Con data de hoxe, entra en vigor a nova modificación do dereito de indemnidad que recolle a disposición adicional 3ª da Ley do Dereito á Defensa (LO 5/2024, 11 nov), que prohíbe calquer tipo de represalia por parte da empresa contra o traballador/a que houbera exercido ou disfrutado dos seus dereitos laboarais, ou que presentara unha reclamación xudicial ou administrativa contra a empresa, declarando expresamente nulas as decisions do empresario si se comproba que se violou esa garantía, coa conseguinte readmisión do traballador ó seu posto de traballo, así como unha indemnización por danos e perxuizos.
Autor: Asesoría Bieito
MEDIDAS A ADOPTAR NESTE MES DE DECEMBRO PARA AXUSTAR IRPF 2024
1.- Amortización anticipada de préstamos hipotecarios para vivendas habituais polas que estean deducindo e non chegan a 9.040 euros.
2.- Aportación a plans de pensións existentes ou novos dentro dos límites e requisitos para que o contribuínte aproveite maior deducibilidade. Así como aportacións a plans de pensións do cónxuxe si cumpre os requisitos.
3.- Facer donativos a entidades con recoñecemento de interese Social.
4.-Deducións do 20%, 40% ou 60% en inversións nas vivendas por eficiencia enerxética e do 15% en vehículos eléctricos e enchufables e en puntos de carga para estes.
5.- Manter o contrato de arrendamentos de vivenda daqueles realizados con anterioridade ó 26/05/2023, para que se poida manter redución dos rendementos do 60%.
6.- Transmisións de vivenda habitual ou outras para contribuíntes maiores de 65 anos xa que poden quedar excluídas de tributación.
Son estas as máis significativas, pero en todo caso póñase en contacto con Nós por medio da súa Responsable para maior información.
CAMPAÑA REGULARIZACION ANUAL 2023 CUOTAS AUTONOMOS SEGURIDADE SOCIAL
A Seguridade Social vai a proceder a iniciar a campaña de regularización anual do exercicio 2023 do novo sistema de cotización dos autónomos que estiveron en alta nalgún momento do ano, coa finalidade de que as bases de cotización e as cuotas ingresadas nese período estén basadas nos rendementos anuais obtidos no exercicio de tódalas súas actividades. Para elo, nos vindeiros días vai a dar comenzo a comunicación masiva por parte da Administración a tódolos autónomos, ben sexa a través do seu autorizado red, que no seu caso seremos nós sempre e cando nos teñan como autorizados, ou a través do seu correo electrónico sempre que conste na base de datos da Seguridade social, polo que insistimos que deben estar atentos a calquera canle de notificación que reciban a cal nos deben faguer chegar para darlle o trámite que corresponda.
POSIBLES FRAUDES NAS NOTIFCACIÓNS E PAGOS
NOTIFICACIÓNS: Están chegando por correo electrónico notificacións fraudulentas nas que usan o nome da AEAT e doutras Administracións dando un prazo curto e en horas, solicitando información. Non accedan a estes enlaces e si teñen contratado con Nós as Notificacións da AEAT non abran nen sequera fai falla que nolas envíen. Bórrenas!
PAGO DE FACTURAS: Está dándose fraudes nos pagos de facturas, sobre todo por transferencias, que foron intervidas nos Correos e no que cambian a conta bancaria de pago do provedor ou cliente por outra que non é correcta.
Deben de verificar estas contas antes de proceder o pago, utilizando un medio con garantías para comprobar que é a conta é correcta: contrastando a conta presencialmente, por teléfono, por outro medio seguro electrónico, tendo certificados e xustificantes das titularidades das contas e calqueira outro medio de comprobación.
O mesmo tempo informar e acreditar os clientes os medios de cobros que son válidos, enviándolle xustificantes, e advertíndoos de que fagan as comprobacións pertinentes para evitar ser víctimas distes fraudes que aparte do perxuicio económico xenera unha incomodidade reputacional cos clientes.
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.
O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención xa que nós non podemos faguer dita comprobación, así como que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente.
TIPOS DE IVA A PARTIR DE OUTUBRO 2024
Os alimentos básicos incluido o aceite de oliva pasan do 0% ao 2%, e o Recargo de Equivalencia é do 0,26%, e para o 2025 O IVA será ó 4% de xeito permanente.
Os aceites de semillas e pastas alimenticias pasa do 5% ó 7,5%, e Recargo de Equivalencia do 1%, para o 2025 pasan o tipo reducido do 10%.
Gráfico Resumindo estos cambios.
Real Decreto-lei 4/2024 do 23 de xuño.BOE 27-6-2024.
AXUDAS A INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS (ata 10/10)
Investimentos en activos fixos como maquinaria, bens de equipo, Software e hardware para solucións tecnolóxicas. Executable dende xaneiro a 10 de decembro.
Investimento mínimo 40.000. Subvención ata 40%, máximo 300.000€.
AXUDAS PLAN EMEGA-EMPRENDEMENTO FEMININO (ata 27/09)
Poderán ser beneficiarias as empresas formadas por mulleres, agás autónomas familiares colaboradoras, que iniciaran a actividade no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de fin de prazo de presentación de solicitudes. Cando se trate de empresas de tipo societario, a administración ten que ser exercida exclusivamente por mulleres, e o capital social estar maioritariamente suscrito por mulleres no caso de pequenas empresas, e íntegramente suscrito cando se trate de microempresas.
O Plan Emega comprende as seguintes liñas de axuda:
Líña Emprende: Creación empresas por mulleres desempregadas durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos de alta como autónoma. Importe dende 10.000 euros ata 22.000 euros segundo emprego a manterse durante un período de 18 meses.
Liña Activa: Empresas de mulleres con proxecto de reactivación para manter emprego de promotoras e empregadas. Podendo ir de 8.000 á 17.000 euros
Líña ITEF( Innovador e investigación e Tecnoloxía) de 18.000 á 42.000 euros.
Líña Concilia: compatible cas anteriores que pode ser de 3.000 á 5.000.
Máis información contactar con D. Laboral laboral@bieito.com
