O próximo 26 de decembro de 2025 Ourense estreará oficialmente a súa Zona de Baixas Emisións, unha medida que marcará un antes e un despois na mobilidade urbana da cidade.
⛔ Ámbito de vixilancia
A ZBE abranguerá o perímetro interior formado polas seguintes rúas: Habana, Emilia Pardo Bazán, Pena Trevinca, Coruña, Progreso e a praza de Concepción Arenal. O contorno destas vías delimita o chamado “almendra central”, onde se controlará o acceso con cámaras.

🔎 Quen pode circular?
- Terán libre acceso os vehículos con distintivos DGT 0, ECO, C e B.
- Non poderán entrar os coches sen etiqueta, é dicir, de gasolina anteriores ao ano 2000 nin os diésel matriculados antes de 2006.
- Haberá excepcións para:
- persoas residentes na ZBE,
- persoas con mobilidade reducida,
- forzas de seguridade,
- vehículos de carga e descarga en horarios permitidos,
- coches sen etiqueta que accedan a aparcadoiros dentro da zona.
🚶♀️ Peonalización simultánea
Xunto á ZBE, entrarán en vigor peonalizacións permanentes nalgúns tramos de vías do centro (Concordia, San Francisco, Arturo Pérez Serantes, Xoaquín Lorenzo “Xocas”, Teluro, Avenida de Buenos Aires ata Bedoya, e de Bedoya ata Ramón Cabanillas).
⏳ Fases e sancións
- 26 decembro 2025: Comeza o control, en modo informativo.
- 1 xaneiro 2026: Eliminación definitiva da zona azul (ORA) no contorno da ZBE.
- 1 xullo 2026: Inicianse as sancións, con multas entre 100 € (pago inmediato) e 200 € en caso de impago, para vehículos non autorizados.
- Xaneiro 2029: Segunda fase de restricións, ampliación da ZBE a novas rúas (Concejo, Juan XXIII, Curros Enríquez ata Habana).
📢 Sensores e información ao cidadán
Para garantir unha boa vixilancia ambiental, o Concello investiu preto de 774.000 € en sensores de calidade do aire e ruído, cámaras de acceso e unha ampla campaña de comunicación, financiadas por fondos “Next Generation EU”. Ademais, habilitarase unha Oficina de Atención á Cidadanía para resolver dúbidas.
✅ Para máis info: Concello de Ourense

