A Inspección de Traballo está realizando unha campaña en materia de prevención de riscos laboráis a tódalas empresas dende comenzos de xaneiro en toda a provincia de Ourense, polo que lembramoslle unha vez mais a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.
O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención e que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente, e no caso de non contar con ela deberán tramitar a obriga con urxencia.
Read more
Dentro do primeiro paquete de medidas impulsado polo goberno para 2024 encontramos novedades en materia laboral como:
-Obriga de cotizar polos becarios en prácticas a partires do 01 de xaneiro de 2024 tanto si se trata de prácticas remuneradas ou non.
-As empresas poderán bonificar os contratos de interinidade celebrados para sustituir as persoas traballadoras en situación de risco durante o embarazo así como os descansos por maternidade ainda que se trate da mesma persoa sustituta.
-Aumento do MEI (Mecanismo de Equidad Intergeneracional para garantir as pensións) dun 0,6% a un 0,7% tanto para empresas (0,58% empresa e 0,12% traballador) como para autónomos.
-Os traballadores poderán disfrutar do permiso de lactancia acumulado con independencia do que estabrezca o convenio colectivo de aplicación da empresa.
-Prórroga temporal da vixencia do SMI do 2023 estabrecido actualmente en 1.080 euros/mes.
-Obriga de dispor dun plan LGTBI para aquelas empresas con + de 50 traballadores antes do 02 de marzo de 2024, para alcanzar a igualdade real e efectiva deste colectivo.
-A partires de xaneiro de 2024 todalas empresas de + de 50 traballadores deberán contar cun canal de denuncias interno para cumprir coas obrigas de ética e transparencia laboral que esixe a normativa.
Read more
IVA o consumo de electricidade pasa do 5% ó 10% en todo o 2024.
IVA da leña, pellets, briquetas e gas mantense o 10% ata 30 de xuño, salvo o gas ata 31 de marzo.
O imposto Especial e electricidade, que estaba en 0,5% pasa ao 2,5% ata marzo, despois o 3,8% e dende Xullo ao 5,1%, recuperándose a taxa anterior da crisis.
O prezo máximo da bombona en 19,55 euros e mantense o límite o incremento nun 5% a tarifa de último recurso(TUR).
Mantense ata xuño o IVA o 0% dos produtos básicos: leite, pan, ovos e verduras, e do 5% do aceite e pasta.
Prorrogase o desconto do 50% dos abonos do transportes público urbano e interurbanos.
Redución dos transporte de viaxeiros a comunidades recorrentes nun 30%, sempre e cando o faga a comunidade nun 20%.
Mantense a suspensión de desahucio e lanzamentos de fogares durante o 2024, así como o límite da subida de alugueres nun 3% aprobada na Lei de vivenda.
Mantense a imposibilidade de suspender os subminístros de servizos básicos ou a ampliación do desconto do bono social ata xuño do 2024
Subida media dos pensionistas do 3,8%, da pensións mínimas, non contributivas e Ingreso M. vital do 6,9% e a da viudedade con cargas no 14,1%.
Quedan outras medidas do ámbito laboral que se enviaran o largo da semana que ven.
FELIZ ANO 2024!
Read more
Prazo de adhesión do bono entre o 12 de decembro do 2023 o 2 de xaneiro do 2024. Descarga das aplicación e adhesión en https://www.bonodeporte.gal/.
Se necesitan algún dato poden chamar á asesoría. Os beneficiarios poderán descargarlo a partir do 08/01/2024
Read more
Dende 2023 as Sociedades que non tiveran como cifra de negocios a contía de 1.000.000 de euros tributarán polo seus resultados o 23% en vez do 25%.
Adquirir bens que non excedan 300 euros e que se poden amortizar integramente, cun máximo de 25.000 euros.
Pódese amortizar libremente o inmobilizado material en proporción a creación de emprego con respecto ao 2022.
As empresas de menos de 10 millóns de facturación poden dobrar as amortizacións e no caso de que sexan con contratos de leasing triplicar.
Pódense dotar reservas de nivelación e de capital si se cumpran os requisitos e debesen de estudar para cada sociedade.
Debese facer inventario de existencias e obras en curso e traballos pendentes a 31-12, así como débense de manter correlación de facturas de gastos e ingresos, Soldos mínimos dos Socios, e declarar un resultado de acordo ca actividade e movemento para evitar que se provoquen comprobacións da AEAT.
àDende Asesoría Bieito xa estamos contactando con vostedes para ir plantexando estes peches e determinado resultados a declarar.
Read more
Manter os contratos de arrendamentos de vivenda habitual para que se poida reducir o rendemento no 60%, xa que para os contratos que se realicen a partir do 2024 a redución Baixa á 50%.
Dedución do 50% das cantidades satisfeitas en accións ou participación de empresas novas ou recente creación de tres a cinco.
Amortización anticipada das hipotecas para vivenda habitual sempre que este dentro do limite dos 9.500 euros.
Contribuíntes maiores de 65 anos poden quedar excluídos de tributación as gananciais patrimoniais da transmisión da vivenda habitual e doutros elementos sempre e cando se constituía unha renda vitalicia.
Dedución do 15% para adquisición de vehículos eléctricos, enchufables e de pila e instalación de puntos de recarga, cun máximo de 20.000 para vehículos e de 4.000 para instalación.
Dedución do 20%, 40% ou 60% de obras de mellora de eficiencia enerxética de vivenda con límites de contía, tipoloxía de obras e cos certificados de eficiencia enerxético.
Aportación a plans de pensión cos límites do 30% dos rendementos netos, de 1.500 euros que se pode incrementar en 8.500 ou 4.250 no caso de que aporten conxuntamente entre empresa e traballador ou no caso de autónomo.
Aportacións realizadas a previsión social do cónxuxe co límite de 1.000 euros sempre e cando non teñan rendementos netos de 8.000 euros.
Dedución por donativos e aportacións a outras entidade sen fin lucrativas.
Si ten actividade económica recomendamos que os Rendementos desta sexa como mínimo o Salario base ou SMI e se movan nunhos rendementos do sector, xa que a AEAT está a facer comprobacións no caso contrario
Si teñen algunha dúbida poden contactar con Nós, así como si queren que fagamos unha Simulación da Renda do 2023 que realizaremos por unha tarifa axustada segundo o tipo de renda.
Read more
Recibiuse a través de Siltra a comunicación da rectificación de liquidacións por unha actualización masiva de todas as liquidacións presentadas no mes de febreiro (periodo de liquidación xaneiro 2023) na data do 2 outubro.
Tal como establece a Disposición Transitoria Única da Orde PCM/313/2023, nos termos previstos na Orde PCM/74/2023, de 30 de xaneiro, as diferenzas de cotización que producirán por a aplicación do disposto nesta orde respecto das cotización practicadas a través do sistema de liquidación directo que a partir do 1 de febreiro de 2023, poderán ser ingresadas sen recargo ata o último día do mes seguinte ao que a Tesorería General da Seguridad Social comunique a actualización das liquidacións de cuotas afectadas. Por tanto, se a comunicación recibida durante el mes outubro, o prazo para realizar o ingreso sin recargo finalizara o 30 de novembro e se a comunicación se recibiu durante o mes de novembro dispoñerase de prazo ata o 31 de decembro.
Compróbase que NON se está respetando dito prazo de ingreso posto que se procedeu a obter o documento de pago TC/31 a través do servizo de «consulta y obtención de recibos fuera de plazo» existente na oficina virtual do sistema RED das liquidacións do mes de xaneiro (recibidas en outubro), e moitas delas encontranse co 10% de recargo levantando a conseguinte débeda á empresa cando ainda se encontran en prazo para o seu ingreso xa que a comunicación foi recibida no mes de outubro.
Por todo isto, INTERPON queixa formal sobre o procedemento que se está facendo ao respecto, posto que se está vulnerando o dereito da empresa ao abono en prazo reglamentario dado pola administración ao efecto, xerando con elo un grave perxuicio e indefensión ás empresas afectadas por esta desmedida posto que repercute en calquera axuda, bonificación ou subvención que se encontren disfrutando ou solicitando a data actual, así como tendo que asumir
o recargo establecido no artigo 10 do Reglamento General de Recaudación e que non procede.
Read more
En referencia ó noso correo enviado coas liquidacións complementarias do mes de XANEIRO de 2023, feitas de oficio pola Tesorería Xeral da Seguridade Social, para o seu pago por parte da empresa no plazo que lle indicábamos ata o 30 de novembro de 2023, queremos informarlles do seguinte:
1º.- A administración nalgúns casos, non en todos, non está a respetar dito prazo, e polo tanto está levantando débeda á empresa na Seguridade Social.
2º.- Como consecuencia desto están a aplicar un recargo do 10% sobre dita débeda.
3º.- Esto pode afectar a tramitación de calquer axuda porqué é necesario que a empresa figure ó corrente de pago de calquer débeda, polo que sería conveniente nese caso que nos soliciten previamente un certificado de estar ó corrente.
Informarlles que dende a asesoría vaise a proceder a faguer a correspondente reclamación ante a Seguridade Social e lles suxerimos que fagan tamén o mesmo a través das suas asociacións.
Read more