PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.

O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención xa que nós non podemos faguer dita comprobación, así como que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente.

TIPOS DE IVA A PARTIR DE OUTUBRO 2024

Os alimentos básicos incluido o aceite de oliva pasan do 0% ao 2%, e o Recargo de Equivalencia é do 0,26%, e para o 2025 O IVA será ó 4% de xeito permanente.

Os aceites de semillas e pastas alimenticias pasa do 5% ó 7,5%, e Recargo de Equivalencia  do 1%, para o 2025 pasan o tipo reducido do 10%.

Gráfico Resumindo estos cambios.

Real Decreto-lei 4/2024 do 23 de xuño.BOE 27-6-2024.

AXUDAS PLAN EMEGA-EMPRENDEMENTO FEMININO (ata 27/09)

Poderán ser beneficiarias as empresas formadas por mulleres, agás autónomas familiares colaboradoras, que iniciaran a actividade no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de fin de prazo de presentación de solicitudes. Cando se trate de empresas de tipo societario, a administración ten que ser exercida exclusivamente por mulleres, e o capital social estar maioritariamente suscrito por mulleres no caso de pequenas empresas, e íntegramente suscrito cando se trate de microempresas.

O Plan Emega comprende as seguintes liñas de axuda:

Líña Emprende: Creación empresas por mulleres desempregadas durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos de alta como autónoma. Importe dende 10.000 euros ata 22.000 euros segundo emprego a manterse durante un período de 18 meses.

Liña Activa: Empresas de mulleres con proxecto de reactivación para manter emprego de promotoras e empregadas. Podendo ir de 8.000 á 17.000 euros

Líña ITEF( Innovador e investigación e Tecnoloxía) de 18.000 á 42.000 euros.

Líña Concilia: compatible cas anteriores que pode ser de 3.000 á 5.000.

Máis información contactar con D. Laboral laboral@bieito.com

SUBVENCIONS E AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E EMPRESAS A TRAMITAR POLA ASESORIA

Procedemento a seguir para informar e tramitar subvencións e axudas de todas as Administracións Públicas:

1.-Asesoria Bieito informará  e tramitará as subvencións xerais sobre altas de autónomos e empresas, así como da contratación de traballadores. Tramitaranse pola Asesoría no seu prazo en base a información e documentación aportada garantizando os requisitos pero non a existencia de fondos.

2.-Tamén se poderá enviar información de Axudas e Subvencións específicas para a sua actividade de xeito moi xenérico e telegráfico nas que poida estar interesados, pero terán que ser vostedes os que se poñan en contacto con Nós para informalos e polos en contactos con empresas colaboradoras para que lle informen máis polo miúdo e que poidan tramitarllas.

3.-Recomendamos que si vostedes están interesados en crear novos negocios, ampliar actividades, facer investimentos e contratar persoal póñanse en contacto ca súa  Responsable Fiscal e laboral da Asesoría para que lle poida informar das axudas que existan e das que poidan saír.

HORARIO DE VERÁN

Dende hoxe, 24 de xuño ata o 30 de setembro, teremos horario de verán que vai dende as  8:00 as 15:00 horas. O horario de atención ós clientes dende as 9:00 ás 14:00 horas todos os días laborais. Durante este período, o persoal terá as súas vacacións e, polo tanto, recomendámoslle que fagan as susas peticións de informacións ou xestións con suficente antelación e si queren quedar con algunha persoa concerten cita. Os contactos directos están aquí na nosa web, na páxina principal.

AXUDAS PARA A CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS 2024

Estas axudas da Xunta van dirixidas ás empresas que contraten persoas menores de 30 anos desempregadas mediante contratos de formación en alternancia ou contratos para o obtención da práctica profesional, tanto para novas contratacións como as feitas dende o 01 de decembro de 2023 ata a publicación da orde. A duración deberá ser como mínimo de 12 meses e a xornada completa. Estas axudas consisten nun incentivo pola contratación que pode ir dende 9.975 euros ata 16.625 euros segundo o grupo de cotización do traballador, ou ben, un incentivo pola formación cando o traballador acade formación en competencias brandas dunha duración mínima de 50 horas, sendo de 1.700 euros para formación presencial, ou 850 euros no caso de teleformación.

Estas axudas estarán vixentes ata o 30 de setembro de 2024.

Campaña da Renta 2023

Dende o día 3 de abril xa se abriu o prazo para presentar a declaración da renta do 2023, rematando este o día 1 de xullo.

Asesoria Bieito S.L. xa ten o programa e persoal listo para facela sobre todo aqueles contribuintes que xa se lle fixo no ano 2022, o que facilita a realización da do ano 2023 porque se acede os datos da AEAT e se fai con máis garantía de éxito. En todo caso, somos partidarios de esperar un tempo prudencia  para que se garantice a incorporación de todos os datos por parte da AEAT e se acaben de posicionarse sobre algunos temas pendentes  para aplicar a normativo do IRPF.

ASESORIA BIEITO xa enviamos un SMS os clientes que fixeron a renta do 2022 con Nós para decirlle que imos facerlle a do 2023 xalvo que nos den outra orden, pero iremos contactando cos clientes segundo o noso plan de traballo durante estos meses que está en función dos tipos de renta, dos rendimentos que teña que declarar e das deducións.

E, por eso recomendamos que esperen  a que contactemos con vostede cando teñamos todos os datos!

GRAZAS!

ASESORIA BIEITO

Contacta