvemento da Lei 11/2021, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.

Este cambio afecta a todas as empresas e autónomos que emiten facturas mediante programas informáticos, que deberán cumprir unha serie de requisitos técnicos e legais co obxectivo de garantir a integridade, conservación e trazabilidade dos rexistros de facturación.

Principais novidades:

✅ Obriga de xerar un rexistro de facturación para cada factura emitida.
✅ Os rexistros deben incluír un encabezado de integridade (hash) que impida modificacións posteriores.
✅ A opción de remisión voluntaria e inmediata á AEAT mediante o sistema Veri*Factu.
✅ O software debe cumprir cos requisitos establecidos pola normativa, e poderá estar sometido a verificación por parte da Administración.

Que é Veri*Factu?

Veri*Factu é un sistema que permite enviar directamente á Axencia Tributaria os rexistros de facturación en tempo real. Aínda que de momento é opcional, acollerse a este sistema pode facilitar o cumprimento normativo e achegar transparencia.

Estás preparado/a?

É fundamental que revises o teu programa de facturación e verifiques que está adaptado ao novo regulamento. Dende a nosa asesoría, axudámosche a comprobar o cumprimento da normativa e a actualizar o teu sistema para evitar sancións.

🔗 Máis información oficial en Wolters Kluwer – Lei Antifraude e facturación

image_pdfimage_print

ADMINISTRADOR SOCIEDADE MERCANTIL

Como Administrador dunha Sociedade mercantil debe de saber que:
1º.-Que vostede e no caso de que haxa máis administradores, eles tamén, van facer constar que celebra a Xunta Xeral da Sociedade de aprobación de Contas Anuais e reparto de Resultados do 2024 con data 30 de xuño do 2025. Salvo si vostedes xa estableceron ou celebrarón a Xunta noutra data.
E polo tanto, vostedes son responsables das obrigas que adquiriron especialmente cos socios da sua sociedade da celebración e acordos de xuntas, nas sinaturas de actas das contas anuais, e polo tanto das responsabilidades mercantiles que se poidan derivan e das que vostedes deben de verificar e asumir a todos os efectos, evitando que lle poidan responsabilizar de falsedade de documento mercantil.
As Sociedades Civiles, Comunidades de Bens e Asociacións non presentan Contas Anauais no Rexistro.
2º.-Entre o dia 1 e 28 de Xullo presentamos o Imposto de Sociedades do 2024 que no caso de que sexa positivo cargaranllo en conta o dia 28 deste.
3º.-Recordamos que os que son Administradores da sociedade certifican que se celebrou Xunta Xeral extraordinaria o dia 30 de xuño do 2025, e na que en todo caso se dice que asistiron todos os socios que asinaron no libro de Actas ou listado de asistentes e foron aprobadas por unanimidade, salvo aqueles que xa lle consta que a celebraran noutras datas e cos asistentes e aprobación que se deixaron recollidas nas actas.
4º.-Tamén se presentarán no prazo de 30 dias dende a súa aprobación as Contas Anuais do 2024, na que se certifica que foron asinadas por todos os administradores e que foron aprobadas incluso co acordo de reparto de resultados.
Para calqueira dúbida póñanse en contacto con Nós.

image_pdfimage_print

NOTIFICACIONS SEGURIDADE SOCIAL ALTAS E BAIXAS TRABALLADORES

A Seguridade Social comezou a enviar notificacións automáticas ás empresas cada vez que se tramita unha alta ou baixa dun traballador. Trátase dun sistema informativo para que estén ao tanto dos movementos na súa empresa.

Non é necesario facer nada con estas notificacións, xa que desde a asesoría seguimos xestionando as altas e baixas de forma habitual e non cambia ningún procedemento para vostedes.

Seguimos á súa disposición para calquera outra consulta.

image_pdfimage_print
Contacta