A empresa ten a obriga de insertar no taboleiro de anuncios ou no medio habilitado para os seus efectos, o calendario laboral e o cadro horario da empresa a disposición dos seus traballadores, polo que este mes remítese por correo electrónico o calendario laboral para o ano 2022.
O incumprimento de dita obriga levará aparellada unha sanción de entre 70 e 150 euros no caso dunha inspección de traballo.
Read more
Onte a tarde publicaronse no DOG as medidas que reducen as restrincións na Hosteleria como no lecer nocturno a partir de hoxe sábado 12 ata o 26 de febreiro: 1) As limitacións horarias pasan a ser as da normativa xeral segundo categorias dos establecementos.- 2)Manter máscara nos lugares pechados, nos espazos o aire libre que non se poidan manter a distancia entre persoas de 1,5 metros, e actos multitudinarios que os asistentes estén de pé e nos transportes públicos.- 3)Non hai limitación de aforos pero mantense límite de 8 e 15 persoas nos interiores e exteriores, respectivamente.- 4) Mantense a esixencia de que o cliente deberá dispor de certificado covid ou probas.-5)Existe un protocolo de Sanidade para as festas do Entroido.
Read more
Este mes lembrámoslle a importancia de ter en vigor a póliza do seguro de accidentes de convenio obrigatorio por ley, xa que é responsabilidade do empresario velar que os seus traballadores desenrrolen a actividade nas mellores condicións de seguridade e prevención. O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes multas, de ata 187.000 euros, ademáis de asumir co patrimonio da empresa os custos e indemnizacións no caso dun accidente de traballo, poñendo con elo en perigo a estabilidade financeira da empresa, polo que deberán revisar si a póliza que teñen suscrita actualmente está actualizada con tódalas coberturas. No caso de que queiran que os informemos mais ampliamente diste seguro poden contactar con nós.
Asimesmo, aconsellámoslles que valoren os riscos que se poidan derivar polo desempeño da súa actividade e que conten co correspondente seguro para distintas continxencias, especialmente a de responsabilidade civil-profesional.
Read more
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2022 pola 1ª, 2ª e 3ª contratación indefinida inicial de traballadores exclusivamente para autónomos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. As contratacións poderán ser a xornada completa ou parcial. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada así como as traballadoras fixas da plantilla durante 18 meses, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle que traballadores cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a novos traballadores, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 4.000 a 16.250 euros para primeira contratación ou 6.500 a 22.500 euros para a segunda ou terceira segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Read more
Publicaronse no DOGA as subvencións do ano 2022 pola contratación indefinidia inicial, contratación temporal cunha duración mínima de 12 meses e pola transformación de traballador@s temporais en indefinidos, que se realicen dende o 01 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. Os colectivos incentivados son persoas desempregadas que sexan mozos menores de 30 anos, mulleres, parados de longa duración, discapacitados ou en risco de exclusión social, as contratacións deberán ser a xornada completa podendo ser a xornada parcial no caso de discapacitados ou en risco de exclusión social. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante 18 meses, no caso dos contratos indefinidos, e de 1 ano no caso de contratos temporais, podendo ser sustituidos no caso de ser baixa por outros das mesmas características. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle que traballadores cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadores destes colectivos, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. As subvencións poden ir dende 2.000 euros a 16.000 euros segundo as características e circunstancias, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Ségenos www.bieito.com
Read more
A Xunta aprobou novas medidas que supon una reducción de restrincións e que entran mañá sábado 29 e son as seguintes:
- Queda sin efecto os impedimentos de reunión entre as 3 e 6 da madrugada dos venres, sábados e domingos.
- Na hosteleria poderán pechar durante a semán a 1 da madrugada e a noites dos veres, sábados e vesperas de festivos a 1:30, e poderán agruparse 8 persoas nos interiores e 15 nas terrazas.
- Poderá consumirse nas barras diferenciando espazo de clientes e persoal e celebrar cóteis con xente de pé.
- O lecer nocturno: pubs e cafés espectáculopoderá abrir ata as 4 da mañá durante a semán e as noites dos venres, sa´bados e vésperas de festivos ata as 4,30 e as discotecas poden abrir ata as 5 da mañá.
- Mantense a obriga para entrar do certificado COVID ou proba.
- Está pendente de publicación o Protocolo a seguir no Entroido-
- Enlace Doga:
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2022/20220127/2878/AnuncioC3K1-270122-1_gl.pdf
Read more
Este mes remítese por correo electrónico o modelo 145, que debe ser entregado ós traballadores para que o lean con antención e cubran correctamente os datos que se solicitan. Unha vez asinado deben remitilo a maior brevidade posible ó departamento laboral para que podamos faguer o correcto cálculo das retencións nas nóminas.
A ter en conta: a inclusión de datos falsos, incompletos ou inexactos na comunicación de datos o pagador, así como a falta de comunicación de variacións nos mesmos o longo do ano que, de haber sido coñecidas polo pagador, determinasen unha retención superior, constitue unha infracción tributaria sancionable con multa do 35% ó 150% das cantidades que se deixaron de reter por esta causa. (artígo 205 da Ley 58/2003, do 17 de decembro)
Read more
Estimad@ client@:
Tódalas empresas que teñan que cubrir postos de traballo con risco de enfermedades profesionais están obrigadas a practicar un recoñecemento médico previo a admisión dos traballadores que vaian ocupar ditos postos, así como de faguer recoñecementos periódicos.
Corresponde o seu servizo de prevención determinar qué postos son susceptibles de xenerar enfermidade profesional e elo debe quedar reflictido na evaluación períodica de riscos que teñen contratada. Pois ben, exclusivamente sobre aqueles traballadores que ocupen ditos postos de traballo, surxe a obriga de reportar a súa mutua de accidentes de traballo o resultado do informe clínico sobre a aptitutde do traballador para continuar o seu desempeño, xa que a empresa poderá incurrir nunha responsabilidade grave no caso de recoñecerse unha prestación económica ó traballador se queda acreditado o incumprimento de dita obriga. Por iso deben poñerse en conctato co seu servizo de prevención para que eles lles valoren si na empresa existen postos susceptibles de causar enfermidade profesional a algún dos seus traballadores.
Un saúdo
Asesoria Bieito
Read more