Lembrámoslle que os autónomos que estén interesados en cambiar de Mutua de Accidente de traballo de cara o vindeiro 2026 poden facelo ata o 29 de setembro de 2025.
Este é o prazo oficial que indica a ley 35/2014, de 26 de setembro, coñecida como Ley de mutuas. O cambio será efectivo a partires do día 01 de xaneiro de 2026.
Categoría: Informacion
🧾 Cambios na facturación dende o 29 de xullo: obrigatorio adaptarse aos RR.SS.I.F. e Veri*Factu
A partir do 29 de xullo de 2025, entran en vigor as novas obrigas establecidas polo Regulamento dos Sistemas de Facturación (RR.SS.I.F.), en desenvolvemento da Lei 11/2021, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.
Este cambio afecta a todas as empresas e autónomos que emiten facturas mediante programas informáticos, que deberán cumprir unha serie de requisitos técnicos e legais co obxectivo de garantir a integridade, conservación e trazabilidade dos rexistros de facturación.
Principais novidades:
✅ Obriga de xerar un rexistro de facturación para cada factura emitida.
✅ Os rexistros deben incluír un encabezado de integridade (hash) que impida modificacións posteriores.
✅ A opción de remisión voluntaria e inmediata á AEAT mediante o sistema Veri*Factu.
✅ O software debe cumprir cos requisitos establecidos pola normativa, e poderá estar sometido a verificación por parte da Administración.
Que é Veri*Factu?
Veri*Factu é un sistema que permite enviar directamente á Axencia Tributaria os rexistros de facturación en tempo real. Aínda que de momento é opcional, acollerse a este sistema pode facilitar o cumprimento normativo e achegar transparencia.
Estás preparado/a?
É fundamental que revises o teu programa de facturación e verifiques que está adaptado ao novo regulamento. Dende a nosa asesoría, axudámosche a comprobar o cumprimento da normativa e a actualizar o teu sistema para evitar sancións.
🔗 Máis información oficial en Wolters Kluwer – Lei Antifraude e facturación
ADMINISTRADOR SOCIEDADE MERCANTIL
Como Administrador dunha Sociedade mercantil debe de saber que:
1º.-Que vostede e no caso de que haxa máis administradores, eles tamén, van facer constar que celebra a Xunta Xeral da Sociedade de aprobación de Contas Anuais e reparto de Resultados do 2024 con data 30 de xuño do 2025. Salvo si vostedes xa estableceron ou celebrarón a Xunta noutra data.
E polo tanto, vostedes son responsables das obrigas que adquiriron especialmente cos socios da sua sociedade da celebración e acordos de xuntas, nas sinaturas de actas das contas anuais, e polo tanto das responsabilidades mercantiles que se poidan derivan e das que vostedes deben de verificar e asumir a todos os efectos, evitando que lle poidan responsabilizar de falsedade de documento mercantil.
As Sociedades Civiles, Comunidades de Bens e Asociacións non presentan Contas Anauais no Rexistro.
2º.-Entre o dia 1 e 28 de Xullo presentamos o Imposto de Sociedades do 2024 que no caso de que sexa positivo cargaranllo en conta o dia 28 deste.
3º.-Recordamos que os que son Administradores da sociedade certifican que se celebrou Xunta Xeral extraordinaria o dia 30 de xuño do 2025, e na que en todo caso se dice que asistiron todos os socios que asinaron no libro de Actas ou listado de asistentes e foron aprobadas por unanimidade, salvo aqueles que xa lle consta que a celebraran noutras datas e cos asistentes e aprobación que se deixaron recollidas nas actas.
4º.-Tamén se presentarán no prazo de 30 dias dende a súa aprobación as Contas Anuais do 2024, na que se certifica que foron asinadas por todos os administradores e que foron aprobadas incluso co acordo de reparto de resultados.
Para calqueira dúbida póñanse en contacto con Nós.
NOTIFICACIONS SEGURIDADE SOCIAL ALTAS E BAIXAS TRABALLADORES
A Seguridade Social comezou a enviar notificacións automáticas ás empresas cada vez que se tramita unha alta ou baixa dun traballador. Trátase dun sistema informativo para que estén ao tanto dos movementos na súa empresa.
Non é necesario facer nada con estas notificacións, xa que desde a asesoría seguimos xestionando as altas e baixas de forma habitual e non cambia ningún procedemento para vostedes.
Seguimos á súa disposición para calquera outra consulta.
AXUDAS PARA A CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS 2025
No día de hoxe sairon as axudas da Xunta que van dirixidas ás empresas que contraten persoas menores de 30 anos desempregadas mediante contratos de formación en alternancia ou contratos para o obtención da práctica profesional, tanto para novas contratacións como as feitas dende o 16 de outubro de 2024 ata o 15 de outubro de 2025. A duración deberá ser como mínimo de 12 meses e a xornada completa. Estas axudas consisten nun incentivo pola contratación que pode ir dende 9.975 euros ata 16.625 euros segundo o grupo de cotización do traballador.
Estas axudas estarán vixentes ata o 30 de setembro de 2025.
PROTECCION DA SAÚDE FRONTE O GAS CANCERÍXENO RADÓN
Poñémonos en contacto con vostede para informarlle dunha nova obrigatoriedade estabrecida polo Consello de Seguridade Nuclear mediante a Instrución IS-47, de 9 de abril de 2025.
Segundo esta instrución, a partires do 2 de maio de 2025 tódolos centros de traballo situados en planta baixa ou en sotos por debaixo do nivel do chan deberán dispoñer dun informe técnico que avalíe a exposición ao gas radon nas súas instalacións. No caso de superarse os niveis estabrecidos, deberán adoptarse medidas correctoras.
O radon é un gas radioactivo natural que pode acumularse en espazos pechados e representar un risco para a saúde das persoas traballadoras. Esta medida busca garantir condicións laborais seguras e salubres.
Recomendámoslle que verifique se o seu centro de traballo se atopa nas condicións descritas. De ser así, deberá contactar co seu servizo de prevención, ou ben cun laboratorio acreditado coa norma UNE-EN ISO/IEC 17025, que poida realizar a medición do radon e emitir o correspondente informe que deberá estar a disposición dos traballadores, das autoridades sanitarias e da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS).
FIANZA ALUGUERES
Volvemos RECORDAR aos clientes que teñen ALUGUERES (tanto de LOCAIS como de VIVENDAS), que teñen a OBRIGA de DEPOSITAR A FIANZA na Consellería de Vivenda. A Administración ten información dos alugueres que se declaran e comeza a sancionar aos ARRENDADORES que non fixeran o depósito da fianza. A sanción pode ascender o DOBRE da cantidade a depositar (no caso de vivendas 1 mes da cantidade do aluguer e no caso de locais 2 meses).
ACTUALIZACION CAMBIO CNAE 2025
A Seguridade Social está a enviar comunicacións a tódolos autónomos que actualmente se atopan en alta, así como aquelas empresas que contan con CCC por ter traballadores por conta allega, con motivo da actualización do novo CNAE 2025.
Informámoslle de que esta xestión será feita directamente dende a asesoría, polo que non é necesario que fagan ningún trámite nin que nos reenvíe estes correos.
Seguimos á súa disposición para calquera outra consulta.