Unidade de inspeccion especial da AEAT

A AEAT puxo en marcha unha unidade especial de Inspección e control das empresas, podendo personarse nestas, entrando nos domicilios sociais, solicitando información e documentanción e incluo intentando outelas eles directamente dos soportes informáticos dos ordenadores da empresa. Polo tanto, debese ter a información ordenada e axeitada nos equipos informáticos das empresas e evitar que nestes haxa información persoal ou outro tipo de información que pode ser requisada pola AEAT. Iste procedemento está regulado e poden levalo acabo sempre e cando actuen axeitadamente.

25 anos acompañando a empresa do país

Iste ano cumprimos 25 anos prestando servizos aos clientes que como vostedes confiaron en Nós. 25 anos asesorando e xestionando as súas empresas e negocios cun equipo dunha ducia de profesionais coñecidos que intentamos facer máis fácil o cumprimento das súas obrigas legais.

Aproveitaremos iste aniversario para convertelo nun reto que mellore a nosa solvencia profesional e prestémoslle máis e mellores servizos para que vostedes sigan confiando en Nós. Moitas grazas!

Subvencions para apertura de novos establecementos comerciais

Destinadas a mellora da imaxen exterior, a adquisición de mobiliario e equipamento adicado a actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta, quedando excluidos equipos informáticos, impresoras, televisores, monitores, alarmas e semellantes, podendo alcanzar o 50% do investimento, cun máximo de 20.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de xuño.

Contacta