Todas as publicacións en Etiqueta

deporte

Información COVID19 21/10/2020

Como vostedes saberám, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:


1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de cinco(5) persoas.
2º.-Mantense as restrincións a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. Nestes mesmos Concellos , e onde se pechará toda actividade considerada non esencial: actividade de todos os establecementos vencellados a espectáculos públicos e actividades recreativas, incluídos no anexo do Decreto 124/2019, en que se insire o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público:pecharán cines, teatros, auditorios, establecementos de espectáculos deportivos, salas de bingo, salas de xogo, estadios deportivos, pavillóns, recintos deportivos, ximnasios, piscinas, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencia, restaurantes, cafeterías, bares e centros de lecer infantil, entre outros.Non obstante, a medida non afectará aos establecementos de actividade minorista que poderá permanecer abertos; nin aos locais de hostalería e restauración que desempeñen os seus servizos en centros hoteleiros ou en centros de traballo.
3º.- Decidiuse manter ao nivel 3 de restrición os concellos de Ourense, Barbadás e Verín, incorporando Oimbra e Vilardevós con restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%., Aparte das limitaciós de mobilidade perimetral en cada zona.
4º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Lea máis

NOVAS RESTRINCIÓNS EN OURENSE

Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avda portugal(Dende Ervedelo ata Irmáns Xesta)
Acabase de publicar no Doga novas medidas de restrincións que entran en vigor as 00:00 horas de mañá dia 19:
1.-Reunións privadas máximo 5 persoas. E mantense a regra xeral do 50% para establecementos e actividades.
2.-Proibese a atención no interior de bares e cafeterias, só poden atender nas terrazas en mesas de 5 persoas e o 50% do seu aforo.
3.-Os Restaurantes poden atender no interior como máximo a 5 persoas por mesa e o 50% de aforo mantendo a distancia interpersonal entre comensales.
Restrincións específicas:bodas, cine,bibliotecas,hoteis, museos…(que neste caso non hai)
DOG 18 de setembro Ourense: Download


RESTRINCIÓNS CONCELLO DE VERÍN pasa a lista de concellos con restrincións como xa está Ourense, salvo nas 4 rúas mencionadas que se amplian hoxe, as restrincións son:
1.-Aforos de comercios, bares e restauración ó 50%, proibido atender na barra, terrazas ó75%. Discotecas e pubs só nas terrazas ata o 75%. Todos teñen que pechar a unha damadrugada e deixar de atender a clientes a partir das 00:00 horas.
2.- Limitación de reunións privadas e pública de 10 persoas.
3.- Limitacións de aforos en celebracións, veloiros e lugares de culto ó 50%.
DOG 18 setembro Verín: Download


RESTINCIÓNS PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA. Si se vai participar en actividade deportiva federada que sexa posible o contacto físico, hai que utilizar máscara.

Lea máis