Novidades fiscais principais para 2026 no Imposto sobre Sociedades

O ano 2026 chega con cambios importantes no Imposto sobre Sociedades que afectan tanto a empresas como a microempresas. A continuación resumimos as principais novidades:


1. Redución do tipo xeral para sociedades

As sociedades que no exercicio 2024 tiveron unha facturación igual ou inferior a 10 millóns de euros aplicarán os seguintes tipos:

  • Exercicio 2025 (que se declara en 2026): tipo xeral do 24%.
  • Exercicio 2026: tipo xeral reducido ao 23%.

Esta medida busca aliviar a carga fiscal das empresas medianas e pequenas, favorecendo a súa competitividade.


2. Tipos reducidos para microempresas

Para as microempresas (facturación inferior a 1 millón de euros en 2024) establécense tipos diferenciados:

  • Exercicio 2025:
    • 21% para os primeiros 50.000 € de beneficio.
    • 22% para o resto.
  • Exercicio 2026:
    • 19% para os primeiros 50.000 €.
    • 21% para o resto.

Este cambio supón unha rebaixa significativa para as empresas máis pequenas, incentivando a súa consolidación.


3. Incremento da dedución por reserva de capitalización

Para o imposto do exercicio 2025 increméntase a dedución xeral pola reserva de capitalización ao 20%, podendo chegar ao 30% se se produce un incremento da plantilla de persoal. Esta medida pretende fomentar a reinversión dos beneficios e a creación de emprego.


4. Mantemento de incentivos para investimentos sostibles

Continúa vixente a liberdade de amortización para:

  • Investimentos en eficiencia enerxética.
  • Adquisición de vehículos enerxéticos.

Unha oportunidade para apostar pola sustentabilidade e reducir custos a medio prazo.


5. Outras deducións que se manteñen

  • Doazóns a entidades sen ánimo de lucro acollidas á Lei 49/2002.
  • Incremento de persoal determinado, que segue xerando dereito a dedución.

En resumo: estas medidas supoñen unha redución xeral dos tipos impositivos e incentivos para quen aposta pola reinversión, a creación de emprego e a sustentabilidade.


🎉 Feliz 2026!
ASESORÍA BIEITO

Novidades Fiscais no IRPF para 2026

O ano 2026 chega con varios axustes importantes no IRPF que afectan tanto a familias como a traballadores, persoas en situación de desemprego e contribuíntes con aforro ou investimentos. A continuación detállanse as principais novidades:


1. Mantense o límite de 1.500 € do segundo pagador

A partir de 2026, continúa vixente o criterio polo que unha persoa con dous ou máis pagadores só estará obrigada a presentar a declaración de IRPF cando os ingresos do segundo e restantes pagadores superen os 1.500 € anuais.
Este límite permite que moitos traballadores eventuais, persoas con cambios laborais ou situacións de ERTE non teñan variacións nas súas obrigas fiscais.


2. Nova dedución en Galicia por libros e material escolar

As familias galegas contarán cunha nova dedución autonómica que lles permitirá desgravar ata o 15% dos gastos en libros de texto e material escolar do curso 2025/2026.
O beneficio fiscal terá un límite máximo de 105 € por fillo, e aplicarase sempre que o gasto estea debidamente xustificado mediante factura.
É unha medida pensada para apoiar os fogares con menores en idade escolar e aliviar os custos do inicio de curso.


3. Exención de IRPF para persoas con subsidio de desemprego

A partir de 2026, as persoas que cobren un subsidio por desemprego quedan definitivamente exentas de presentar a declaración da renda, independentemente doutras condicións.
Esta medida busca simplificar os trámites administrativos e evitar obrigas fiscais para quen recibe ingresos moi reducidos.


4. Prórroga das deducións por eficiencia enerxética e mobilidade eléctrica

Co obxectivo de continuar impulsando a transición enerxética, mantéñense en 2026 as deducións por:

  • Investimentos en reformas de vivendas que melloren a eficiencia enerxética (redución de demanda térmica, mellora do consumo, instalación de sistemas máis eficientes, etc.).
  • Adquisición de vehículos eléctricos, incluídos turismos e motocicletas.
  • Instalación de puntos de recarga tanto en vivendas unifamiliares como en garaxes comunitarios.

Estas medidas prolongan un marco fiscal favorable para quen queira apostar pola eficiencia e a mobilidade sostible.


5. Mantense a redución do 30% para ingresos extraordinarios de artistas

Os profesionais das artes escénicas, musicais e outros ámbitos culturais seguen podendo aplicar a redución do 30% sobre rendementos extraordinarios xerados en períodos superiores a dous anos ou obtidos de maneira notoriamente irregular.
Trátase dun mecanismo que dá estabilidade fiscal a un sector con ingresos habitualmente irregulares.


6. Escala do aforro: tipo do 30% para grandes importes

Para rendementos do aforro que superen os 300.000 €, mantense o tipo máximo do 30%.
Isto afecta a ganancias patrimoniais elevadas, rendementos de investimentos ou transmisións de patrimonio que entren no tramo superior da escala.


Feliz 2026!

ASESORÍA BIEITO

Recomendacións sobre cobros por Bizum

Ante as últimas informacións sobre as operacións realizadas por Bizum, o Ministerio de Facenda publicou unha nota aclaratoria. Desde ASESORÍA BIEITO informamos e recomendamos o seguinte:

✅ Puntos clave:

  1. Comunicación á AEAT:
    A partir de 2026, os bancos informarán mensualmente á AEAT das operacións acumuladas feitas por Bizum por empresarios ou profesionais, non por particulares.
  2. Xustificación obrigatoria:
    Todos os que estean dados de alta como empresa ou autónomo deberán dispoñer de xustificante dos cobros e pagos realizados por Bizum relacionados coa súa actividade.
  3. Particulares:
    Poden seguir facendo operacións por Bizum sen problema, sempre que non correspondan a actividades económicas.
  4. Separación de operacións:
    Empresarios e profesionais que realicen operacións persoais por Bizum deberán diferencialas das que son da actividade económica.
  5. En resumo:
    Para quen estea dado de alta nunha actividade económica, Bizum é outro medio de cobro e pago, e como os demais, debe estar xustificado.

🎄 Aproveitamos para desexarlles Felices Festas! 🥳🎉🎊

Módulos para 2026: Información importante

Xa se publicaron os módulos para o ano 2026, que se manteñen igual que os do 2025, conservando a reducción do 5% do Rendemento Neto.

📌 Se non quere seguir no Sistema de Módulos, debe comunicalo para poder tramitar a Renuncia antes do 31/12/2025.

Aspectos clave a ter en conta

  • Esta decisión é independente de que non se manteña o límite de operacións anuais en 250.000 €, como se viña facendo ata agora.
  • A día de hoxe non existe norma que confirme este límite para 2026.
  • En todo caso, se finalmente non se mantén e vostede supera o límite dos 125.000 €, quedaría excluído e tería que pasar ao Sistema de Estimación Directa Simplificado, do cal lle informaremos oportunamente.

👉 Prazo para comunicar a renuncia: 31 de decembro de 2025.

Esperamos as súas indicacións.

Cuota anual de alugueres para 2026

Queremos informar que a cuota anual de xestión de alugueres para o ano 2026 será de 300 euros máis o 21% de IVE.

📅 Facturación e cargo:

  • A factura emitirase con data do 01/01/2026.
  • O importe será cargado na súa conta bancaria o mesmo día 01/01/2026.

É importante destacar que, aínda que no ano 2025 esta cuota puidera ser facturada e cargada noutra data, para o exercicio 2026 aplicarase este novo calendario.


✅ Para calquera dúbida ou aclaración, póñase en contacto connosco a través dos nosos canais habituais.

Activación da Zona de Baixas Emisións (ZBE) en Ourense

O próximo 26 de decembro de 2025 Ourense estreará oficialmente a súa Zona de Baixas Emisións, unha medida que marcará un antes e un despois na mobilidade urbana da cidade.

⛔ Ámbito de vixilancia

A ZBE abranguerá o perímetro interior formado polas seguintes rúas: Habana, Emilia Pardo Bazán, Pena Trevinca, Coruña, Progreso e a praza de Concepción Arenal. O contorno destas vías delimita o chamado “almendra central”, onde se controlará o acceso con cámaras.

🔎 Quen pode circular?

  • Terán libre acceso os vehículos con distintivos DGT 0, ECO, C e B.
  • Non poderán entrar os coches sen etiqueta, é dicir, de gasolina anteriores ao ano 2000 nin os diésel matriculados antes de 2006.
  • Haberá excepcións para:
    • persoas residentes na ZBE,
    • persoas con mobilidade reducida,
    • forzas de seguridade,
    • vehículos de carga e descarga en horarios permitidos,
    • coches sen etiqueta que accedan a aparcadoiros dentro da zona.

🚶‍♀️ Peonalización simultánea

Xunto á ZBE, entrarán en vigor peonalizacións permanentes nalgúns tramos de vías do centro (Concordia, San Francisco, Arturo Pérez Serantes, Xoaquín Lorenzo “Xocas”, Teluro, Avenida de Buenos Aires ata Bedoya, e de Bedoya ata Ramón Cabanillas).

⏳ Fases e sancións

  • 26 decembro 2025: Comeza o control, en modo informativo.
  • 1 xaneiro 2026: Eliminación definitiva da zona azul (ORA) no contorno da ZBE.
  • 1 xullo 2026: Inicianse as sancións, con multas entre 100 € (pago inmediato) e 200 € en caso de impago, para vehículos non autorizados.
  • Xaneiro 2029: Segunda fase de restricións, ampliación da ZBE a novas rúas (Concejo, Juan XXIII, Curros Enríquez ata Habana).

📢 Sensores e información ao cidadán

Para garantir unha boa vixilancia ambiental, o Concello investiu preto de 774.000 € en sensores de calidade do aire e ruído, cámaras de acceso e unha ampla campaña de comunicación, financiadas por fondos “Next Generation EU”. Ademais, habilitarase unha Oficina de Atención á Cidadanía para resolver dúbidas.


Para máis info: Concello de Ourense

Balizas V16: obrigatorias desde o 1 de xaneiro

A partir do 1 de xaneiro de 2026, todos os turismos, vehículos mixtos, transporte de mercadorías e autobuses deberán levar unha baliza V16 conectada á plataforma DGT 3.0. Este dispositivo substitúe os triángulos de emerxencia e será o único medio legal para sinalizar un vehículo inmobilizado na estrada.

Que é a baliza V16 conectada?

É un dispositivo luminoso que se coloca na parte máis alta posible do vehículo inmobilizado, garantindo máxima visibilidade. Conta cun chip GPS e unha SIM integrada, polo que non precisa do móbil para enviar a súa posición á DGT. Así, outros condutores recibirán aviso a través de navegadores, aplicacións de mobilidade ou paneis de mensaxe variable.

Por que é importante?

  • Seguridade vial: Evita riscos ao non ter que baixar do coche para colocar triángulos.
  • Visibilidade física e virtual: Luz visible ata 1 km e aviso en tempo real.
  • Conectividade incluída: Sen custos adicionais, garantida durante 12 anos.

Preguntas frecuentes

  • É obrigatoria para motos? Non, pero recomendada.
  • Pódese usar fóra de España? Si, cumpre normativa internacional.
  • Que pasa cos triángulos? Deixarán de ser válidos en España desde 2026.

📌 Consulta aquí o listado oficial de modelos homologados:
👉 DGT – Dispositivos V16

Entrada en vigor do SIF-VERIFACTU publicada no BOE


Hoxe publicouse no BOE a entrada en vigor do sistema SIF-VERIFACTU. As datas establecidas son as seguintes:

  • Xaneiro de 2027: obrigatorio para Sociedades.
  • Xullo de 2027: obrigatorio para Persoas Físicas.

Se vostede xa está preparado para operar a partir de 2026 cun programa de facturación que cumpra os requisitos SIF, recomendámoslle comezar a facturar con el desde o 1 de xaneiro de 2026.

Como indicamos na comunicación anterior, se quere aproveitar para cambiar o seu programa de facturación durante o ano 2026, póñase en contacto con nós para informarse e recibir asesoramento.


Recordatorio importante: Lei Antifraude 11/2021

Lembramos que segue en vigor a obriga establecida pola Lei Antifraude 11/2021, que non se retrasou. Esta lei prohibe o uso de programas de facturación, contabilidade ou xestión que non garantan:

  • Integridade
  • Conservación
  • Accesibilidade
  • Flexibilidade
  • Trazabilidade
  • Inalterabilidade dos rexistros

Nos equipos, servidores locais ou virtuais da empresa só deben existir documentos e datos oficiais da empresa.


📩 Contacte con nós para asegurarse de que cumpre todas as obrigas legais e para planificar a transición ao novo sistema.


Contacta