O Real Decreto 18/2026 entrou en vigor onte e incorpora unha serie de medidas extraordinarias relacionadas coa enerxía, os carburantes e o transporte profesional. A continuación, resumimos os aspectos máis relevantes:
1. O IVA dos carburantes volve ao 21 %
Dende hoxe, os carburantes volven tributar ao tipo xeral do 21 % de IVE, deixando de aplicarse as medidas temporais de redución fiscal vixentes ata o momento.
2. Posible redución do IVE da electricidade e do gas
Se o IPC da electricidade ou do gas natural correspondente aos meses de xuño ou xullo de 2026 experimenta un incremento interanual superior ao 15 %, aplicarase de forma temporal un IVE reducido do 10 % durante os meses de agosto e setembro de 2026 aos seguintes subministros:
- Electricidade
- Gas natural
- Pellets
- Briquetas de biomasa
- Madeira para leña
3. Rebaixa temporal do Imposto sobre Hidrocarburos
Establécese unha redución temporal deste imposto nos seguintes importes:
- 15 céntimos por litro durante xullo.
- 10 céntimos por litro durante agosto.
- 5 céntimos por litro durante setembro.
Ademais, se o IPC da gasolina ou do gasóleo en xuño ou xullo de 2026 aumenta máis dun 15 % respecto ao mesmo período do ano anterior, a redución fiscal incrementarase ata os 20 céntimos por litro durante agosto e setembro de 2026.
4. Axudas para transportistas beneficiarios do gasóleo profesional
Os profesionais acollidos ao sistema de gasóleo profesional poderán beneficiarse das seguintes axudas por consumo:
- 0,10 €/litro en xullo.
- 0,15 €/litro en agosto.
- 0,20 €/litro en setembro.
5. Axudas directas para transportistas non beneficiarios do gasóleo profesional
Os profesionais que non estean incluídos no sistema de gasóleo profesional poderán solicitar axudas directas entre o 1 de setembro e o 30 de outubro de 2026.
As contías oscilarán entre 150 € e 1.350 €, segundo a actividade e o tipo de vehículo:
- Taxis
- Vehículos VTC
- Camións lixeiros
- Camións pesados
- Furgóns de transporte de mercadorías
- Autobuses
Seguiremos informando
Desde Asesoría Bieito continuaremos analizando o contido do RD 18/2026 e informando puntualmente sobre as medidas e novidades que poidan afectar a empresas, autónomos e particulares.

