IGUALDADE COLECTIVO LGTBI

As empresas de mais de 50 traballadores terán a obriga de estabrecer un conxunto de medidas e recursos que permitan alcanzar a igualdade efectivo do colectivo LGTBI, incluindo un protocolo de actuación para o acoso ou violencia. Estas medidas deberán estar implementadas antes do 02 de marzo de 2024 e o contido e alcance desenrrolarase reglamentariamente.

Con esta nova Ley, nos planes de igualdade será necesario incluir expresamente ás personas trans- con especial atención ás mulleres trans, engadindo á discriminación por razón de sexo á discriminación múltiple e interseccional, e ademais modificase a Lei de Infraccións e Sancións na Orde Social, de xeito que pasan a sancionarse de forma expresa conductas discriminatorias e de acoso por razón de orientación sexual, identidade sexual, expresión de xénero e características sexuais, así como a solicitude de información ó respecto nos procesos de selección.

image_pdfimage_print

REXISTRO RETRIBUTIVO ANUAL

Dende o 14 de abril do 2021 tódalas empresas, con independenza do número de perosas traballdoras, están obrigadas a levar anualmente un rexistro salarial desagregado por xénero e categoría profesional, todo elo a efectos de dar cumprimento co establecido no Real Decreto 902/2020 para faguer efectivo o dereito á igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres en materia retributiva, sin embargo segundo as actuacións que está faguendo tanto Inspección de Traballo como Seguridade social ó respecto dende a sua implantación, estamos observando que non ten unha gran incidencia na documentación solicitada ante unha inspección de traballo nin en campañas xerais iniciadas por parte da Administración, como si pode ser o rexistro de xornada dos traballadores, a prevención de riscos laboráis, a correspondente alta dos traballadores…, polo que elaboraremos dito rexistro no caso de ser necesario ante un requerimento da administración, ou ben a petición da empresa, que neste último caso deberán poñerse en conctato co seu responsable laboral para solicitar a sua tramitación.

image_pdfimage_print

SUBIDA SALARIO MINIMO INTERPOFRESIONAL 2024

Con data de hoxe publicouse a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2024, situándose en 1.134 euros brutos mensuais en 14 pagas, o que supón un salario de 15.876 euros brutos anuais.

Esta subida ten efectos retroactivos con data do 01 de xaneiro, polo que aqueles salarios que están por debaixo deste xa foron actualizados nas nóminas de xaneiro. Esta medida terá como consecuencia a correspondente subida das bases de cotización mínimas na mesma proporción, quedando polo tanto en 1.323,00 euros mensuais.

image_pdfimage_print

SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS 2024

Publicáronse as subvencións do ano 2024 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manter a persoa contratada durante 36 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. O responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 7.500 a 14.400 euros para primeira contratación ou 9.000 a 17.600 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.

Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

image_pdfimage_print
Contacta