CUESTIONS MÁIS SALIENTABEIS:
1º.-Posibilidade de constituir Sociedades Limitadas dende 1€ de capital en vez de 3.000€.
2º.-Abaratamento de custes e trámites en 24 horas na constitución da S.L.
3º.-Posibilidade de que os autónomos se den de alta e se inscriban no Rexistro como emprendedores de Responsabilidade Limitada, poidan protexer a súa vivenda habitual e bens da empresa das débedas con terceiros.
4º.-Obrigatoriedade de implantar a factura dixital en 24 meses que vai valer para controlar data de emisión, prazo de pagos, modificacións e trazabilidade, polo tanto débense ir incorporando softwares adaptados. Establécense sancións para incumprimentos.
5.-Obrigatoriedade de cumprir prazos de pagos. Si hai morosidade impedimentos para subvencións e contratación de obra pública e posibilidade de aparecer en listado de morosos.
6.-Ampliación da liberalización de actividade exentas de licencia (son máis ben administrativas), cambios na normativa do crowfunding, sociedades en benefico do interés común e inscripción de sociedade civiles. Estas son algunhas das medidas, pero pendente de aprobar o Regulamento, da implantación dos distintos organismos, aparte dos requisitos que se teñen que cumprir para acollerse a elas e das consecuncias que vas ter que asumir.
Read more
O dia 4 de outubro abriuse prazo ata o 4 de novembro destas axudas para autónomos e PEMES que fixeran investimentos sen IVA entre 5.000€ e 100.000€ durante o 2022 en equipos informáticos, intanxibles, instalacións de eficencia enerxética, reforma de locais, equipamentos e mobiliario, e conten coa factura e pago bancario desta no momento que se soliciten, podendo recibir un importe que vai entre 3.000€ ata 30.000€ en función do investimento e dos orzamentos disponibles, e nalgunhos casos de requisitos especiais. Si están interesados nestas axudas, poñanse en contacto co seu Responsable para maior información. Estas axudas son para autónomos e pemes que se deran de alta dende 2020. Estas axudas cobranse o tramitalas.
Read more
Lembrámoslle que os autónomos que estén interesados en cambiar de Mutua de Accidente de traballo de cara o vindeiro 2023 poden faguelo ata o 30 de setembro de 2022.
Este é o prazo oficial que indica a ley 35/2014, de 26 de setembro, coñecida como Ley de mutuas. O cambio será efectivo a partires do día 01 de xaneiro de 2023.
Read more
O martes 2 de agosto publicouse o RDL 14/2022 con vaias medidas entre elas as de aforro enerxético, e dada a sua extension de 83 páxinas vamos enunciar só as principais, e vostedes terán que consultar cas sociacións e profesionais do sector correspondentes para levalas acabo. Unhas entran en vigor o martes 9 e outras o 30 de setembro:
1º.- A temperatura do aire nos recintos calefactados < 19ºC, con humedade entre 30% e 70%.
2º.-A temperatura do aire nos recintos refrixerados > 27ºC, con humedade entre 30% e 70%.
3º.-Mostraz cartaces ou pantallas destas medidas de aforro.
4º.-Apagar luces de escaparates e de edificios públicos desocupados a partir das 22:00 horas.
5º.-Instalar peches automáticos de portas antes do 30 de setembro.
6º.-Adiantar inspeccións de eficiencia enerxética en edificos obrigados ao 31-12 aqueles que a fixeron antes do 31-12-2020.
7º.-Gratuidade dos titulos multiviaxes de trens de cercanías operados por Renfe ata o 31 de decembro.
8º.-Reducir 50% títulos servizos Avant e novos abonos servizos comerciais de alta velocidade.
9.-Transporte por estradas: novas axudas como as anteriores e obrigatoriedade de asinar contratos por escrito nunhos requisitos determinados.
10.-Excepcións a estas normas: en temperatura as cociñas de Restaurantes, as habitacións dos hoteis,os hospitais, centros educativos, perruquerias, ximnasios, lavanderias e nos transportes públicos de avións, trens e barcos. Así como nos demáis lugares que estén regulados específicamente.
Read more
A inspección de traballo está levando a cabo unha campaña para comprobar os riscos derivados da exposición á condicións termo higrométricas extremas nos centros de traballo pola exposición ás altas temperaturas. Para traballos en interior a temperatura debe estar comprendida entre 17ºC e 27ºC (traballos sedentarios) e entre 14ºC e 25ºC (traballos lixeiros) e no exterior deberán tomarse medidas para que os traballadores poidan protexerse das inclemencias do tempo.
A empresa debe establecer medidas organizativas para evitar que os traballadores sofran golpes de calor tales como: Limitar as actividades mais intensas nas horas centrais do día, establecer rotacións para reducir o tempo de exposición ou adaptar o horario da xornada laboral, posibilitar faguer maior número de descansos en zonas alexadas das fontes de calor e poñer a disposición dos traballadores puntos de suministro de auga fresca. Un golpe de calor pode provocar dende un desmaio ata o falecemento do traballador. Si a inspección advirte o incumplemento do deber de protección das persoas traballadoras en relación con estes riscos específicos, pode ser constitutivo dunha infracción grave ou moi grave sancionable coa correspondente multa de 2.451 € a 49.180 € para as infraccións graves e de 49.181 € a 986.736 € para as moi graves.
Read more
Publicouse onte no DOGA unhas subvencións pola contratación indefinida inicial e a tempo completo de mulleres desempregadas, que se realicen dende o 01 de xaneiro de 2022 ata o 30 de setembro de 2022. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante dous anos, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra muller desempregada. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si actualmente a súa empresa conta con traballadoras que cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadoras, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. A contía da subvención será de 6.000 euros por cada contatación, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Read more
Estase a negociar a nova cotización dos autónomos en función dos rendimentos, determinarase unhas bases e unhas cuotas que van dende 230 a 595 euros, pendentes de aprobar e que previsiblemente entrarán vigor no 2023, liquidando provisionalmente a cuota segundo estimación de rendimento e logo regularizandose cando se teñan os rendimentos.
Aqueles autónomos que inicien unha actividade económica ou profesional deberán realizar unha declaración de previsión dos rendementos económicos netos no momento da alta, e para aqueles outros que xa figuren de alta no momento da entrada en vigor desta norma, deberán regularizar a súa situación cun proceso de comunicación destes datos antes do 31 de outubro de 2023.
A recaudación será ata 6 veces ao ano en lugar dos 4 actuais, para adaptalas ós seus rendementos, ainda así irémolos informando sobre esta última cuestión a medida que vai tomando desenrrolo dita norma.
Read more
O goberno aprobou o sábado 25 unha prórroga das medidas adoptadas para paliar os efectos da guerra de Ucrania, que enunciamos de xeito breve:
- Unha axuda de 200€ para persoas físicas con baixo nivel de ingresos.
- Prórroga durante 3 meses dos aplazamentos das cuotas da S.Social e autónomos.
- Baixa do IVA da luz de 10% ó 5% para consumidores con potencia < 10KW.
- Manter a baixada de imposto de electricidade de 5,1% a 0,5%. Manter o desconto dos 20 ceéntimos nos combustibles.
- Aumento transitorio do Ingreso Mínimo Vital, pensións non contributivas.
- Conxélase o prezo da bombona en 19,55€.
- Suspensión dos deshaucios das vivendas habituais en fogares vulnerables.
- Non incrmentar nen actualizar os alugueres máis do 2% da renta.
- Reducións do abono do trasnporte: ainda por desenvolver.
- Outras medidas específicas para transportes e sector agricola-gandeiro, xunto con novas líneas de financiación.
Read more