27-04-2022 PROTOCOLO DE ACOSO

A normativa en materia de igualdade establece a obriga de tódalas empresas de elaborar un protocolo de prevención de acoso sexual ou por razón de sexo, tamén chamado “Protocolo de Acoso” con independenza do número de traballadores ou do convenio colectivo de aplicación, que articule as medidas necesarias de prevención frente o acoso sexual ou por razón de sexo, establecendo un canal confidencial, rápido e acesible para xestionar as queixas ou denuncias no ámbito interno da empresa, así como o procedemento a seguir no caso de que aconteza.

Nestes días, moitos centros de formación están a contactar coas empresas para ofertarlles este servizo, a través do correspondente crédito de formación da FUNDAE co que contan anualmente tódalas empresas, si ben ainda que se trata de empresas que están acreditadas oficialmente para impartir dita formación,  moitas delas soamente lles darán a formación necesaria para que posteriormente sexan vostedes os encargados de elaborar dito protocolo, polo que aconsellámoslles que contacten co seu servizo de prevención, para que sexan eles os encargados de implantar as medidas necesarias en función do tamaño da súa empresa e garantirlles o cumprimento da obriga, podendo contar igualmente coa correspondente bonificación por formación continua.

Campaña da Renda 2021

Si vostede fixo a renda do 2020 con Nós, seguro que xa lle chegou un SMS, para informálos que nos vamos por en contacto con vostedes o longo destes tres meses para facerlle a renda do 2021. e, por eso non fai falla que veñan polas nosas oficinas, nin quenos chamen. En todo caso recomendamos que esperen a que a AEAT acaben de incorporar algunhos datos para evitar incidencias e para que aclare algunhos dúbidas.

Si vostede quere facer a renda pro primeira vez con Nós, chame a tno 988 253588 e xa lle informaremos como ten que proceder e intentaremos que non se teña que desprazar salvo que sexa necesario.

31-03-2022 AXUDAS O TRANSPORTE PUBLICADAS NO BOE


Aparte da bonificación de 20 céntimos por litro do conbustible que entra en vigor mañá venres e, en principio, ata o 30 xuño para todo consumidor , tamén se aprobaron unha chea de medidas que iremos informando os beneficiarios e afectados directos.
Empezamos polas axudas directas para os transportistas profesionais de mercancias e viaxeiros:
-Camións: 1.250 €
-Furgonetas: 500 €
-Autobus: 950€
-Taxi: 300€
Tramítanse por medio da AEAT ata o 30 de abril e cando se habilite as solicitudes na páxina Web. Estas empresas non poderán xustificar despidos obxectivos basados nos custes enerxéticos. Iremos contactando e informando a cada cliente beneficiario os requisitos e condicións para solicitala na medida en que vaia habilitando o sistema a AEAT.Axudas o abandono do transportes de autónomos de avanzada edade.

Aprazamento do pago das cuotas da Seguridade Social
As que se devengen entre abril e Xullo de empresas ou que se devengen entre maio e agosto de autónomo de transportes urbán e por estrada deberan solicitarse nos primeiros 10 dias de cada mes e aplicaraselle un tipo de xuro do 0,5%. Si están interesados nestes aprazamentos deben de comunicalo con suficiente antelación para tramitalos.

AVALES ICO
Para agricultura, gandeiría, pesca e transportes que tiveran créditos avalados polo ICO e que o periodo de carencia vencía neste segundo trimestre poderan ampliarse ata o terceiro, así como os prestamos concedidos polo covid-19 poderán ampliarse sin necesidade de a facturación caiga o 30%,e temán se aproban novas líneas de avales de crédito ICO. Todo esto deberán xestionalo cas suas entidades de crédito.
Aprobaronse outras medidas de apoio o sector primario e a industria que é gran consumidora de enerxía.

28-03-2022 REFORMA LABORAL 2022

O vindeiro 30 de marzo entra en vigor as novas normas de contratación que quedan reflictidas na reforma laboral publicada o 30 de decembro do 2021, e despois de esgotar o período transitorio que contemplaba para ir adaptando os contratos temporais, recordámoslle que a partires desa data tódalas contratacións se presumirán concertadas por tempo indefinido para garantir a estabilidade no emprego e reducir deste xeito a temporalidade no mercado laboral, polo que desaparace o contrato de obra ou servizo determinado, redifínese o contrato de duración determinada de maneira que soamente poderá empregarse para resolver necesidades laborais específicas e limitadas no tempo (como pode ser a de cubrir as vacacións anuais dos empregados),   pontenciase o contrato fixo discontinuo e acurtánse os prazos dos contratos formativos.

Polo tanto, o modelo estándar de contratación será o contrato indefinido e a Inspección de Traballo vixiará que as empresa cumpran con esta premisa, pois aquelas que realicen contratos temporais sin causa xustificada que así o esixa poderán enfrentarse a fortes sancións.

13/02/2022SUBIDA SALARIO MINIMO INTERPOFRESIONAL 2022

Con data de hoxe 13/02/22 publicouse a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2022, situándose en 1.000 euros brutos mensuais en 14 pagas, o que supón un salario de 14.000 euros brutos anuais.

Esta subida ten efectos retroactivos con data do 01 de xaneiro, polo que aqueles salarios que están por debaixo deste xa van ir actualizados nas nóminas de febreiro, quedando pendente de regularizar os salarios que se abonaron en xaneiro e que se procederá a faguelo no vindeiro mes. Esta medida terá como consecuencia a correspondente subida das bases de cotización mínimas na mesma proporción, quedando polo tanto en 1.166,67 euros mensuais.

21-02-2022 REXISTRO RETRIBUTIVO ANUAL

Dende o 14 de abril do 2021 tódalas empresas, con independenza do número de perosas traballdoras, están obrigadas a levar anualmente un rexistro salarial desagregado por xénero e categoría profesional, todo elo a efectos de dar cumprimento co establecido no Real Decreto 902/2020 para faguer efectivo o dereito á igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres en materia retributiva, polo que aquelas empresas nas que o ano pasado nos encargamos de elaborar dito rexistro,  o longo do vindeiro mes xestionaremos o correspondente ó exercicio 2021, a non ser que nos indiquen expresamente o contrario. Pola contra aquelas outras, ben sexa porque non estiven obrigadas nese ano por non ter traballadores ou porque non o fixemos nós, e que estén interesadas deberán poñerse en contacto coa súa responsable laboral para confirmarnos a súa tramitación.

17-02-2022 DÉBEDAS DO CONCELLO CO SEU NEGOCIO/EMPRESA

Na lei de orzamentos do Estado para 2022 aprobouse un procedemento de pago a proveedores con débedas anteriroes ao 1 de xullo do 2021 e para aqueles concellos que superen os 30 dias  o periodo medio de pago a proveedores e teñen de prazo ata o 25 de febreiro para comprobar si estan incluidas as facturas que lles deben e si non reclamar o concello para que as incluian e poder acollerse as site procedemento de cobro.

Suxerimos que si están no caso e están interesados dirísanxe os Concellos que lle deben e infórmese de cómo están as suas débedas, ainda que tamén o poden facer co seu certificado dixital directamente na plataforma da AEAT :

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/todas-gestiones/otros-servicios/financiacion-autonomica-local.html

Dende Asesoria non podemos darlle máis información nen realizar xestións e trámites para iste procedemento de pago das debedas do Concello.

14-02-2022 CALENDARIO LABORAL ANO 2022

A empresa ten a obriga de insertar no taboleiro de anuncios ou no medio habilitado para os seus efectos, o calendario laboral e o cadro horario da empresa a disposición dos seus traballadores, polo que este mes remítese por correo electrónico o calendario laboral para o ano 2022.
O incumprimento de dita obriga levará aparellada unha sanción de entre 70 e 150 euros no caso dunha inspección de traballo.

Contacta