27-04-2022 PROTOCOLO DE ACOSO

A normativa en materia de igualdade establece a obriga de tódalas empresas de elaborar un protocolo de prevención de acoso sexual ou por razón de sexo, tamén chamado “Protocolo de Acoso” con independenza do número de traballadores ou do convenio colectivo de aplicación, que articule as medidas necesarias de prevención frente o acoso sexual ou por razón de sexo, establecendo un canal confidencial, rápido e acesible para xestionar as queixas ou denuncias no ámbito interno da empresa, así como o procedemento a seguir no caso de que aconteza.

Nestes días, moitos centros de formación están a contactar coas empresas para ofertarlles este servizo, a través do correspondente crédito de formación da FUNDAE co que contan anualmente tódalas empresas, si ben ainda que se trata de empresas que están acreditadas oficialmente para impartir dita formación,  moitas delas soamente lles darán a formación necesaria para que posteriormente sexan vostedes os encargados de elaborar dito protocolo, polo que aconsellámoslles que contacten co seu servizo de prevención, para que sexan eles os encargados de implantar as medidas necesarias en función do tamaño da súa empresa e garantirlles o cumprimento da obriga, podendo contar igualmente coa correspondente bonificación por formación continua.

image_pdfimage_print

Campaña da Renda 2021

Si vostede fixo a renda do 2020 con Nós, seguro que xa lle chegou un SMS, para informálos que nos vamos por en contacto con vostedes o longo destes tres meses para facerlle a renda do 2021. e, por eso non fai falla que veñan polas nosas oficinas, nin quenos chamen. En todo caso recomendamos que esperen a que a AEAT acaben de incorporar algunhos datos para evitar incidencias e para que aclare algunhos dúbidas.

Si vostede quere facer a renda pro primeira vez con Nós, chame a tno 988 253588 e xa lle informaremos como ten que proceder e intentaremos que non se teña que desprazar salvo que sexa necesario.

image_pdfimage_print

31-03-2022 AXUDAS O TRANSPORTE PUBLICADAS NO BOE


Aparte da bonificación de 20 céntimos por litro do conbustible que entra en vigor mañá venres e, en principio, ata o 30 xuño para todo consumidor , tamén se aprobaron unha chea de medidas que iremos informando os beneficiarios e afectados directos.
Empezamos polas axudas directas para os transportistas profesionais de mercancias e viaxeiros:
-Camións: 1.250 €
-Furgonetas: 500 €
-Autobus: 950€
-Taxi: 300€
Tramítanse por medio da AEAT ata o 30 de abril e cando se habilite as solicitudes na páxina Web. Estas empresas non poderán xustificar despidos obxectivos basados nos custes enerxéticos. Iremos contactando e informando a cada cliente beneficiario os requisitos e condicións para solicitala na medida en que vaia habilitando o sistema a AEAT.Axudas o abandono do transportes de autónomos de avanzada edade.

Aprazamento do pago das cuotas da Seguridade Social
As que se devengen entre abril e Xullo de empresas ou que se devengen entre maio e agosto de autónomo de transportes urbán e por estrada deberan solicitarse nos primeiros 10 dias de cada mes e aplicaraselle un tipo de xuro do 0,5%. Si están interesados nestes aprazamentos deben de comunicalo con suficiente antelación para tramitalos.

AVALES ICO
Para agricultura, gandeiría, pesca e transportes que tiveran créditos avalados polo ICO e que o periodo de carencia vencía neste segundo trimestre poderan ampliarse ata o terceiro, así como os prestamos concedidos polo covid-19 poderán ampliarse sin necesidade de a facturación caiga o 30%,e temán se aproban novas líneas de avales de crédito ICO. Todo esto deberán xestionalo cas suas entidades de crédito.
Aprobaronse outras medidas de apoio o sector primario e a industria que é gran consumidora de enerxía.

image_pdfimage_print
Contacta