Esta tarde acaban de publicar no BOE a orden na que se regula o funcionamento dos establecementos de comercio, servizos profesionais(peluquerias), hosteleria-restauración que queiran abrir na Fase 0 do descalamento, que empeza a partir de mañá dia 4 ata o 10 de maio,e esta dice:
COMERCIOS E SERVIZOS PROFESIONAIS(PELUQUERIAS)
1º. Só poden abrir establecementos de menos de 400m2, que non teñan carácter de centro ou parque empresarial.(Non teñen entrada independente dende o exterior).
2º.- Terá que establecer un sistema de cita previa que garantice que só poida estar un cliente no interior por cada traballador ca debida separación ou utilizando mamparas.
3º.- Debese marcar unha preferencia para persoas maiores de 65 anos que coincida ca franxa horario de permisos para paseos deste colectivo.
4º.- Poderán establecerse sistema de recollida de productos evitando aglomeración no interior e accesos.
5º.-Os clientes poderán ser do concello onde residen ou doutros que non existan estes establecementos.
6º.- Deberán respectarse e ser estrictos nas medidas de hixiene e prevencións para clientes e traballadores que poden comprobar na orden.
ACTIVIDADES DE HOSTELERIA E RESTAURACIÓN
1º.- Pódese realizar actividades de entrega a domicilio ou recollida no establecemento dos pedidos feitos polos clientes por teléfono ou on line, fixando a hora de recollida e evitando aglomeracións, permanecendo o establecemento pechado no resto do tempo.
2º.- O establecemento habilitará un espazo de recollida dos pedidos e cas medidas de protección con mostradar ou mamparas que garanten a separación. Prohibindose o consumo ou servizos no seu interior.
3º.-Si o establecemento conta con puntos de pedido e entrega dende o vehículo pode mantelos.
4º.- Si no establecemento se pode garantizar a separación mínima entre os clientes, debe indicarse con carteis e señales no chan quedando clara a diferenciación que terán que ser atendidos por traballadores distintos. No caso de que non sexa posible, só poderá atenderse a un cliente que é o úneco que permanecerá no establecemento o tempo mínimo posible.
5º.- A orden establece medidas de hixiene e prevención para traballadores e clientes.
Etiqueta: COVID19
Circular Maio 2020
SITUACION E CONSECUENCIAS DA PÁNDEMIA COVID-19
Como xa dixemos, ante a situación da pandemia do COVID-19 estamos teletraballando, e non atendemos presencialmente nas nosas oficinas, pero poden contactar con Nós polos teléfonos directos, polos correos de cada responsable ou por Whatsapp.
ERTES E PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS
Xa se solicitaron os ERTES e xa foron aprobados, tamén se solicitaron a prestación de autónomos dos establecementos que se viron obrigados a pechar e xa viñeron aprobados e xa foron pagadosna mairoia dos casos. Faltan por tramitar as prestacións das actividades que reduciron os seus ingresos o 75% que se farán en abril e maio, segundo os casos.
INFORMACIÓN PERMANENTE POR MEDIO DE WHATSAPP
Desde que se declarou o Estado de Alarma fixemos un esforzo de manter unha información permanente do que viña acontecendo mediante unha lista de Difusión dos nosos Clientes. Xa levamos dende o ano pasado mandando mensaxes con certa periocidade de Información xeral ou para sectores determinados.Esta información tamén a colgamos na nosa páxina: www.bieito.com .
Como vimos dicindo para poder recibir esta Información por whatsapp vostede ten que ter gravado o número de Teléfono 649 87 61 69. Si non ten o número gravado non lle chegan as mensaxes xerais, poden chegar algúnindividual. Polo tanto nestes momentos é fundamental ter este medio.
DECLARACIÓN DE IVA, PAGO FRACCIONADO, RETENCIÓNS DE TRABALLO E DE ALUGUERES E PAGO A CONTA DO IMPOSTO DE SOCIEDADES.
Xa se fixeron para os autónomos e pemesque superaran a facturación no 2019 de 600.000 euros. E como xa se dixo, os demáis teñen de prazo ata o dia 20 de maio, e para a súa domiciliación o dia 15.
En canto as actividdes que estan en Módulos poderanse restar os dias do Estado de Alarma, no primeiro trimestre suporia non computar 18 dias e polo tanto os pagos serian do 80,22% do que corresponderia nunha situación normal. Cabe a posibilidade de sairse diste réximen e declarar por Estimación Directa.
Para o 1º pago a conta das Sociedades que tamén se fará o 20 de maio poderiase facer segundo resultados trimestrales do 2020.
CAMPAÑA DA RENDA DO 2019.
Xa empezamos a campaña que en principio remata o 30 de xuño. Non fai falla que se poñan en contacto con Nós, xa que como fixemos a renta do 2018, outemos os datos do 2019 e iremos comunicándolle o resultado o mesmo tempo que contrastamos si ten algúnha cuestión a maiores que declarar.
A súa Responsable irá realizando estas declaracións e contrastando con vostede os elementos tributarios a declarar e xa lle pedirá os documentos ou información que lle faga falla. Para facilitar o traballo mellor esperen que contactemos con vostedes.
RECIBOS DE AUTÓNOMOS, NÓMINAS E BOLETÍNS DE COTIZACIÓNS A S.SOCIAL
Os recibos de autónomos do mes de marzo daqueles que tiveron que pechar ou que reducirón os seus ingresos en 75% do semestre anterior teñen previsto devolvelos pola parte proporcional na segunda quincena de maio.
O recibo de abril destes mesmos establecementos non deberian de cargalo, no caso de que o fagan, devolveriano no mes de xuño. Todo o que compete ao recibo de autónomo vaise facer de oficio por pate da Adminiostración, no caso de que así non sexa xa informaremos de como proceder.
A finais de abril cargaranse os Boletíns de cotización de Seguridade Social que corresponde o mes de marzo. Os que están acollidos a un ERTE só terán que cotizar polos 13 dias e os outros 18 quedaran exentos. Polo tanto farase un boletín de cotización, outro de exención e un resumen. Durante o mes de abril os cálculos e as nóminas dos traballadores en ERTE teñen que facerse igual por moito que non haxa retribución a pagar e os boletíns duplicanse para aplicar a exención, e terán que enviarse certificacións a maiores.
FACTURACION DA ASESORIA DO MES DE MAIO
Xa informamos na anterior circular que os traballos Extraordinarios de xestión e tramitación debidos o COVID-19 non os facturariamos, e só facturariamos as cuotas laborais e contables fiscais correspondentes o mes. En canto a cuota laboral, como xa dixemos, require máis traballos e xestións no caso dos ERTEs.
En canto a cuota contable fiscal está en función das facturas e documentos contables, das declaracións e demáis obrigacións que ten que facer.
Polo tanto se facturaran a mesma cuota durante o segundo trimestre, unha vez feito e si variou sustancialmente poderemos aplicar un desconto.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO
INFORMACION DA AXUDA DE AUTÓNOMO
Información coa que contamos neste momento (pode sufrir algún cambio):
1.- Si lle concederon a Axuda de Autónomos por cese de actividade antes do 15 de abril, probablemente xa a cobrou nos dias 17 ou seguintes. Maña dia 30 cobrará a prestación que corresponde entre os dias 14 e 30 de abril.
2.-Si ainda non lla concederon nin cobrou a Axuda probablemente concederanlla maña dia 30 e pagaranlla nos seguintes dias, salvo que sexa denegada.
3.-Os que lle concedan e xa cobraron a Axuda tamén se lle exime de pagar a cuota de autónomos. E, polo tanto a que corresponde os 17 días de marzo devolveranlla a partir do 15 de maio. E maña xa non lle cargarán a do mes de abril, salvo que fora concedida e pagado despois do 15 de abril. En todo caso, si lla cargan mañá, devolveranlla a partir do 15 de xuño.
4.-AS Axudas de autónomos tamne se poden pedirse por redución dos ingresos do 75% con respecto ao semestre e cobrariase igual dende o 14 demarzo, podendo solicitala ata o mes seguinte do remate do Estado de Alarma. Si esta neste caso, non fai falla que contacte con Nós, xa nos encargamos de solcitala no mes que se reuna os requisitos.
5.-Si ten que pagar a cuota cuota de autónomos de maio, xuño e xullo pódese pedir aprazamento entre o dia 1 e 10 de cada mes e pagar un 0,5% de interés. Esta xestión ten un cargo de 15€.
Información COVID-19 22/04/20
As medias máis relevantes do RDL 15/2020, publicadas hoxe, de xeito telegráfico son:
1º.- IVA 0% para material sanitario ata 31 de xullo ,relacionanse todos os productos , para destinatarios que sexan entidades de dereito público ou privadas de carácter social, clínicas ou hospitais.(non é para consumidores finais).
2º.-IVA 4% para libros, xornais e revistas dixitais.
3º.-PAGOS FRACIONADOS IMPOSTOS DE SOCIEDADES: podrase optar a facer pago fracionado do 1º trimeste en función do resultado do 2020, e si se é superior á 600.000 para o segundo que en outubro e descontarase o primeiro.
4º.-ACTIVIDADES EN MODULOS: poden liquidarse os módulos descontando os días de Estado de Alarma, ou cambiar para Estimación Directa durante o 2020 podendo voler no 2021.
5º.-Ampliase o prazo de todo que vencia a 30 de abril ou 20 de maio para o día 30 de maio do 2020.
6º.-As autoliquidacións presentadas en prazo pero non ingresadas, cando o contribuinte solicitara financiación segundo RDL 8/20, non se iniciará o periodo executivo, sempre e cando se cumpran unhos requisitos.
7º.-Prestación de desemprego para os traballadores que se extinguiu durante o periodo de proba o contrato feito dende o 9 de marzo ou para os que se extinguira voluntariamente dende 1 de marzo por ter outra oferta que decaeu.
8º.-Amplianse os ERTEs de causa de forza maior para aqueles sectores esenciais que viron reducidos os seus ingresos.
Información COVID-19 15/04/20
Hoxe saiu publicado no BOE o que aprobou onte o Consello de Ministros de ampliar o prazo da presentación de declaracións do 1º Tirmestre para o dia 20 de maio para as empresas que facturaraon menos de 600.000 euros no 2019. Para os que queiran domiciliar o pago remataria o prazo o 15 de maio. APRAZAMENTOS DE PAGOS: xa o comunicamos anteriormente a posibilidade de pedir aprazamentos dos pagos de todas as declaracións ata 30.000 durante 6 meses, pagando só intereses durante tres . CAMPAÑA DA RENDA 2019: de momento siguen mantendose os prazos ata o 30 de xuño, pero para os que teñen actividades económicas esixen máis detalle das contas que outros anos, Nós xa empezamos a campaña pero necesitamos outer ises novos datos. Xa iremos contactando con Vostedes si necesitamos algún dato ou documento. Esperen a que os chamemos para todo que teña que ver ca Renta do 2019.
Aviso 13/04/2020
1.-ESTADO DE ALARMA: para contactar con Nós mellor fagao por Teléfono, correo electrónico ou polo Whatsapp da oficina, os números e direccións de sempre que pode consultar en www.bieito.com
2º.-Para enviarnos facturas e documentos podeo facer por medio de correo electrónico ou postal, dropbox, google drive, sempre escaneando osdocumentos ainda que sexa polo móbil ou polos serviciosde mensaxeria preferentemente ORENSERVI e NACEX.
3º.-PRESENTACIÓNS DO 1º TRIMESTE: O prazo de presentación de autoliquidacións remata o 20 de abril, pero si se quere domiciliar o prazo é do 15 de abril. Anunciouse unha ampliación de przo á maio pendente de aprobación. E estas autoliquidacións pdoeranse aprazar 6 meses pagando intereses só por tres.
Información sobre ERTEs presentados polo COVID-19
O sábado no RDL 9/2020 confirmouse o do silencio positivo dos ERTEs en 5 días. Isto quere dicir que dende que se presentou, se non se di o contrario, considerase aprobado como comunicamos no seu momento. O que non quere dicir que non sexa comprobado ou inspecionado posteriormente.
Continue reading “Información sobre ERTEs presentados polo COVID-19”Paralización actividade do día 29 de marzo
Xa se publicou a relación de todas as actividades que se paralizan dende o día de hoxe. Mandámoslle o Real Decreto Lei para que poida comprobar e ainda que non están recollidas indiviudalizadas, manteñen algunha ambiguedade e no anexo aparecen recollidas en 25 números. Para aquelas actividades que non dán parado maña, deixanlle traballar o luns día 30.