BONO AUTÓNOMO

Autónomos de Alta como persoa física e societaria cunha antiguedade de máis de 42 meses que no 2021 declararan un Rendimento neto reducido menor de 30.000€ e unha facturaran de máis de 12.000€, iva incluido.

Os gastos subvencionables deben destinarse a aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Así como compra de máquinas e bens de equipos para elaborar os productos. Estos gastos serán dende 1 de xaneiro e deberán acreeditarse con factura e xustificante de pagos, e o prazo de solicitude dende 25 de xaneiro ata 29 de setembro e a cuantía da axuda pode alcanzar o 80% dos gastos cun máximo de 3.000 euros.

Si están interesados póñanse en contacto con Nós.!!!

AXUDA XEMPRE AUTONOMO

AXUDA XEMPRE AUTONOMO

Persoas que se deran de alta de autónomos ou mutualista dendeo 01/10/2022 ata o 29/09/2023, foran demandantes de emprego e se deran de alta en IAE. Que non recibiran axudas semellantes a estas nos últimos tres anos e non estiveran dadas de alta na mesma activiade ou semellante nos últimos 6 meses. Tamén poderán acollerse a estas axudas os autónomos que se constituiran como Comunidades de bens ou Sociedades Civiles, pero non os socios mercantiles nin os autónomos colaboradores.

As Axudas poderán ser:
•A xeral de 2.000€.
•Axuda de 4.000€ para menores de 30 anos, desempregado de longa duración, discapacitado, dependente, en situación de risco ou exlusión social ou maiores de 55 anos.

Poderá incrementarse nun 25% das anteriores e acumulables por cada circunstancias seguinte: •Muller
•Domicilio nun Concello Rural
•Maiores de 45 anos
•Persoa emigrante ou estranxeira
•Persoas trans
•Profesionais e oficios nos que as mulleres estén representadas.

AXUDA IMPACTO AUTONOMO

Onte publicouse no Doga as Axudas chamadas de Impacto autónomo ca finalidade de paliar a subida dos presos e que son as seguintes:

Autónomos en Módulos no 2021: 800€. Autónomos que tiveran no 2021 Rendementos netos entre 10.000 e 20.000 ou Sociedades que facturaran entre 50.00 e 250.00, a axudas serían de 1.500 €. E si o Rendemento neto do autónomo estivera entre 20.000 e 30.000 ou a facturación da Sociedade entre 250.000 e 750.000 as axudas serian de 1.200 €.

O prazo ábrese o luns, pero como conta cun límite de orzamento é importante que se solicite canto antes, nos primeiros días da semana do día 9 de xaneiro, e polo tanto a todos os que cumpran os requisitos vamos solicitalas sen esperar a que o ordenen, salvo que entre hoxe e o luns 9 as 9 da mañá nos dén orden de NON SOLICITALAS.

DETALLE DOS TIPOS IMPOSITIVOS DE IVA A PARTIR DO 01/01/2023

Poñemos a disposición para descargar as táboas cos tipos de ivas: 21%, 10%, 5%, 4% e 0%, de entrega de productos e prestación de servizos da AEAT, e o seu periodo en vigor. Resaltamos en amarelo os cambios máis importantes que entran en vigor no 2023.

Aconsellamos consultar o Código alimentario para os productos naturais.

Descargar táboa de tipos impositivos: Download

Descargar anexo Código Alimentario: Download

ASESORIA BIEITO

Medidas urxentes que entran en vigor o día 1 de xaneiro do RDL20/2022, presupostos Estado e Xunta do 2023 e demais normativa relevante:

1.-Pasan a IVA 0%/ Recargo de Eq.: 0%: Pan e masa conxelada común, fariñas panificadas, todas as leites, queixos, ovos, froitas, verduras, vexetais, tubérculos, cereais naturais.(Ata o 30 de xuño ou 30 de abril si o IPC de marzo é superior o 5.5%)
2.-Pasan a IVA 5%/ Recargo de Eq.: 0,625%: aceites de oliva e de sementes e as pastas alimenticias. .(Ata o 30 de xuño ou 30 de abril si o IPC de marzo é inferior o 5.5%)
3.-Prorrógase ata 31 de decembro 2023 o 5% de IVA e 0,625 de Recargo as entregas de briquetas e pellets de biomasa e madeira para leña.
4.-Prorrógase ata 31 de decembro 2023 o 5% de IVA do consumo de enerxía eléctrica con potencia ata 10 KW, e perceptores que sexan perceptores do bono social. Manténse o Imposto a electricidade de 0,5%.
5.-Prorrógase ata 30 de xuño o 4% IVA para as “mascarillas” quirúrxicas desbotables.
6.-Desapararecen a bonificación xeralizada dos 20 céntimos dos carburantes, e manteranse para transportistas, agricultores e pescadores. Para os transportistas que usen gasóleo profesional será de 20 céntimos durante os primeiros 3 meses e de 10 céntimos nos seguintes 3 meses que devolvera mensualmente a AEAT. Para os titulares de autorización de transportes(autobuses, taxis, ambulancias, VTC e mercancía) terán unha axuda directa polo consumo dos vehículos estimado durante 6 meses que poderán ser entre 300 e 3.690€.
7.-Proibición durante 2023 de corte de luz ,gas natural e auga os consumidores calificados de vulnerables.
8.-Limitar ata 30 de xuño o prezo máximo da bombona de butano. Limitación de peaxes en todo o 2023 ó 4%.
9.-Extendese a todo 2023 a gratuidade do transporte público de ferrocarril e terrestre de cercanías, rodalíes e media distancia con bonificacións de algunhos billetes e segundo as CCAA.
10.-Prorrógase durante o 2023 a limitación do 2% da actualización dos contratos de aluguer de vivenda, e ata o 30 de xuño suspéndense de deshaucios.
11.-Dedución por maternidade mellóranse os requisitos de cotización e para mantela os que xa veñen percibindo.
12.- Axuda de 200 euros para as familias que foran traballadores, autónomos ou parados que non alcanzaron no 2022 os 27.000 euros de rendas, que non teñan patrimonio superior a 75.000 euros, e poderán solicitalo a partir do 15 de febreiro ata 31 de marzo por medio da páxina da AEAT. Tamén se incrementa o Ingreso mínimo vital nun 15% para 2023.
13.-RETENCIONS IRPF: Algunhos traballadores con retribucións entre 14.000 e 21.000 euros poden verse incrementado o líquido a percibir na nómina de xaneiro ou febreiro pola redución de tributación. Modifícanse as retencións de profesionais artistas que poden pasar o 7% e os dereitos de autor do 19% o 15% si se cumpre uns requisitos.
14.- As Sociedades de Reducida dimensión que o volume de negocios non alcancen 1.000.000 de euros no 2022 , pasaran de tributar do 25% ó 23% para 2023.
15.-Nas actividades económicas de ED Simplificada os gastos de difícil xustificación pasan do 5% o 7% pero sigue o límite de 2.000 euros.
16.-NO IRPF para 2023 a escala de aforro pasan a tributar para bases superiores a 200.000 ó 27% e para as superiores a 300.000 ó 28%.
17.-NOVO IMPOSTO SOBRE AS GRANDES FORTUNAS: entra en vigor hoxe e polo tanto deveñanse o 31-12-2022 para os que teñan un patrimonio superior a 3.000.000 de euros e poderán restar o que pagan no Imposto de Patrimonio.

18.-Imposto Especial sobre plásticos non reutilizables que entra en vigor no 2023, e aplicáselle a todas empresas que utilizen plásticos non reutilizables deberán pagar 0,45 euros por cada kilogramo, e si teñen plásticos reutilizables terán que acreeditalo por entidade competente.


Seguir

NOVO SISTEMA DE COTIZACION AUTONOMOS 2023

Lembrámoslle que o vindeiro 01 de xaneiro de 2023 entra en vigor o novo sistema de cotización para os autónomos que irá en función dos rendementos anuais obtidos durante o ano polo exercicio das suas actividades económicas. Xa que se poden manter as bases de cotización actuáis, aconsellamos que esperen a ir vendo os rendementos a obter o longo do 2023 para ir axustando a cuota a ingresar si o estimado inicialmente sofre variacións, en todo caso se non se fai de maneira voluntaria a administración o faguerá de oficio durante o exercicio 2024.

Si algún autónomo de maneira voluntaria quere subir a base de cotización actual, poderá faguelo antes do rematar o ano para que sexa efectiva dende o 01 de xaneiro de 2023, sempre dentro das cuantías actuáis e se cumpran os requisitos tales como o límite da idade, para elo deberán poñerse en contacto coa sua responsable de laboral antes do 28 de decembro de 2022 para proceder a dita variación.

Irémolos informando con mais detalle sobre prazos e procedemento de comunicación que haxa que faguerlle a administración.

Si queren ver como lle queda a cuota a pagar poden utilizar a calculadora da S.Social:

https://portal.seg-social.gob.es/wps/portal/importass/importass/tramites/simuladorRETAPublico

O mércores 19 de outubro entrou en vigor da nova Lei 18/2022 de Creación e crecemento de empresas

CUESTIONS MÁIS SALIENTABEIS:

1º.-Posibilidade de constituir Sociedades Limitadas dende 1€ de capital en vez de 3.000€.
2º.-Abaratamento de custes e trámites en 24 horas na constitución da S.L.
3º.-Posibilidade de que os autónomos se den de alta e se inscriban no Rexistro como emprendedores de Responsabilidade Limitada, poidan protexer a súa vivenda habitual e bens da empresa das débedas con terceiros.
4º.-Obrigatoriedade de implantar a factura dixital en 24 meses que vai valer para controlar data de emisión, prazo de pagos, modificacións e trazabilidade, polo tanto débense ir incorporando softwares adaptados. Establécense sancións para incumprimentos.
5.-Obrigatoriedade de cumprir prazos de pagos. Si hai morosidade impedimentos para subvencións e contratación de obra pública e posibilidade de aparecer en listado de morosos.
6.-Ampliación da liberalización de actividade exentas de licencia (son máis ben administrativas), cambios na normativa do crowfunding, sociedades en benefico do interés común e inscripción de sociedade civiles. Estas son algunhas das medidas, pero pendente de aprobar o Regulamento, da implantación dos distintos organismos, aparte dos requisitos que se teñen que cumprir para acollerse a elas e das consecuncias que vas ter que asumir.

AXUDAS XEMPRE EMPRENDEMENTO

O dia 4 de outubro abriuse prazo ata o 4 de novembro destas axudas para autónomos e PEMES que fixeran investimentos sen IVA entre 5.000€ e 100.000€ durante o 2022 en equipos informáticos, intanxibles, instalacións de eficencia enerxética, reforma de locais, equipamentos e mobiliario, e conten coa factura e pago bancario desta no momento que se soliciten, podendo recibir un importe que vai entre 3.000€ ata 30.000€ en función do investimento e dos orzamentos disponibles, e nalgunhos casos de requisitos especiais. Si están interesados nestas axudas, poñanse en contacto co seu Responsable para maior información. Estas axudas son para autónomos e pemes que se deran de alta dende 2020. Estas axudas cobranse o tramitalas.

Contacta