Bono Remuda das Persoas Autónomas 2025

Axuda para evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. O negocio debe ter máis de 5 anos e estar en Galicia. Beneficiarios: autónomos remudistas e aqueles que transmitan o negocio (idade ≥62 anos, incapacidade ou herdanza).
📌 Subvención:
Ata o 75% do prezo do contrato de remuda (sen IVE) en zonas rurais.
Ata o 70% nas demais zonas.
Se se accede por alugueiro, cobre os primeiros 18 meses.
🔹 Oportunidade das Persoas Traballadoras Autónomas 2025
Axuda para quen retome a actividade despois dun intento fallido.
📌 Requisitos:
Alta previa no RETA nos últimos5 anos.
Cotización mínima de 3 meses seguidos.
6 meses de separación entre baixas e novas altas no RETA.
📌 Subvención:
7.500 € (incremento de 500 € para mulleres).
🔹 Axudas para a Conciliación da Vida Familiar e Laboral 2025
Axudas para favorecer a conciliación dos autónomos.
📌 Modalidades:

3️⃣ Bono Concilia I: Contratación de subsitución por maternidae, paternidade ou lactancia.
1.100 €/mes durante a baixa.
Incentivo de ata 9.000 € por contratación indefinida do substituto.
2️⃣ Bono Concilia II: Contratación indefinida para coidados familiares.
Ata 9.000 € segundo colectivo.
3️⃣ Bono Concilia III: Servizos de coidado (menores, maiores, discapacidade).
75% do custo, ata 3.000 €.
📅 Axudas vixentes ata o 30 de setembro de 2025.

SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE TRABALLADORES 2025

Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2025 pola contratación indefinidia inicial ou polos incrementos de xornada de contratacións indefinidas iniciais a temppo completo, que se realicen dende o 01 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan , mulleres, mozos menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas de 52 anos ou mais, emigrantes retornados ou persoas extranxeiras, mulleres en ocupación masculinizadas e discapacitados ou en risco de exclusión social. As contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 6.000 euros a 10.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

BONO AUTÓNOMO 2025

Autónomos de Alta como persoa física e societaria cunha antiguedade de máis de 42 meses que no 2023 declararan un Rendimento neto ou Base do imposto de sociedades reducido, menor de 50.000€ e unha facturaran de máis de 12.000€, iva incluido e que non se benenficiara diste bono entgre 2020-2024.
Os gastos subvencionables deben destinarse a aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais. Así como compra de máquinas e bens de equipos para elaborar os productos. Estos gastos serán dende 1 de xaneiro e deberán acreeditarse con factura e xustificante de pagos, e o prazo de solicitude dende 29 de xaneiro, e a cuantía da axuda pode alcanzar o 60% dos gastos cun máximo de 7.000 euros.
Para solicitar estas axudas tedes que facer o gasto, ter a factura e pagala polo banco, e si nos enviades todo esto nos tramitámola de xeito inmediato.
O custe de solicitala é de 100 euros e logo si se concede un segundo en función do resultado. Si están interesados póñanse en contacto con nós.

AXUDA PARA ALTA DE AUTONOMOS 2025

Persoas que se deran de alta de autónomos ou mutualista dendeo 01/10/2024 ata o 30/09/2025, foran demandantes de emprego e se deran de alta en IAE. Que non recibiran axudas semellantes a estas nos últimos tres anos e non estiveran dadas de alta na mesma activiade ou semellante nos últimos 6 meses. Tamén poderán acollerse a estas axudas os autónomos que se constituiran como Comunidades de bens ou Sociedades Civiles, pero non os socios mercantiles nin os autónomos colaboradores.

As Axudas poderán ser:
•A xeral de 2.000€.
•Axuda de 4.000€ para menores de 30 anos, desempregado de longa duración, discapacitado, dependente, en situación de risco ou exlusión social ou maiores de 55 anos.

Poderá incrementarse nun 15% das anteriores e acumulables por cada circunstancias seguinte: •Muller
•Domicilio nun Concello Rural
•Maiores de 45 anos
•Persoa emigrante ou estranxeira
•Persoas trans
•Profesionais e oficios nos que as mulleres estén subrepresentadas.
Esta axuda ven acompañada por outra que susufraga a custe da Seguridade Social durante un ano os que se acollan a tarifa plana(87,6 euros/mes)
Estas subvencións terán un custe inicial para tramitación e outro custe cando sexa concedida, custes que deberán ser informados cando nos encarguen a sua tramitación.

SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS 2025

Publicaronse as subvencións do ano 2025 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial cun mínimo do 50% de xornada. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. O responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 7.500 a 14.400 euros para primeira contratación, ou 9.000 a 17.600 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación.
Estas subvencións terán un custo inicial para a tramitación, e outro custo cando sexa concedida, custos que deberán ser informados cando nos encarguen a súa tramitación.

SUBVENCIONS AUTONOMOS 2025

O venres sairon as subvencións de autónomos nas modalidades seguintes:

  1. Contratación polo autónomo dos primeiros traballadores.
  2. Alta de autónomos dende 01-10-2024.
  3. Bono autónomo.
  4. Relevo da actividade de autónomo
  5. Conciliacion de traballadores autónomos
  6. Nova oportunidade para altas de autónomos.
    O prazo para a presentaciónda da maioría delas abrese o 24 de xaneiro ata 30 de setembro do 2025, e polo tanto nestes días iremos informando parcialmente de cada unha delas.

MODELO 145: RETENCIONS DOS TRABALLADORES

Este mes remítese por correo electrónico o modelo 145, que debe ser entregado ós traballadores para que o lean con antención e cubran correctamente os datos que se solicitan. Unha vez asinado deben remitilo a maior brevidade posible ó departamento laboral para que podamos faguer o correcto cálculo das retencións nas nóminas.

A ter en conta: a inclusión de datos falsos, incompletos ou inexactos na comunicación de datos o pagador, así como a falta de comunicación de variacións nos mesmos o longo do ano que, de haber sido coñecidas polo pagador, determinasen unha retención superior, constitue unha infracción tributaria sancionable con multa do 35% ó 150% das cantidades que se deixaron de reter por esta causa. (artígo 205 da Ley 58/2003, do 17 de decembro)

OFERTA DE SERVIZOS DE ASESORÍA FISCAL, CONTABLE, LABORAL E XESTORÍA

Neste mes de xaneiro estanse rematando as contabilidades e liquidacións do exercicio 2024 e pode ser un bo momento para revisar e replantexar os servizos de asesoría fiscal, contable, laboral e de xestoría para o 2025.

Este ano 2025 vai ser de cambios lexislativos e algúns xa están aprobados como a baixa de tipos impositivos de sociedades, cuotas de autónomos segundo rendementos e melloras dalgunhas deducións e outros que se van introducir como os da factura electrónica, Sistema de franquías para autónomos e outras que requiren unha información e asesoramento previo a súa implantación.

En Asesoría Bieito levamos 35 anos traballando dun xeito personalizado cos nosos clientes, cunhas oficinas en Ourense onde prestamos servizos a empresas de todo Galicia e un equipo formado por 15 profesionais.

Contacta