MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO

O martes 2 de agosto publicouse o RDL 14/2022 con vaias medidas entre elas as de aforro enerxético, e dada a sua extension de 83 páxinas vamos enunciar só as principais, e vostedes terán que consultar cas sociacións e profesionais do sector correspondentes para levalas acabo. Unhas entran en vigor o martes 9 e outras o 30 de setembro:

1º.- A temperatura do aire nos recintos calefactados < 19ºC, con humedade entre 30% e 70%.

2º.-A temperatura do aire nos recintos refrixerados > 27ºC, con humedade entre 30% e 70%.

3º.-Mostraz cartaces ou pantallas destas medidas de aforro.

4º.-Apagar luces de escaparates e de edificios públicos desocupados a partir das 22:00 horas.

5º.-Instalar peches automáticos de portas antes do 30 de setembro.

6º.-Adiantar inspeccións de eficiencia enerxética en edificos obrigados ao 31-12 aqueles que a fixeron antes do 31-12-2020.

7º.-Gratuidade dos titulos multiviaxes de trens de cercanías operados por Renfe ata o 31 de decembro.

8º.-Reducir 50% títulos servizos Avant e novos abonos servizos comerciais de alta velocidade.

9.-Transporte por estradas: novas axudas como as anteriores e obrigatoriedade de asinar contratos por escrito nunhos requisitos determinados.

10.-Excepcións a estas normas: en temperatura as cociñas de Restaurantes, as habitacións dos hoteis,os hospitais, centros educativos, perruquerias, ximnasios, lavanderias e nos transportes públicos de avións, trens e barcos. Así como nos demáis lugares que estén regulados específicamente.

CAMPAÑA INSPECCIÓN DE TRABALLO: EXPOSICION A ALTAS TEMPERATURAS

A inspección de traballo está levando a cabo unha campaña para comprobar os riscos derivados da exposición á condicións termo higrométricas extremas nos centros de traballo pola  exposición ás altas temperaturas. Para traballos en interior a temperatura debe estar comprendida entre 17ºC e 27ºC (traballos sedentarios) e entre 14ºC e 25ºC (traballos lixeiros) e no exterior deberán tomarse medidas para que os traballadores poidan protexerse das inclemencias do tempo.

A empresa debe establecer medidas organizativas para evitar que os traballadores sofran golpes de calor tales como: Limitar as actividades mais intensas nas horas centrais do día, establecer rotacións para reducir o tempo de exposición ou adaptar o horario da xornada laboral, posibilitar faguer maior número de descansos en zonas alexadas das fontes de calor e poñer a disposición dos traballadores puntos de suministro de auga fresca. Un golpe de calor pode provocar dende un desmaio ata o falecemento do traballador. Si a inspección advirte o incumplemento do deber de protección das persoas traballadoras en relación con estes riscos específicos, pode ser constitutivo dunha infracción grave ou moi grave sancionable coa correspondente multa de 2.451 € a 49.180 € para as infraccións graves e de 49.181 € a 986.736  para as moi graves.

SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE MULLERES DESEMPREGADAS “PROGRAMA MULLER 22”

Publicouse onte no DOGA unhas subvencións pola contratación indefinida inicial e a tempo completo de mulleres desempregadas, que se realicen dende o 01 de xaneiro de 2022 ata o 30 de setembro de 2022. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante dous anos, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra muller desempregada. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si actualmente a súa empresa conta con traballadoras que cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadoras, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. A contía da subvención será de 6.000 euros por cada contatación, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.

Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

MEDIDAS AUTONOMOS 2022

Estase a negociar a nova cotización dos autónomos en función dos rendimentos, determinarase unhas bases e unhas cuotas que van dende 230 a 595 euros, pendentes de aprobar e que previsiblemente entrarán vigor no 2023, liquidando provisionalmente a cuota segundo estimación de rendimento e logo regularizandose cando se teñan os rendimentos.
Aqueles autónomos que inicien unha actividade económica ou profesional deberán realizar unha declaración de previsión dos rendementos económicos netos no momento da alta, e para aqueles outros que xa figuren de alta no momento da entrada en vigor desta norma, deberán regularizar a súa situación cun proceso de comunicación destes datos antes do 31 de outubro de 2023.
A recaudación será ata 6 veces ao ano en lugar dos 4 actuais, para adaptalas ós seus rendementos, ainda así irémolos informando sobre esta última cuestión a medida que vai tomando desenrrolo dita norma.

PRÓRROGA DAS MEDIDAS ECONÓMICAS E SOCIAIS (R.D.L)


O goberno aprobou o sábado 25 unha prórroga das medidas adoptadas para paliar os efectos da guerra de Ucrania, que enunciamos de xeito breve:

  1. Unha axuda de 200€ para persoas físicas con baixo nivel de ingresos.
  2. Prórroga durante 3 meses dos aplazamentos das cuotas da S.Social e autónomos.
  3. Baixa do IVA da luz de 10% ó 5% para consumidores con potencia < 10KW.
  4. Manter a baixada de imposto de electricidade de 5,1% a 0,5%. Manter o desconto dos 20 ceéntimos nos combustibles.
  5. Aumento transitorio do Ingreso Mínimo Vital, pensións non contributivas.
  6. Conxélase o prezo da bombona en 19,55€.
  7. Suspensión dos deshaucios das vivendas habituais en fogares vulnerables.
  8. Non incrmentar nen actualizar os alugueres máis do 2% da renta.
  9. Reducións do abono do trasnporte: ainda por desenvolver.
  10. Outras medidas específicas para transportes e sector agricola-gandeiro, xunto con novas líneas de financiación.

REXISTRO DE XORNADA DIARIA TRABALLADORESℹ️

A empresa ten a obriga de rexistrar a xornada diaria dos seus empregados, tanto si se trata de traballadores a tempo completo como a tempo parcial, que deberá incluir o horario concreto de inicio e de finalización da xornada de traballo de cada persoa traballadora, sen perxuicio da flexibilidade horaria que poda establecerse, todo elo para dar cumprimento o artígo 34.9 do Estatuto dos Traballadores.

A lexislación non especifica nada de cómo debe ser o rexistro, polo que en principio é válido calquer sistema que sexa fiable, obxetivo e que non poida ser alterado ou modificado pola empresa, polo que poden optar polo rexistro en papel (lembrámoslle que cada vez que se da de alta un traballador enviamos xunto co contrato un rexistro de xornada que poderán usar cada mes) ou ben, usar un rexistro informatizado.

Este rexistro deberá conservarse durante un prazo de 4 anos e permanecerá a disposición das persoas traballadoras, dos seus representantes sindicais no caso de habelo, e da Inspección de Traballo, xa que o seu incumprimento será considerada como unha infracción grave que leva aparellada unha sanción entre 625 e 6.250 euros.

Contacta