Con efectos do 30 de xuño entra en vigor a normativa cos novos permisos para a conciliación da vida familiar e profesional dos proxenitores así como dos coidadores entre os que cabe destacar:
1.- Permiso retribuido de 5 días (fronte aos 2 da normativa vixente) por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que requira descanso domiciliario dos familiares ata o 2ª grado de consanguinidade, incluido o familiar consanguineo da parella de feito, así como calquera outra persoa convivente co traballador.
2.- Permiso retribuido de 4 días para ausentarse do traballo por causa de forza maior cando sexa necesario por causas familiares urxentes e imprevisibles podendo disfrutarse por horas.
3.- Novo permiso parental para coidado de fillo ou menor acollido por tempo superior a un ano, que poderá disfrutarse ata que o menor cumpra 8 anos. Este permiso non da dereito a retribución e terá unha duración máxima de 8 semanas, continuas ou discontinuas, a tempo completo ou en réxime de xornada a tempo parcial, e que o traballador deberá solicitar cunha antelación de dez días.
4.- Ampliación do dereito de reducción de xornada para quenes precisen encargarse do coidado directo dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade do cónxuxe ou parella de feito, incluido o familiar consanguineo da parella de feito, así como para o coidado de fillos ou persoas dependentes con discapacidade menor de 26 anos que padezcan cancro ou outra enfermidade grave, cando o grao de discapacidade supere o 65% e esta condición se acredite antes de cumprir os 23 anos.
5.- Recoñecemento do dereito do permiso de 15 días naturais por matrimonio para o rexistro de parellas de feito.
Autor: Asesoría Bieito
Axudas para a conciliación da vida familiar e laboral dos autónomos 2023
Estas axudas da Xunta van dirixidas a calquer persoa autónoma para que lle permita obteñer unha compensación pola contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da sua vida familiar e laboral.
A contratación pode ser, ben sexa finalizado o seu período de descanso por nacemento dun fillo, ou ben en calquer momento no que precisen contar cun apoio no coidado de menores, maiores, ou persoas con discacidade ou dependencia, así como tamén a posibilidade de subvencionar unha parte do custo dos centros ou servizos para o coidado destes últimos.
O tipo de axudas poden ser:
1.- Contratación dunha persoa desempregada por un período mínimo de 6 meses e máximo dun ano, unha vez que rematan o seu período de descanso por maternidade ou paternidade, ou ben tamén para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores, maiores, ou persoas con discapaciade ou dependencia. O importe para compensar dita contratación será de 500 euros por mes completo ata un máximo de 6.000 euros.
2.- Subvencionar o 75% do custo dos gastos do centro ou servizo polo coidado de menores, maiores, ou persoas con discapacidade o seu cargo, ata un máximo de 3.000 euros.
Estas axudas estarán vixentes ata o 29 de setembro de 2023.
Novas baixas médicas por incapacidade temporal
Con efectos do 01 de xuño deste ano entraron en vigor 3 novas situacións de incapacidade temporal por continxencias común e que teñen como obxetivo conciliar o dereito a saúde co emprego das mulleres traballadoras.
1.- Baixa no caso de menstruación incapacitante secundaria derivada dunha dismenorrea (forte dor relacionado coa menstruación) xerada por unha patoloxia previamente diagnosticada.
2.- Interrupción do embarazo (voluntaria ou non) mentres a muller reciba asistencia sanitaria polo Sergas e esté impedida para traballar.
3.- Baixa por xestación a partir do primeiro día da semán 39 ata o parto.
En todas elas será o médico de cabeceira o encargado de tramitar a baixa, e a prestación correrá a cargo da Seguridade social ou da mutua dende o primeiro día, no caso de baixa de menstruación incapacitante, e dende o día seguinte da baixa médica no caso de tratarse dunha interrupción do embarazo ou dunha baixa na semán 39 de xestación, sendo soamente a cargo da empresa o primeido día de baixa nestes dous últimos casos. En todas elas a empresa está obrigada o pago delegado da correspondente prestación procedendo a descontarse posteriormente nos seguros sociais do mes como calquer outra baixa.
Prohibición de traballar con calor extremo
Con efectos do 13 de maio de 2023 as actividades ó aire libre quedarán prohibidas cando a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) active a alerta laranxa ou roxa, sempre que non poda garantirse de outro modo a debida protección das persoas traballadoras. En concreto, prohíbese o desarrollo de certas tarefas durante a época de maiores temperaturas, resultando obrigatoria a adaptación das condicións de traballo, incluida a reducción ou modificación das horas de xornada así como o cambio de turnos.
Estas previsións afectarán a tódolos traballos en exteriores (medios de transporte utilizados fora da empresa, obras de construcción temporales ou móviles, traballos agrícolas ou forestais…) e deberán implementarse na evaluación de riscos que tomará en consideración, ademáis dos fenómenos mencionados adversos, as características da tarefa que se desempeñe así como as características persoais ou o estado biolóxico da persoa traballadora.
O Concello de Ourense abrirá o 10 de abril o prazo de solicitude do bono de 100 € para consumir no comercio e hostelería local
Poderáse gastar libremente entre o 10 de abril e 10 de maio en calquera tipo de establecemento: tendas de alimentación, hostalaría, ferraxerías, calzados, peiteados, beleza, fototográfía. A medida vai dirixida a pequenos establecementos e comercios, empresas locais de menos de 50 persoas empregadas, que deberán adherirse á campaña poñéndose en contacto co Concello de Ourense dende o 23 de marzo a través da paxina web cumprimentando unhos datos e unhos documentos.
Entendemos que vostede quere acollerse a esta campaña e polo tanto vamos Solicitarllo, salvo que non queira o que deberá decírnolo antes do dia 25 de marzo. O custe desta xestión será de 5 euros a cargar na factura.
PROGRAMA HOMOLOGADO PARA FACTURACION E DEMÁIS SOFTWARE
A Lei Antifraude esixe que os programas para realizar as facturas dos clientes estén autorizados e homologados para que se poidan comprobar como se fixeron facturas, modificación e cambios e así poder ter unha maior control. Moitas empresas e autónomos están realizando estas facturas con programas que non van estar autorizados e por eso están a adquirir novos programas que cumpran os requisitos.
Nos dispoñemos do programa A3Factura da empresa Wolter Kluwers que é un programa que cumpre os requisitos, que está na nube e polo tanto pódese acceder dende calquera lugar, que vale para facer facturas normais, facturas electrónicas, levar o control de cobros e tamén para levar unha pequena contabilidade si se quere meter as compras e gastos. Si se traballa con este programa as facturas emitidas xa non farían falta enviárnolas a Nos para contabilizar facilitando o envío da documentación. Ten un custo sobre 10 €/mes. Deixamos un video informativo, se están interesados solicítenos información.
RECORDAMOS AS ESIXENCIAS DE SOFTWARE PARRA EMPRESAS: Caixas Rexistradoras ou TPVs que deben de contar con software homologado, eliminando calquera soporte que supoña dobres rexistros e contabilidades, o que pode levar a sancións de 50.000 euros só por telo aínda que non se use. O mesmo tempo recordamos que as comprobacións da AEAT en sito estanse a facer con copia dos software que ten a empresa, e polo tanto a información que este software deben de ser a oficial, actualizada e o día.
SUBIDA SALARIO MINIMO INTERPOFRESIONAL 2023
Con data de hoxe publicouse a subida do Salario Mínimo Interprofesional para 2023, situándose en 1.080 euros brutos mensuais en 14 pagas, o que supón un salario de 15.120 euros brutos anuais.
Esta subida ten efectos retroactivos con data do 01 de xaneiro, polo que aqueles salarios que están por debaixo deste xa van ir actualizados nas nóminas de febreiro, quedando pendente de regularizar os salarios que se abonaron en xaneiro e que se procederá a faguelo no vindeiro mes. Esta medida terá como consecuencia a correspondente subida das bases de cotización mínimas na mesma proporción, quedando polo tanto en 1.260,00 euros mensuais.
SUBVENCIONS A PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA CONTRATACION DE TRABALLADORES EN INDEFINIDO PARA AUTONOMOS 2023
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2023 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 24 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si algún traballador contratado actualmente cumpre os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 8.000 a 22.500 euros para primeira contratación ou 10.000 a 27.000 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.