Subvencións 2026: Contratación indefinida de traballadores/as

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOGA as novas subvencións para a contratación indefinida inicial, así como para os incrementos de xornada en contratos indefinidos iniciais a tempo completo realizados entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.

Estas axudas buscan fomentar a contratación de persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.


1. Contías das axudas

As empresas poderán recibir unha subvención de:

🟢 6.000 €

Para a contratación de persoas desempregadas que sexan:

  • Mozos/as menores de 30 anos
  • Parados/as de longa duración
  • Persoas de 52 anos ou máis
  • Emigrantes retornados/as
  • Persoas estranxeiras

🔵 10.000 €

Para contratacións de:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero ou trata
  • Mulleres con fillos/as menores de 3 anos (paradas de longa duración ou inactivas)
  • Mulleres en ocupacións tradicionalmente masculinizadas
  • Persoas con discapacidade
  • Persoas en risco de exclusión social
  • Persoas que rematasen certificados profesionais ou programas de emprego nos últimos 2 anos

2. Requisitos principais

Tipo de contrato

  • Debe ser indefinido a xornada completa
  • Permítese xornada parcial só para persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

Duración mínima obrigatoria

  • A empresa debe manter a persoa contratada durante 36 meses
  • En caso de baixa, poderá ser substituída por outra persoa con características equivalentes

3. Procedemento e prazos

  • As axudas concédense por orde de presentación
  • Tramítanse ata o esgotamento do orzamento
  • Desde Asesoría Bieito xestionaremos as solicitudes unha vez recibida toda a documentación necesaria, aínda que non podemos garantir a existencia de fondos no momento da presentación

4. Información personalizada para a súa empresa

A persoa responsable laboral da súa empresa contactará con vostedes para revisar se:

  • Algún traballador/a que xa teñen contratado cumpre os requisitos
  • Pode resultar interesante solicitar a subvención por un incremento de xornada

Se están valorando novas contratacións dalgún dos colectivos incentivados, recomendamos que se poñan en contacto connosco canto antes para:

  • Confirmar a posible subvención
  • Calcular os custos
  • Informarlles da tramitación e dos honorarios correspondentes

Para calquera dúbida ou para iniciar unha nova solicitude, poden contactar connosco polos medios habituais.

image_pdfimage_print
Contacta