30-12-2021 INFORMACION RESTRINCIONS HOSTLERIA
A Xunta publicou onte a última hora as novas medidas de restrincións que entran en vigor mañá 31 de decembro as 0:00 horas e ata o 18 de xaneiro do 2022.
*HOSTELERIA E RESTAURACION*
Hora de peche noitevella, venrés e sábados a 01,00 horas e non poderán abrir o dia 1 de xaneiro ata as 9,00 horas. No resto dos dias hora de peche as 00:00 horas.Obrigatoriedade de presentar certificado Covid ou probas para acceder a estes establecementos a todas as horas, e non só a partir das 21:00.Manter o aforo nas mesas de 8 persoas no interior e 10 no exterior.Non se pode consumir nas barras dos establecementos.
*OCIO NOCTURNO* (Discotecas, pubs, salas de festas, cafés-espectáculos-concerto) Poderán elexir entre:
*a)* pechar os dias 30-31-1-2 e recibir subvencións a solicitar en xaneiro e con previsión de cobro en febreiro en función dos m2 do local.Máis detalle que lle enviamos na mensaxe individual os afectados.
*b)* Ou abrir ata as 03:00 horas todos os dias.
O resto dos dias poden abrir unhos e outros ata as 03:00 ca obrigatoriedade do certificado covid e máscaras e manteñemento de distancia de seguridade.
“TOQUE DE NON QUEDA”
Limitación de reunión entre persoas non conviventes entre as *3:00 e 6:00 horas* en espazos públicos(rúas) nen privados(casas ou establecementos), salvo as excepcións habituais, pendente de aval xa solicitado ao TSXG.
-Cambiase a 7 dias os confinamentos das persoas infectadas ou contacto con estas de covid.