Dende iste mes todalas entidades: Sociedades mercantís, civiles, comunidades, asociacións non poden presentar nada en papel ante AEAT e outras entidades, no caso de que se faga sancionarase cunha multa de 250 euros. Polo tanto deberase presentar toda a documentación telemáticamente.
O mesmo tempo tamén se van incluir na obriga de ter que recibir notificacións electrónicamente como xa están a recibir as sociedades mercantís. Para eso a AEAT vai ir comunicando individualmente os que quedan obrigados a facelo, e para o cal iremos facendo as xestións pertinentes.
En todo caso, si son entidades de calqueira tipo para calqueira xestión ca Administración poñanse en contacto con Nós e cando reciban alguna comunicación da Administración mandenola.
Read more
É un certificado de aptitude profesional que se require con carácter obrigatorio ós condutores de transporte de viaxeiros dende o 11 de Setembro do 2008, e os condutores de mercadorías dende o 11 de Setembro do 2009, sen o cal non poden realizar a actividade profesional do transporte.
O certificado non ten prazo de caducidade pero a súa vixencia depende de que o titular realice, dentro dos prazos determinados na normativa, os cursos de formación continua que lle correspondan. Así cada cinco anos e durante toda a súa vida profesional, os condutores deben facer os cursos de formación continua ou renovación. As empresas poden bonificar nas cuotas da Seguridade Social estes cursos, tanto a cualificación inicial de 280 ou 140 horas + exame ou o de formación continua de 35 horas, para que lle resulten de balde os seus traballadores.
De contar con algún traballador que teña que renovar o CAP mediante o curso de formación continua de 35 horas, facilitámoslle o contacto cun Centro Homologado para realizar esta formación, dentro de un horario compatible (unha tarde de venres, dous sábados e dous domingos) e con inicio de cursos tódolos meses.
Read more
Dende o ano 2013 e tralo RD-ley 16/2013, de 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores inclúese no Estatuto dos Traballadores unha disposición que contempla o rexistro diario da xornada dos traballadores e a obriga empresarial de levar o cómputo das horas dos traballadores a tempo parcial.
O Plan de Control 2016 da Inspección de Traballo e Seguridade Social endureceu os controis e está incrementando a revisión dos aspectos que teñen que ver coa actividade da empresa, os seus empregados e o horario de funcionamento con especial atención os rexistros de xornada e cuadrantes de traballadores a tempo parcial.
Como principal novidade nestas actuacións da Inspección figura a vixilancia tamén no rexistro das xornadas dos traballadores a tempo completo que ata o momento non eran obrigatorias. Con isto a Inspección de Traballo pretende evitar o fraude na realización das horas extraordinarias e procurar a súa correcta vixilancia, retribución e cotización.
Polo que o ter contratados traballadores, por Lei debe levarse un rexistro do horario dos empregados con contratos a tempo parcial e completo e implantar sistemas de control para elaborar e xestionar o rexistro da xornada laboral.
CONDICIONS E CONSECUENCIAS DO INCUMPRIMENTO:
Si ben e certo que no contrato do empregado a tempo parcial e a tempo completo debe indicarse a distribución da xornada laboral, o empresario debe cumprir dúas cuestións adicionais:
- Realización do cómputo diario no mes das horas ordinarias e das horas complementarias (no caso de tempos parciais) e extraordinarias (no caso tempos completos) entregando o traballador unha copia do resume xunto coa nómina todo los meses.
- Conservar os rexistros de xornada no centro de traballo durante un período mínimo de catro anos.
NO CASO DE INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS:
Si por parte da inspección comprobase a falta no rexistro de xornada:
- Si se trata dun contrato a tempo parcial, o traballador contratado a xornada parcial presúmese automaticamente a xornada completa.
- Si o incumprimento debese a cuestión formais ou documentais contemplase unha multa de entre 60 e 625 euros por unha infracción considerada como leve según o artigo 6.6. da Lei de Infraccións e Sancións (LISOS).
- Si se comproba o incumprimento de xornada, a multa sería a partir dos 625 euros ata 6.250 euros.
Así pois, resulta fundamental levar un rexistro de xornada polo que poñemos a súa disposición unha plantilla que se adxunta (non hai modelo oficial) e que tamén poden atopar na nosa paxina web www.bieito.com, para xestionar o control diario e posterior entrega o traballador de unha copia correctamente cuberta e asinada coa nómina mensual.
Descarga o Modelo
Read more
Tratase dunha sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo desestimando un Recurso de Casación en interés de Lei presentado pola AEAT, basandose nun cliente de Asesoria Bieito s.l. que presentou ao Tribunal Economico-Administrativo e logo foi presentado polo despacho de Xoán Antón Pérez-Lema e estimado polo Tribunal superior de Galicia. (más…)
Read more
Como xa vos informamos, lembrade que a retención dos alugueres de locais baixou ó 19,50% dende o día 11/07/2015.
Read more
Como cada trimestre, solicitamos nos envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/15 para poder axustar as contabilidades.
Lembren que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2015 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 06/10/2015.
Read more
Ourense
A partir do xoves día 01/10/2015 o horario da oficina volve a ser de luns a xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h. , e os venres de 8:00 a 15:00 h.
Maceda
O horario de apertura na oficina de Maceda é de 10 a 14 horas de luns a venres. Nas tardes dos mércores, a oficina permanecerá aberta de 18:30 a 20:30 h.
Read more
Suxerimos permanezan atentos á circular enviada neste mes aos seus enderezos, xa que enviamos informe laboral correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2015.
Read more