MODELO 145: RETENCIONS DOS TRABALLADORES

Este mes remítese por correo electrónico o modelo 145, que debe ser entregado ós traballadores para que o lean con antención e cubran correctamente os datos que se solicitan. Unha vez asinado deben remitilo a maior brevidade posible ó departamento laboral para que podamos faguer o correcto cálculo das retencións nas nóminas.

A ter en conta: a inclusión de datos falsos, incompletos ou inexactos na comunicación de datos o pagador, así como a falta de comunicación de variacións nos mesmos o longo do ano que, de haber sido coñecidas polo pagador, determinasen unha retención superior, constitue unha infracción tributaria sancionable con multa do 35% ó 150% das cantidades que se deixaron de reter por esta causa. (artígo 205 da Ley 58/2003, do 17 de decembro)

OFERTA DE SERVIZOS DE ASESORÍA FISCAL, CONTABLE, LABORAL E XESTORÍA

Neste mes de xaneiro estanse rematando as contabilidades e liquidacións do exercicio 2024 e pode ser un bo momento para revisar e replantexar os servizos de asesoría fiscal, contable, laboral e de xestoría para o 2025.

Este ano 2025 vai ser de cambios lexislativos e algúns xa están aprobados como a baixa de tipos impositivos de sociedades, cuotas de autónomos segundo rendementos e melloras dalgunhas deducións e outros que se van introducir como os da factura electrónica, Sistema de franquías para autónomos e outras que requiren unha información e asesoramento previo a súa implantación.

En Asesoría Bieito levamos 35 anos traballando dun xeito personalizado cos nosos clientes, cunhas oficinas en Ourense onde prestamos servizos a empresas de todo Galicia e un equipo formado por 15 profesionais.

NOVEDADES FISCALES PRINCIPALES PARA 2025

1.Baixada do 10% ao 4% os iogures.
2.-Desaparecen as reducións de iva os alimentos básicos,salvo aceite de oliva ao 4%. E o iva da electricidade sube ao 21%.
3.-Imposto de Sociedades: as micro empresas(<1.000.000 de facturación) tributaran o 21% ata 50.000 de Resultados e o 22% polo resto. As empresas de Reducida dimensión (< 10.000.000 de facturación) tributaran o 24%.
4.-Aumenta o importe a 2.500 euros do segundo pagador para estar obrigado a declarar o IRPF.
5.-Exención para os traballadores perceptores de doazóns privadas os afectados da Dana.
6.-As devolucións da Renda para os Mutualistas teran que vovlerse solicitar no 2025 as do exercicio 2019.
7.-Máis de deducións para os que fagan reservas de fondos propios (ata 30%) e só se teñen que manter tres anos.
8.-Prorroganse as deducións por investimentos para eficiencia enerxética das vivendas, así como para coches eléctricos e puntos de carga destes.
9.-Redución do 30% dos ingresos extraordinarios dos artistas.
10.-Subida de impostos do tabaco, cigarillos electrónicos, vaporizadores.
11.- Mellora na compatibilidade da pensión de xubilación activa co traballo, xa sexa por conta allea ou propia, a partires do 1 de abril.
12.- A escala de aforro para cantidades superiores á 300.000 euros pasa do 28% ao 30%.

Feliz 2025!
ASESORIA BIEITO

SERVIZO DE VALIXA NA LIBRERÍA ALICIA DE MACEDA

Queremos informarvos que a partir do día 2 de xaneiro  os clientes da zona de Maceda podedes utilizar a Librería Alicia de Maceda, sitia na praza de Alcatruz, nº 6 para enviarnos documentos e facturas para oficina e recoller os que vos enviemos a vos no horario de 9:30 á 13:30 todos os días da semana e de 17:00 á 20:00 de lúns a venres.

Tamén se poderán escanar documentos para enviar e recibir ficheiros para imprimilos.

Esperamos que este servizo de valixa faciliten os envíos  cas nosas oficinas!

NOVEDADES FISCALES PRINCIPALES PARA 2025

As normas aprobadas nestes días de decembro e as modificación nos prazos previstos das xa existentes son esquemáticamente as seguintes:

1.-Baixada do 10% ao 4% da leite fermentada e iogures (algúns supermercados xa o adiantaron dende o 24 de decembro)
2.-Desaparecen as reducións de IVA os alimentos básicos , o que estaba o 2% pasa o 4%, e o que estaba o 7,5% pasa ao 10%, salvo o aceite de oliva que se  fixa de xeito permanente ao 4%. O IVA da electricidade que estaba ao 10% pasa ao 21%.
3.-Imposto de Sociedades: as micro empresas (<1.000.000 de facturación) tributaran o 21%  ata 50.000 de Resultados , e o 22% polo resto, e as empresas de reducida dimensión (< 10.000.000 de facturación) tributaran o 24%, e as de nova creación e cooperativas protexidas ao 12%. Estes tipos reduciranse no 2026 e seguintes anos  ata chegar ao 17% e 20%.
4.-Aumenta o importe a 2.500 euros do segundo pagador para estar obrigado a declarar o IRPF.
5.-Exención  para os perceptores de doazóns privadas os afectados da Dana.
6.-As devolucións da Renda para os Mutualistas que se solicitaron no 2024 quedan suspendidas, e terán que volverse solicitar entre o 2025 e 2028 para cada exercicio entre o 2019 e 2022.
7.-As sociedades que fagan Reservas de capitalización poderán ter máis deducións do imposto o que poderá ser máis beneficioso.
8.-Prorróganse as deducións por investimentos para eficiencia enerxética das vivendas, así como para coches eléctricos e puntos de carga destes.
9.-Redución do 30%  dos ingresos extraordinarios (130% da media dos últimos  3 anos) dos artistas sexan rendementos de traballo ou actividades económicas.
10.-Subida de impostos do tabaco, tamén para cigarillos electrónicos e vaporizadores e medidas contra o fraude dos hidrocarburos, así como imposto complementario mínimo do 15%, así como o novo imposto a banca sobre marxes de interese e comisión e novo RD de imposto enerxético que se terá que convalidar en xaneiro.
11.- Mellora na compatibilidade da pensión de xubilación activa co traballo, xa sexa por conta allea ou propia, a partires do 1 de abril, eliminándose o requisito de ter unha carreira de cotización completa, pero cambiando as porcentaxes da pensión, que irá do 45%, cando a demora sexa 1 ano, ata o 100% da pensión si a demora é de 5 ou mais anos, podendo incrementarse ata o 75% si se ten contratado persoal cunha antiguedade mínima de 18 meses, ou se contrata un novo traballador que non tivese vínculo laboral nos 2 anos anteriores ó inicio da xubilación activa. En todo caso, os que cumpran os requisitos pola actual regulación poderanse seguir acollendo ata o 31 de marzo.
12.- A escala de aforro para cantidades superiores á 300.000 euros pasa do 28% ao 30%.
13.-Aprobanse novas medidas para que a AEAT oferta unha  Solución pública de facturación electrónica, e os empresarios que non utilicen estas estarn obrigados a enviar simultaneamente copia das facturas  a Solución pública nos termos que se recolla regulamentariamente, o que vai supor un retraso a factura electrónica que non será obrigatoria ata o ano 2026.

¡Feliz ano 2025!

REGULARIZACION ANUAL BASES DE COTIZACION E CUOTAS AUTONOMOS 2023

A Seguridade Social está procedendo a efectuar a regularización anual correspondente ó exercicio 2023 das bases de cotización e cuotas ingresadas polos autónomos segundo o novo sistema de cotización, polo que está a enviar comunicacións a aqueles autónomos que cotizaron por unha base superior a que lle correspondería polos seus rendementos facilitados pola Axencia Tributaria, dandolle a posibilidade de manter dita base sempre ata o límite que tiveran en decembro de 2022, polo que, entendemos que vostedes queren manteñer ditas bases a efectos de melloras de futuras prestacións. Nese caso procederemos antes do 31 de xaneiro a facer a solicitude no seu nome para manter a sua base de cotización actual.

Pola contra, si o seu desexo é baixar a base segundo os cálculos que fai a Administración, nese caso deben poñerse en contacto con nós para que non fagamos ningún tramite ó respecto, e será a administración a que de oficio procederá as devolución das cantidades que poidan corresponder quedando estas bases como definitivas.

Irémolos informando sobre aquelas novas que se vaian producindo.

DEREITO DE INDEMNIDAD DOS TRABALLADORES

Con data de hoxe, entra en vigor a nova modificación do dereito de indemnidad que recolle a  disposición adicional 3ª da Ley do Dereito á Defensa (LO 5/2024, 11 nov), que prohíbe calquer tipo de represalia por parte da empresa contra o traballador/a que houbera exercido ou disfrutado dos seus dereitos laboarais, ou que presentara unha reclamación xudicial ou administrativa contra a empresa, declarando expresamente nulas as decisions do empresario si se comproba que se violou esa garantía, coa conseguinte readmisión do traballador ó seu posto de traballo, así como unha indemnización por danos e perxuizos.

MEDIDAS A ADOPTAR NESTE MES DE DECEMBRO PARA AXUSTAR IRPF 2024

1.- Amortización anticipada de préstamos hipotecarios para vivendas habituais polas que estean deducindo e non chegan a 9.040 euros.

2.- Aportación a plans de pensións existentes ou novos dentro dos límites e requisitos para que o contribuínte aproveite maior deducibilidade. Así como aportacións a plans de pensións do cónxuxe si cumpre os requisitos.

3.- Facer donativos  a entidades con recoñecemento de interese Social.

4.-Deducións do 20%, 40% ou 60% en inversións nas vivendas por eficiencia enerxética e do 15% en vehículos eléctricos e enchufables  e en puntos de carga para estes.

5.- Manter o  contrato  de arrendamentos de vivenda daqueles realizados con  anterioridade ó 26/05/2023, para que se poida manter redución dos rendementos do 60%.

6.- Transmisións de vivenda habitual ou outras para contribuíntes maiores de 65 anos xa que poden quedar excluídas de tributación.

Son estas as máis significativas, pero en todo caso póñase en contacto con Nós por medio da súa Responsable para maior información.

Contacta